Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

2020/2021 Recomendacións lectoras para o verán

Como xa comezamos o verán e imos de vacacións, non podían faltar as nosas recomendacións lectoras para que os libros nos acompañen alá onde vaiamos!

Xa sabedes que no verán a lectura sempre é un bo plan, así que aquí van algunhas ideas...

QUE PASEDES MOI BO VERÁN!!!!!

Podes descargar as recomendacións lectoras aquí:

(2020-2021) Ruta de sendeirismo polo Día Mundial do Medio Ambiente

O pasado venres 4 de xuño, conmemoramos o Día Mundial do Medio ambiente ca realización dunha ruta de sendeirismo pola contorna do centro. Ao longo da mañá, as diferentes clases foron saíndo e seguinto os itinerarios establecidos previamente, ao tempo que realizaban actividades durante a ruta, como sacar fotografías de elementos do entorno, seguir un mapa ou localizar árbores e elementos patrimoniais durante ruta.

As rutas que realizaron por curso foron as seguintes:

  • Infantil e 1º/2º: ruta circular pola contorna do campo de fútbol municipal. 2 kms aproximandamente.
  • 3º e 4º: ruta circular e lineal pola contorna do campo e parte do río Meneses. 4-5 kms aproximadamente
  • 5º e 6º: ruta circular polo río Maneses. 9 kms aproximandamente.

Ruta de infantil + 1º e 2º

Ruta de 3º e 4º 

Ruta de 5º e 6º

Bonita xornada na que fixemos exercicio, desfrutamos de boa compañía e da natureza que nos rodea.

(2020-2021) ECO BIO SAN 2.0 - En infantil creamos o libro das berenxenas e continuamos a coidalas no invernadoiro

Nas últimas semanas continuamos a coidar a nosa plantación de berenxenas no invernadoiro.

    

Pouco a pouco van facéndose cada vez máis grandes.

    

Decidimos que información, de toda a que atopamos en diferentes fontes, era a que queríamos plasmar no libro das berenxenas, que faríamos ó igual que xa fixéramos coas leitugas.

      

Fomos plasmando os nosos descubrimentos nese libro das berenxenas.

  

     

Así quedou o noso libro. Queres velo?. Fai click sobre a seguinte imaxe.

          

E así vai o noso "caderno de campo", coas anotacións que imos engadindo as diferentes observación que facemos.

      

Podes ver as entradas previas sobre o noso traballo no invernadorio nas seguintes entradas:

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: Os de infantil plantamos e coidamos tres tipos de leitugas no invernadoiro do colexio

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: En infantil ademais de coidar as leitugas do invernadorio, investigamos sobre elas para crear un libro

26/03/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - En infantil, rematados os coidados, recollemos as leitugas no invernadoiro

09/04/21: (2020-20201) ECO-BIO-SAN 2.0 - Plantamos novas plantas no noso invernadoiro

29/04/21: (2020-2021) ECO BIO SAN 2.0 - Os de infantil plantamos berenxenas no invernadoiro

      

   

(2020-2021) ECO BIO SAN 2.0 - Os de infantil plantamos berenxenas no invernadoiro

Unha vez recollidas as leitugas do noso invernadoiro, chegou o momento de sementar novas prantas. Neste ocasión encargaríamonos das berenxenas.

O primeiro foi coñecer que eran, como sementalas e coidalas.

   

Para plantalas precisaríamos abonar a terra, para o que recollimos algún compost do noso composteiro.

   

Entre todos e todas fomos prantando as prantas de berenxena no invernadoiro.

      

Escribimod o cartel identicativo para que todos soubesen o que tiñamos prantado. 

            

Regámolas por primeira vez, e teremos que ir coindándoas para que vaian medrando.

     

Podes ver como imos completando o noso caderno de campo de seguido:  

Fai click sobre a seguinte imaxe para velo.

   

Podes ver as entradas previas sobre o noso traballo no invernadorio nas seguintes entradas:

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: Os de infantil plantamos e coidamos tres tipos de leitugas no invernadoiro do colexio

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: En infantil ademais de coidar as leitugas do invernadorio, investigamos sobre elas para crear un libro

26/03/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - En infantil, rematados os coidados, recollemos as leitugas no invernadoiro

09/04/21: (2020-20201) ECO-BIO-SAN 2.0 - Plantamos novas plantas no noso invernadoiro

  

  

Préstamo biblioteca de familias

Boas familias!

Un curso máis continuamos co préstamo enviándovos os libros na mochila dos vosos fillos e fillas. Ao longo deste curso iremos actualizando e incluíndo novos libros á colección, así que botade un ollo!!

E como facedes para solicitar o préstamo? Pois moi fácil!

1. Bota un ollo ás seccións de libros que temos. Atoparás os enlaces más abaixo.

2. Cando teñas escollido o libro, completa o formulario que atoparás ao final da lista de libros.

3. Enviámosche o libro na mochila do teu fillo/a. A duración do préstamo é de 15 días, coa posibilidade de amplialo.

Se tes algunha dúbida escríbenos a: serafinbiblioteca@gmail.com


SECCIÓNS:

LIBROS QUE NOS AXUDAN A EDUCAR:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/3284 

LIBROS SOBRE VALORES E EMOCIÓNS:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/3278

CONTOS PARA LER EN FAMILIA:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/3277

LIBROS "ECO, BIO, SAN":

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/3321

(2020-20201) ECO-BIO-SAN 2.0 - Plantamos novas plantas no noso invernadoiro

Despois de recoller todo o que tiñamos plantado no noso invernadoiro, tal como vos comentamos en entradas anteriores, chegou o momento voltar a enchelo de novas verduras e hortalizas.

  

Os compañeiros e compañeiras de Infantil encargáronse plantar berenxenas.


    

En primeiro e segundo plantaron acelgas e berenxenas.

   

Os compañeiros e compañeiras de terceiro e cuarto plantaron tomates e leitugas.

      

Pola súa banda en quinto e sexto plantaron porros e leitugas:

  

      

   

Lembra que podes ver tódalas imaxes desta segunda plantación no invernadoiro, no seguinte álbum fotográfico:

(2020-2021) - ÁLBUM FOTOGRÁFICO- Prantamos novas prantas no invernadoiro no mes de abril 

  

   

(2020-20201) ECO-BIO-SAN 2.0 - Día Mundial da Saúde 2021. Recomendación sobre hábitos saudables

Aínda que tódolos días son importantes para poñer en práctica hábitos saudables, os días 6 e 7 de abril teñen unha consideración especial dentro da vida do centro. Estamos a falar do Día Mundial da Actividade Física e do Día Mundial da Saúde, respectivamente; días nos que debemos poñer en valor e recordar a importancia de adoptar hábitos como a alimentación, o exercicio, a hixiene, o descanso e o benestar.

Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º, así como os mestres/as, van a darnos unha serie de consellos para mellorar a nosa calidade de vida. Tomade nota e comezade a aplicalos!

  

(2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - Prantamos froiteiras polo "Día da árbore"

O pasado luns 22 de marzo, prantamos cinco árbores froiteiras para conmemorar o Día da Árbore 2021. Dita actividade, tamén estivo enmarcada dentro do noso proxecto de biblioteca "Eco-bio-san", no que buscamos fomentar a alimentación saudable, o consumo sostible e os hábitos de vida saudables.

Despois de comprar as árbores e organizar os espazos onde iamos prantar as froiteiras, puxémonos mans á obra.

Os nenos e nenas de infantil prantaron unha maceira e unha pereira. Coma sempre, puxéronlle moitas ganas!

Os alumnos/as de 1º e 2º escolleron unha ameixeira e deixárona moi ben prantadiña.

Como aos alumnos/as de 3º e 4º lles encantan os melocotóns, decidíronse por esta froiteira tan exquisita.

Finalmente, os nenos/as de 5º e 6º decantáronse por un cítrico, un fermoso mandarineiro.

Agora só queda regalos e mimalos para que poidamos desfrutar dos seus ricos froitos!

(2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - Plantamos fresas no invernadoiro

Despois da primeira recolleita do noso invernadoiro, chegou o momento de plantar fresas.

 

   

Os compañeiros e compañeiras de todo o colexio foron plantando as súas en testos.

  

Agora tan só teremos que coidalas e observar como van medrando.

  

Podes atopar máis imaxes neste álbum dispoñible na galería fotográfica:

(2020-2021) ÁLBUM DA GALERÍA: Plantamos fresas

        

Lembra que no blogue da biblioteca están publicadas diferentes entradas sobre o noso traballo co invernadoiro, dentro do proxecto de centro ECO-BIO-SAN 2.0. 

   

   

(2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - En infantil, rematados os coidados, recollemos as leitugas no invernadoiro

Ó longo das últimas semanas do trimestre, os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil, continuamos a coidar as leitugas que tiñamos plantadas no invernadoiro.

 

Fomos observando como, grazas ós nosos coidados, pouco a pouco comezaban a facerse máis grandes. 

 

   

Fomos anotando as nosas observacións sobre o crecemento das leitugas, no caderno de campo.

  

Ademais de regalas, tamén tivermos que ir quitando as "malas herbas" que ían aparecendo, para que deixaran medrar ás leitugas. 

   

E por suposto, tamén tivemos que regalas de modo habitual, ata que medraron o suficiente para poder recollelas.

   

Antes de marchar de vacacións de Semana Santa, recollimos as nosas leitugas que xa estaban moi grandes.

 

   

Cada un de nós levou parte dunha leituga, para poder ensinala nas nosas casas.

Foi unha colleita fantástica!

      

Á volta das vacacións, os de infantil, sementaremos algo novo noso invernadoiro.

Podes ver como imos completando o noso caderno de campo de seguido:  

Fai click sobre a seguinte imaxe para velo.

   

Podes ver as entradas previas sobre o noso traballo no invernadorio nas seguintes entradas:

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: Os de infantil plantamos e coidamos tres tipos de leitugas no invernadoiro do colexio

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: En infantil ademais de coidar as leitugas do invernadorio, investigamos sobre elas para crear un libro

   

  

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.