Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

E.F.

(2022-2023) A xincana das emocións

Ola a todos e todas! Como xa é tradición para despedir o curso, dende o cole (e cun gran traballo por parte do noso mestre de educación física) organizamos unha xincana. Pero este ano, foi unha xincana moi especial... Queredes saber porqué?

En primer lugar, este ano o cole ao completo subimos a San Antoniño. Os compañeiros e compañeiras de infantil estiveron con nós e experimentaron esta actividade por primeira vez. Pero o mellor de todo foi a temática, pois este curso fixemos a xincana das emocións. Tivemos que pasar por todo tipo de probas onde puxemos en práctica todo o que aprendemos, ao mesmo tempo que superamos desafíos que puxeron a proba a nosa capacidade física.

Non resultou nada sinxelo. Tivemos que poñer a traballar a cabeza, os músculos pero tamén o corazón; xa que as emocións estiveron presentes en todos os aspectos. Aprendendo deste xeito, que ao final o benestar é unha combinación de sentirnos ben no noso corpo a través do exercicio, pero tamén coidando sempre como nos sentimos.

(2022-2023) - Xornada de clausura do deporte escolar

O pasado venres 2 de xuño asistimos á última xornada do deporte escolar. Nesta ocasión desprazámonos ata o circuíto da Madalena de Montes (Soutelo) para asistir á entrega de medallas e trofeos do curso 2022/2023. 

Foi unha xuntanza multitudinaria na que participaron tódolos centros da comarca de Terra de Montes. Despois de organizar todo, fomos chamando aos participantes por centro e categoría para proceder á entrega de medallas individuais.

Depois da entrega de medallas asistimos a unha sesión de baile organizada pola mestra Antía. Que ben o pasamos!

Xa para rematar, procedemos á recollida dos trofeos por categorias, despois de propoñer a un capitán en cada clase.

Agora hai que pensar onde colocamos os trofeos. A desfrutalos!!! Para o ano máis!

(2022-2023) Deporte escolar con Soutelo

E chegou a última xornada do deporte escolar do curso 23/24. Despois das complicacións dos últimos anos, por fin puidemos realizar tódalas xornadas programadas dentro do Proxecto deportivo de centro. Un ano máis cheo de experiencias positivas, práctica deportiva e momentos compartidos con nenos/as doutros colexios da zona de Terra de Montes. A última das xornadas tivo lugar no noso centro, entre o pavillón municipal e pista de baloncesto. 

Os primeiros en xogar foron os nenos/as de 5º/6º, que desputaron un emocionante partido de fútbol cheo de ocasións e goles.

Logo foi o turno dos compañeiros/as de 3º e 4º, desputando os partidos de fútbol e balonmán.

Xa para rematar a xornada, todos/as asistimos aos partidos de baloncesto que se xogaron na cancha exterior. 

Próxima parada: xornada de clausura con entrega de medallas e premios

(2022-2023) Xornada de deporte escolar en Tenorio

O pasado martes 25 de abril, fomos ata o colexio de Tenorio para celebrar a 2ª xornada do deporte escolar.

Unha vez alí, puidemos practicar diferentes deportes como baloncesto, balonmán  e fútbol sala.

Partidos vibrantes e intensos ata o último minuto, onde os nosos alumnos/as desfrutaron, competiron e intercambiaron experiencias con outro nenos/as.

Próxima parada: Soutelo

(2022-2023) Piragüismo en dragóns con Teresa Portela

O pasado xoves 20 de abril, os alumnos/as de 6º asistiron a unha sesión de piragüismo en "dragóns" no encoro do Pontillón do Castro, en Verducido. 

Antes de comezar había que coñecer as instalacións e atender ás explicacións dos monitores sobre a actividade

O seguinte paso era facer un bo quencemento das articulacións implicadas na actividade, así como coñecer os aspectos técnicos máis importantes para poder remar axeitadamente.

Xa preparados no noso dragón, puxemos rumbo á outra punta do encoro, onde puideron desfrutar das vistas e ata botar algunha que outra carreira contra o outro dragón.

Xa de volta, tocaba repoñer forzas e comentar as anécdotas da xornada. 

Mentres os de 6º remaban, os de 5º foron facer unha pequena ruta de sendeirismo arredor do encoro. Polas instalacións andaba Teresa Portela, ca que puideron falar un pouco e sacar unhas fotos.

Xogade 2022-2023. 1ª xornada en Forcarei

Un ano máis participamos no Xogade co obxectivo de fomentar o deporte, os hábitos saudables e os valores asociados ao deporte. Unha xornada de convivencia e diversión no CEIP Nosa Señora das Dores, en Forcarei. 

Despois de instalarnos no pavillón municipal, deron comezo os partidos de fútbol, balonmán e baloncesto por parte dos alumnos/as de 5º e 6º. Puidemos desfrutar de xogadas emocionates, animamos aos nosos compañeiros/as, aplaudimos goles e tamén recibimos algún que outro. 

Chegou o turno dos nenos/as de 3º e 4º. Nesta ocasión comezaron a xogar polo baloncesto seguido do balonmán e o fútbol. Fixérono moi ben! defendendo e atacando en equipo, loitando cada balón, respectando aos rivais e as regras do xogo..., e desfrutando de cada partido ca ilusión e os nervios do primeiro minuto. 

Próxima parada: Tenorio!

(2021-2022) II Edición dos Nutri-recreos

Que somos un centro no que se fomentan os hábitos saudables, xa o sabiamos. Pero se ademais de comer san, é divertido e podemos optar a un regalo, as nosas merendas ben se merecen unhas liñas.

Nesta segunda edición dos "nutri-recreos" a participación foi, se cabe, máis alta ca anterior, o que quere dicir que este proxecto de centro está cumprindo co obxectivo de fomentar a alimentación saudable durante a xornada escolar.

Aquelas merendas máis variadas e equilibradas tiñan premio. o alumnado cun maior número de merendas saudables por mes recibía unha insignia, que podía ser supersaudable, hipersaudable e ultrasaudable. A final de curso faciamos reconto, e o alumnado cun maior número de insignias recibiría un premio en forma de xogo para o verán.

E como non, os de infantil tamén participaron, porque os hábitos alimenticios comezan nas idades temperás!

Que caras de felicidade ao recibir os premios!

Pero para o resto dos participantes tamén había un pequeno agasallo, as chapas recreactiv@s elaboradas polos mestres/as do centro.

Para o ano, a III edición!

(2021-2022) Recreactiv@s

Como vén sendo habitual, e para cumprir cos obxectivos do proxecto de vida activa e deportiva, dende a área de E.F organizamos unha serie de xogos populares e alternativos para que os alumnos/as poidan incrementar o tempo de práctica de exercicio físico durante a xornada escolar.

Este ano centrámonos especialmente nos xogos populares e alternativos polas posibilidades que teñen en canto a materiais dispoñibles, espazos, climatoloxía e gustos do alumnado.

Así pois, en cada un dos trimestre organizamos diferentes xogos de interior e exterior cos seus respectivos encargados. Algúns dos xogos practicados foron os birlos, as canicas, os trompos, a petanca, o frisbee, as palas, o baloncesto, o voleibol, o béisbol, etc.

Pois a xogar!

Non houbo tempo para o aburrimento. E atentos! porque para o ano hai máis novidades!

(2021-2022) Deporte escolar 21-22

Este ano, debido á situación sanitaria tan só puidemos celebrar unha xornada do deporte escolar. Nesta ocasión o anfitrión foi o colexio de Tenorio, que se encargou de organizar a xornada para que os nenos/as do noso centro, os do colexio de Forcarei e os de Tenorio puidesen desfrutar dunha xornada de deporte e compañeirismo.

Ben cedo e cas nosas camisetas do deporte escolar, puxémonos rumbo a Tenorio.

Unha vez instalados, o primeiro dos deportes practicados foi o Datchball, un xogo de lanzamentos que consistía en eliminar aos rivais mediante golpeos. Nesta ocasión xogaron 3º 4º 5º e 6 simultaneamente. Foi todo un éxito!

Logo dividímonos, mentres os de 3º e 4º xogaban fóra contra Tenorio e Forcarei, os maiores quedaron dentro do pavillón xogando a bádminton, baloncesto e fútbol.

Que ben o pasaron xogando ao Floorball!

Pero tamén había tempo para repoñer forzas, había moitos partidos por xogar!

Tocaba fútbol

Para rematar a xornada, os de 3º e 4º xogaron un interesante partido contra os nenos/as de Tenorio.

Dentro todos/as seguían con espectación o partido de fútbol dos maiores contra Forcarei. 

Intensa e divertida xornada, pero moi gratificante polo feito de poder retomar a normalidade no deporte escolar. O curso 202-2023 seguimos!!!

(2021-2022) Descubrindo os xogos populares filipinos

Este ano, dado que tivemos un auxiliar de conversa no centro, puidemos coñecer algúns dos xogos populares filipinos máis famosos. Grazas a Karl, o noso auxiliar, os nenos e nenas de 1º e 2º desfrutaron dunha sesión de xogos de saltos e lanzamentos.

Antes de nada, quencemento dirixido por Karl.

O primeiro foi o "Chinese garter", un xogo de salto que consistía en ir correndo e superar un listón mediante un salto vertical.

O segundo en practicar foi o "Tumbang preso", que nesta ocación consistía en lanzar chanclas a unha botella mentres un compañeiro/a a protexía.

Grazas karl, por achegarnos a túa cultura e compartir con nós os xogos da túa infancia. Seguro que os seguimos practicando!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 1 usuario e 1 invitado conectados.

Usuarios conectados

  • oscar_abilleira