Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

sexto

(2010-2011) Proxecto patio cuberto

O NOSO PATIO CUBERTO

O mércores día 4 de outubro fumos ao patio cuberto.

Queriamos tomar as medidas para logo con elas facer un plano no que poder diseñar como poñer as pintadas de xogos populares nel. Divididos en equipos ,medímolo en: centímetros, metros, pasos, baldosas,... aproveitando este traballo para reforzar o tema que estamos a dar en Matemáticas das medidas de lonxitude e superficie.

Aínda non está rematado, estamos a tentar facelo o máis rápido posible para poder, por fín, xogar nel.

Estas son as fotos dalgún deses momentos:

Así nos quedou ao final. Logo tivémolo que pasar á libreta, traballando a escala. Cada baldosa (30cm) equivaldría a unha cuadrícula da libreta. Así foi o antes e o despois.

(Interviñeron na redación do texto: Ana e Arantxa -6º-) 

(2011-2012) Tempo de lectura

TEMPO DE LER

Neste curso, os mestres e mestras decidiron poñer a todo o colexio 20 minutos de lectura todos os días.

Parécenos moi ben porque vimos do recreo todos alborotados e axúdanos a relaxarnos un pouco.

Para facer eses 20 minutos tiveron que quitarlle 5 ás demais asignaturas e por iso as clases agora son un pouco máis curtas.

Gústanos o tempo de lectura, é moi entretido!

Estas son as fotos deses momentos na nosa aula:

(Cada un concentrado na súa lectura)

(Rexistrando os libros lidos e apuntando a nova lectura) 

Tamén fixémos unha exposición coas nosas lecturas do verán, que agora estamos a prestar aos nosos compañeiros

 

(Texto escrito por Andrea -6º-) 

(2011-2012) Primeiro día de clase en 6º curso

 

O noso primeiro día en SEXTO

O primeiro día de clase pasámolo xenial, o malo é que é o noso último ano aquí no colexio de Campo Lameiro.

Ao comezar as clases don Tirso deunos unha charla.

A mestra , sen darnos conta, fíxonos estas fotos , mentras nos deixara estar un anaco nos recantos que temos na nosa aula.

 Investigamos?                           Xogamos?  

 

           Lemos?                          Informámonos?

 Creamos?                      Rematamos?

 

Este último non é un deles, pero o parece, pois os que non remataran as tarefas seguían a traballar!

Logo díxonos que escribiramos o que pasara neste primeiro día de clase para así poder facer a primeira entrada deste curso na páxina web do colexio. Este ano temos novo recanto. Agora o noso é o de 6º

 Tamén seguimos tendo na clase o noso rincón de reciclaxe.

E tamén o cadro de información da nosa aula e do colexio cos debuxos dos nosos nomes que fixeramos o curso pasado.
 

Irémosvos contando as cousas que vaiamos facendo ao longo deste curso.

(Parte do texto escrito por Pablo e Roberto -6º-)

(Lembrade que se queredes recordar as cousas que fixemos durante o ano pasado tedes que pinchar no recanto de 5º)

 

Busca especies en extinción

 

 

 http://librosvivos.net/juegos/especies.htm

 

 

Se pinchas nesta dirección atoparás un divertido xogo de parellas.

 

Un volcán en erupción.

http://www.youtube.com/watch?v=aIxVoIu9eA0

 

 Se entras nesta páxina poderás ver un volcán en erupción....

 

 

Visita de Sexto ó Instituto

 

      Os 6 alumnos de Sexto, acompañados polo seu titor, visitaron ás instalacións do Instituto. Fomos recibidos polo equipo directivo e a Orientadora e tamén asistiron os alumnos dos colexios de Campañó e Xunqueira 1. Ensináronnos aulas, laboratorio, biblioteca, pavillón...e invitáronnos a refrescos e comida... Tamén nos explicaron moitas cousas sobre o Instituto: horarios, asignaturas, consellos...

     Despois percorremos a zona monumental de Pontevedra e a praza de abastos. Rematamos no Parque das Palmeiras, onde merendamos e recolleunos o autobús de volta na Alameda.

    

 

(2008/2009) Participamos no Salón do Libro 2009

 

Os alumnos do colexio fixemos unha Bóla do Mundo e levámola ó Salón do Libro. Despois fomos todos a vela e pasámolo moi ben.

 

(2008-2009) Somos as de Sexto e máis Santi e Anxo

 

Hola, somos as 4 magníficas de Sexto e máis Santi e Anxo. Saúdos a tódolas nenas e nenos do colexio. Xa nos falta pouco para marchar deste estupendo colexio e ir para o Insti Xunqueira I. ¡Que medo!

A foto do entroido saíunos moi bonita, pero temos moitas máis. 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.