Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

E.F.

(2013-2014) A Flexibilidade: os estiramentos.

Agora que comezamos a traballar a FLEXIBILIDADE, aquí vos deixo esta páxina na que atoparedes toda a información que se refire aos estiramentos: beneficios, tipos, os específicos para cada deporte, parte do corpo ou lesión. A telos en conta!

.

.

(2013-2014) Desfrutando dos xogos cooperativos co paracaídas.

Benvidos e benvidas dende o  pavillón

ao novo curso escolar 2013-2014!

Durante estes primeiros días de colexio, dende a nosa área de Educación Física, andivemos a traballar cos nenos e nenas do centro o xogo cooperativo.

Para que aínda fose máis atractivo do que xa o é un xogo de por sí, empregamos un atractivo material: o PARACAÍDAS.

Con el, e acompañados de música, quecemos...

, xogamos...

 

, traballamos ben xuntos con todo o equipo clase para ter unha boa entrada e disposición hacia a actividade física.

Así fixemos xogos como: a carpa,  a lavadora, o cangrexo, os socorristas, o gato e o rato,...

Aquí vos deixo unha serie de fotos máis sacadas nalgúns momentos destas sesións:

   Algúns quedamos con ganas de máis!

 

 

(2012-2013) Búsquedas en E.F.

Na última unidade que traballamos en E.F. traballamos a Orientación.

(Atoparedes información sobre este tema clicando aquí)

Por elo, nunhas das últimas sesións, os nenos tiveron que facer e empregar planos do centro, indicacións de direccións a serguir con graos e sentidos de xiro,... para poder superar os obxectivos que perseguiamos nestas clases.

No segundo ciclo tamén se iniciaron neste tema, mais no patio de xogo dos pequenos. Os planos preparárannos nunha sesión anterior o alumnado de 4º. Entre eles escollemos o de Emilio, no cal representara case exactamente no seu sitio cada un dos elementos que alí se atopaban.

Neste plano tiñan marcados 10 puntos. Neles atoparían un gomet verde cunha letra escrita. Terían que ilas apuntando, posto que con todas elas terían que formar a palabra que lles levaría á victoria.

Despois de darlle moitas voltas o equipo de Lucía e Emilio conseguiu adiviñala!

No terceiro ciclo tivérono un pouco máis difícil. Eles xa levaban dous anos ensaiando.

Fai dos cursos fixérona sobre os piratas, e o pasado sobre os xogos olímpicos. Este ano tocaba ... A volta ciclista a España, que este verán partirá dende Galicia,con tres etapas aquí cerquiña. Ademais, a súa mascota, Mexi-Llón, diseñouna, ao igual que aos Bolechas, Pepe Carriero.

Así, ao regreso do recreo, atopaban na porta de entrada a seguinte información.

A proba consistiu en...

-1º buscar, seguindo as indicacións de graos e sentidos de xiro, os 4 anacos de plano do colexio. Todos os grupos partían dende a palmeira do patio. Dende alí se seguían correctamente as direccións marcadas irían pasando por lugares onde recollelos.

-2º: compuxeron o mapa e nel terían que ir atopando nos 8 puntos marcados unha serie de probas con preguntas sobre o tema central da búsqueda deste ano, A volta ciclista a España, xa que parte dende a nosa terra.

Tiñan que repostar ben todas, buscando para elo a información necesaria no libro de Pepe Carreiro sobre Mexi-Llón

, no panel posto na entrada do colexio

, preguntando a calquera ou mesmo na súa memoria.

3º: Se o conseguían dábaselles a pista final que os levaría ata a neveira da sá de mestres.

 Un pouco de chuches! Iso foi o que atopamos.

Unha vez ao ano ... non fan dano!

Ata a volta!

(2012-2013) A ORIENTACIÓN

Xa no pouco que queda de curso, no terceiro ciclo, comezamos a traballar unha unidade sobre a Orientación.

Para elo, aquí tedes unha presentación na que nos explican os conceptos básicos a ter en conta nesta disciplina deportiva, atoparemos exercicios prácticos e enlaces a xogos onde poder poñernos a proba.

Algúns deles irémolos tratando nas sesións dos próximos días.

(2012-2013) Coñecemos a LOITA LIBRE OLÍMPICA

Esta semana todos os nenos e nenas de Primaria estivemos coñecendo un pouco a Loita Libre.

Visitounos Marcos, un entrenador do Clube de Loita de Pontevedra, para explicarnos un pouco en que consiste esta modalidade deportiva.

Algúns nenos do centro xa o coñecían da actividade extraescolar que leva a cabo no pavillón, e sempre nos andaban a contar o ben que o pasaban nas clases e competicións ás que acudían.

Por fin todos os demais podiamos coñecer de que se trataba aquilo da "loita".

Despois dunha pequena presentación puxémonos mans á obra. O primeiro que nos mandou foi facer uns exercicios de quecemento.

Logo explicounos as normas básicas do que sí e non se está permitido facer. O máis importante era non facer nada que puxese en risco ou puidese danar ao contrario ( xusto o contrario ao que nós asociabamos coa loita)

O obxectivo que tiñamos que perseguir era o lograr que o contrario pousase a espalda no chan e bloquealo nesa posición. Explicounos para elo algunhas técnicas para poder conseguilo.

Todo o que nos ía explicando logo o practicabamos nós.

Unha sesión de Educación Física non da para moito, así que de seguida rematamos. Quedamos con ganas de máis. Para iso deunos uns papeliños con información sobre como facer se queremos seguir coñecendo esta modalidade.

Ademais temos a sorte de poder practicalo ben cerquiña: no noso pavillón!

Tamén vos deixo aquí uns enlaces de interese sobre o tema por se quedastes con curiosidade ou fame de máis!

.

Se clicades neste logo accederedes a páxina web da Federación Galega de Loita libre.

Tedes nela información e imaxes dos distintos campionatos e méritos conseguidos polos nosos deportistas.

.

.

.

E a través desta outra imaxe poderedes acceder a páxina da wikipedia que nos aportará toda a información sobre a Loita.

Imos acabar como uns verdadeiro entendidos no tema!

(Atoparedes máis fotos desta xornada no recanto de celebracións ou dentro da galería fotográfica)

(2012-2013) Práctica de deportes alternativos

Durante este trimestre estivemos a traballar unha unidade sobre deportes alternativos co alumnado do terceiro ciclo.

O último deles foi o intercrosse.Xa vos falaramos un pouco sobre el na seguinte entrada

Para a súa práctica, os que puidemos, trouxemos botellas valeiras de auga, refrescos,... da casa. Nelas introducimos unha pica de prástico que fixamos con cinta americana. Logo cortámoslle un anaco para darlle a forma (máis ou menos) do pau empregado como implemento deste deporte.

Aquí estamos todo o alumnado de 6º posando cos seus paus xa dispostos a desputar o seu primeiro encontro!

Semellaba que sería un pouco lioso, parado e incluso perigoso o xogo con este material; mais seguindo as normas de xogo... para nada!

Foi bastante entretido a pesar de non contar co material orixinal para a súa práctica.

Aquí tedes unha pequena mostra de diferentes momentos de xogo.

(2012-2013) Deporte alternativo: LACROSSE - INTERCROSSE

Outro novo deporte alternativo co que tentaremos traballar na próxima semana

Ademais do Floorball, Kin ball, Ultimate, Bijbol,... agora é o turno do

LACROSSE e a súa versión adaptada: o INTERCROSSE

Aquí tedes unha presentación na que toparedes toda a información necesaria.

Os deportes alternativos: o KIN BALL

Aquí vos deixo un enlace a unha presentación da cal obteremos toda a información necesaria para comezar a xogar a este novo deporte alternativo co que imos a traballar. Prestade atención...

(2012-2013) Os deportes alternativos: o ULTIMATE

Neste terceiro trimestre o alumnado do terceiro ciclo estamos a coñecer deportes alternativos: ultimate, kin ball,...

Rematada a unidade de Expresión corporal (na que traballamos a dramatización, mimo, expresividade do corpo, desinhibición,...) xa tiñamos ganas de máis movemento.

Así foi como esta 1º semana comezamos a coñecer  a través de só dúas sesións  o Ultimate: quen o creou, onde e como xurdiu, os equipos que temos en España e, o máis importante, como se xoga!

Para que afondedes máis neste deporte tan entretido aquí vos deixo o enlace á wikipedia .

Clicade na imaxe do disco voador:

Para entender mellor o seu reglamento, técnicas,... preparamos esta presentación coas fotos do alumnado durante estas sesións.

Agardo que quede clariño

Ánimo! Agora que xa sabedes case todo sobre el... a poñerse a xogar, que xa (tamén xa era hora) parou de chover e podemos disfrutar do aire libre ou incluso da praia para pasar un bo rato con este novo deporte!

(2012/2013) Traballando a expresión corporal .

No terceiro ciclo estamos a traballar unha unidade didáctica sobre a Expresión corporal.

Para elo, na 2º sesión realizamos unha clase co obxectivo principal de desinhibirse e perder un pouco o sentido do ridículo e vergoña a que nos vexan facer o que se nos ocorra.

Nela empregamos xornais que trouxo o alumnado. Con eles empapelamos o chan de media pista. Ao sinal todos nos introducimos nesa gran piscina de papel.

Pasárono bastante ben nas actividades que fixemos con eles.

 Mirade unha pequena mostra...

Tedes algunhas imáxenes máis na galería fotográfica de Educación Física.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 2 invitados conectados.