Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

sexto

(2014-2015) CM: Xeografía

Durante o mes de marzo comezamos a traballar a xeografía física e política.

Para elo estivemos tentando resolver todos os pasos do proceso para levar a cabo a tarefa plantexada nunha webquest que nos preparou a mestra:

WEBQUEST XEOGRÁFICA

Entre algunha das actividades estaban :

-a de preparar un portafol no ultraportátil de cada un con información sobre diferentes expedicionarios e descubridores ao longo da historia: Cristovo Colón, Magallanes, Hernán Cortés,... que logo esporiamos aos nosos compañeiros.

-ou a de preparar un mapa por equipos no que traballar distintos contidos a través da instalación dun circuito eléctrico co que nos mostre o acerto ou o erro nos mesmos.

 Aínda non están rematados, mais algún xa vai tendo boa pinta. Na próxima semana remataremos o circuito e poderemos xa probar os nosos coñecementos sobre o tema!

 

(2014-2015) CM: Intercambios de exposicións científicas.

O pasado venres desfrutamos o alumnado de 5º e 6º dun intercambio de exposicións durante a sesión de Coñecemento.

Os nenos e nenas de quinto expuxéronnos brevemente todos aqueles experimentos, maquetas, presentacións que fixeran durante o segundo trimestre.

-sobre as capas do noso planeta.

- sobre os planetas

 - sobre os distintos accidentes costeiros

- sobre as fases do noso satélite

- sobre a gravidade

-sobre os eclipses

-e sobre os aparellos para recoller datos atmosféricos.

Ao remate, cambiamos de aula para pasar nós a expoñerlles a eles  a maioría dos experimentos que traballamos e que xa vos mostramos nunha das entradas da nosa àrea na web ( enlace )

 

Que ben se senten despois de preparar un bo traballo e obter polo mesmo o recoñecemento dos demais. E canto se aprende!

Pinturas a Granell

Decatámonos que sabiamos moi pouco de quen era e que estilo utilizaba Eugenio Granell...Eso sí, as súas obras tiñan moita cor, e resultaban un pouco difíciles de entender.

Así que, buscamos, investigamos, preguntamos, e descubrimos cousas interesantes sobre el, e a súa pintura...

 

 

 

 

 

 

 

(2014-2015) CM: Webquest xeográfica!

Aquí vos deixo unha webquest coa que iremos traballando as próximas sesións de coñecemento do medio. Clicade nela e.....mans á obra! 

(2014-2015) CM: Experimentando...

A comezos deste segundo trimestre, nas sesións de Coñecemento do Medio,  encomendóusenos unha tarefa a cada compañeir@ da aula: tiñamos que buscar algún experimento co que explicar aos demais  distintos apartados que íamos a traballar.

Así foi como ao cabo de dúas semanas tod@s fixemos de mestres e mestras explicándolles todo o preparado na casa a través do noso experimento. 

Anxo: Tiña que explicarnos os CAMBIOS QUÍMICOS na materia. Despois de facer distintas probas na súa casa , decidiu prepararnos unha LÁMPADA LAVA, na que xuntando distintas substancias, ao entrar en contacto, reaccionaban entre elas.

- Noa:ocuparíase de explicarnos os CAMBIOS FÍSICOS na materia: contracción, dilatación,... Para elo preparou varios experimentos e dous paneis informativos cos distintos pasos a seguir para levalos a cabo.

 

Laura: Ademais de explicarnos as diferencias entre substancias puras e mesturas, expúsenos os diferentes modos de separar os seus compoñentes: filtración, decantación,... Para elo preparou unha mascota chamada Puri coa que non perdemos detalle de todo o que nos ía contando!

Nuria e Emilio: A pirata Nuria trouxo un capacho, un barco e algúns pasaxeiros cos que experimentar coa masa, volume e densidade destas materias. Emilio faría o mesmo pero comparando os de diferentes tipos de gominolas.

 

Miguel e Lucía: Encargaríanse de falarnos do tempo atmosférico. Para elo Lucía preparou unha gran pantalla de televisión na que fixo de muller do tempo explicándonos o tempo de cada zona de Galicia. A súa vez, o garda de tráfico Miguel, cunha maqueta de carreteras, coches,...íanos dicindo como este tempo afectaba as distintas zonas de autoestradas e o que lle pasaba aos vehículos ó circular.

 

-Raúl: xa que sabiamos que na súa familia contaba cun canteiro, ocupariase de falarnos sobre os minerais, como se clasifican e erosionan. Preparounos unha maqueta na que ao botar auga na parte máis alta percibíase bastante ben en que consistía a erosión e sedimentación. Tamén trouxo martelo, lente, cincel e distintos minerais.

 

- Diego: O magnetismo foi cousa de Diego. Como experimento preparou un barquiño de papel de prata que facía navegar dirixíndoo cun imán.

 

-sobre a Luz entre todos investigamos sobre os arcos da vella  aquelas cuestións que descoñeciamos e dándolle resposta a case todas. Por exemplo que tamén existen os moonbow (arcos da vella nocturnos), algunha das lendas que falan sobre eles, maneiras de poder crealos,...

-e sobre a Electricidade prepararemos uns circuitos eléctricos semellante ao que enviamos como traballo ao Salón do Libro, pero sobre xeografía.

 

-Tamén falamos cos compañeiros de quinto , os que para coñecemento do medio prepararon outros tantos experimentos. Pedímoslles se nos podían falar sobre os volcáns, e deseguido viñeron . Tíñannos preparado unha presentación na PDI e unha maqueta dun volcán.

Aproveitamos para traballar a recollida de apuntamentos de todo o que nos ían contando. A algúns o de escribir e escoitar á vez costoulles bastante, mais pouco a pouco...

Seguindo cos experimentos...  na nosa visita ao Salón do Libro participamos nun taller dunha hora no que estivemos a facer experimentos con distintas materias. Foi unha moi boa coincidencia!

  

( 2014-2015) Somos uns artistas !!!!!!!!!!

Ola de novo chicos/asBurla

Hoxe imos comenzar a traballar nun proxecto artístico que nos vai a ter ocupados ata final de curso, momento no que descubriremos as nosas dotes artísticas, porque ,entre todos os nenos/as do cole, imos pintar a entrada para darlle un toque  de cor.

Despois de pensar,pensar e requetepensar no asunto decidimos que Eugenio Granell sería o protagonista do noso proxecto Aceno

Por que?Sorinte

Pois porque é un pintor galego ,porque os seus cadros son coloridos, porque nos gusta o seu estilo...

  Entón cada un de nós, buscou a obra  que lle gustaba máis e enviámola ao noso correo electrónico (quintoaventurate@gmail.com)e despois da votación, ao final esta resultou a gañadora:

" El Chamán"

A través deste cadro imos a coñecer un pouquiño máis a Eugenio Granell.

 

 Outras obras súas...

 Foto

 

 FotoFotoFotoFoto

 

 

(2014-2015) CM : Espazos naturais protexidos en Galicia.

Agora que estamos a traballar na nosa área de todas as causas que alteran os ecosistemas, vennos ben recordar aquelas zonas de Galicia que temos protexidas.

Aquí vos deixo o enlace a esta presentación. Mirádea con atención, faremos un traballo sobre ela. 

 

(2014-2015) CM3: As 10 sementes máis importantes

O primeiro día de clase de Coñecemento do Medio non fixemos outra cousa que tentar averiguar que eran aquelas boliñas douradas que contiña o bote.
Os poucos días, despois de experimentar para poder comprobar algunha das hipóteses que plantexáramos, descubrimos que era unha semente.
E dentro do proxecto que estamos a levar a cabo, andivemos esta última semana enredados preparando cada un de nós un traballo sobre algunha das sementes máis importantes.
Tiñamos 10 onde elexir.
Cada un de nós fixemos os nosos borradores coa información que íamos atopando e os deseños de como o íamos plasmar para logo expoñer aos nosos compañeiros e compañeiras.

E despois dunha semana, o luns, ao chegar ao cole , sorprendémonos todos cos nosos traballos.

Nuria investigou sobre o ARROZ  e Anxo sobre o TÉ.

 Lucía e o seu amigo Pepe contáronnos o que sabían sobre o TRIGO

 Miguel sobre o MILLO e Emilio sobre a QUININA.

 Raúl buscou información sobre a PATACA, anotando as cousas que lle foron parecendo interesantes nas súas follas e dentro do tubérculo.

Noa fíxoo sobre a CANA DE AZUCRE, presentándoo desta artística maneira!

Laura sobre a ACEITUNA, pendurando nas ramiñas dun olivo sementes de cartolina coas distintas cousas que foi averiguando. Tamén acompañou o seu traballo cun botiño de aceite "O Bailadoiro" e un botiño de aceitunas que todos saboreamos!

Diego preparou unha presentación co seu ultraportátil sobre a AMAPOLA.  Ademais de cada unha das diapositivas sobre cada apartado da información, incluiulle un vídeo ao principio sobre a Amapola e rematouno cunha canción sobre o Outono. Alucinante! 

 E, por suposto, a mestra Marga tamén investigou, e canto! Sobre a MORERA.

Despois de expoñer cada un as súas investigacións, prantamos cada equipo unha estaca de morera nunha botella de prástico. Seica en dez días enraizaría e así a poderíamos prantar nalgún recuncho do noso patio.

 Así de interesante está o noso

rincón de coñecementos de Coñecemento!

Sodes uns artísticos investigadores!

(2014-2015) CM 2.- Adiante co mundo das sementes!

Confirmado!! Eran sementes!!!

Que por que o sabemos?

Pois porque aquelas pequenas boliñas que miraramos o primeiro día de Coñecemento do Medio foron quenes de romper a súa cápsula e botar unha pequena raiz, e incluso algunha xa un pequeniño talo .

Pois adiante coas sementes!!!

-O primeiro que fixemos foi ir anotando no noso taboleiro de aula as coñecementos que cremos que xa tiñamos sobre o tema.

 

-Xa ao lado anotamos aquelas cousas que nos gustaría ir averiguando sobre elas... 

E así foi como comezamos con este gran e interesante PROXECTO SOBRE AS SEMENTES.

Para poder organizarnos, repartir as tarefas e investigar mellor, repartímonos en tres grupos.

Eleximos dentro de cada grupo un nome que os identificaría, unha imaxe para representalos, repartimos os roles de traballo e decidimos que normas teríamos que cumprir.

 

E xa ben organizados comezamos a tentar dar resposta aos distintos interrogantes do noso proxecto.

-Coñecemos contidos sobre as partes, formación,...das sementes e tamén relacionado, repasamos as partes, formación e fases da reprodución das flores.

 

Os máis importantes ímolos recollendo nas nosas libretas.

-Tamén para tentar atoparlle resposta as dúbidas que tiñamos sobre canto tardaban en medrar, trouxemos cada un de nós un tipo de semente distinta (pemento, faba, pipa, alpiste, repolo, céspede,...) e plantámolo cada un no seu recipiente.

 

Cada grupo buscou a maneira de rexistrar os distintos cambios que se fosen producindo nas plantacións:

-un preparou unha táboa onde rexistrar os centímetros que medraba por semana, -outro equipo debuxou os distintos momentos da xerminación e marcaba cunha cruz o momento no que se atopaba cada unha delas ; -e o último equipo decidiu anotar as observacións de cada semente cada vez que se fisexe o rexistro. Todas moi interesantes e diferentes. 

-E tamén visionamos un vídeo que teñen os nenos de infantil no seu blog sobre o crecemento dun roble. Oito meses tardaba en medrar!!!

-Outra das dúbidas que tiñamos eran as diferentes maneiras que había de reproducirse.Tamén xa temos un montón de información sobre elo e para plasmala preparamos cada grupo uns paneis murais cos que poder explicarlles aos demais grupos a información traballada. 

Para elo doblamos en catro partes un pequeno debuxo do aparello reprodutor e tamén o fixemos cun gran pedazo de papel para o mural. Así tiñamos as cuadrículas xa feitas para pasalos a unha escala maior. 

 

Menudos murais nos quedaron!

 

-As nosas familias tamén nos tiveron que botar unha man, sobre todo as nosas nais, posto que das fases da reprodución humana a que máis interese espertou foi o parto. Plantexamos preguntas e buscámoslle respostas nas casas encuestando as nosas nais, avóas, ... e incluso imaxinándonos como será o noso propio parto ou o da nosa parella.

 

-No caso da reprodución asexual, para falar dos seres unicelulares, preparamos un pequeniño traballo sobre o virus do ébola (tan de actualidade).

Primeiro miramos cada un unha imaxe que nos mostrou a mestra e pensamos, sen falar, o que podería ser (formigueiro, corda, serea, carretera,....) Logo da pista dada de que era un ser con reprodución asexual xa se aproximaron todos ao que podería ser, incluso algún recordara mirar algo semellante en internet estos días e xa falaba do Ébola.

Entón repartímonos o traballo: os Investigadores ( pescudarían información sobre a procedencia do virus...), os Coidadores da natureza serían os enfermos (tiñan que contarnos como se sentían) e os Sobrenaturais os médicos (diríannos que poderían facer para que nos sentísemos mellor e como previr o contaxio)

Ao rematar as exposicións de cada grupo, e só nuns vinte minutos, volvímonos todos nuns expertos no tema. 

Con todo o que fomos averiguando e aprendendo preparamos unha exposición oral coa que ensinarlles aos nosos compañeiros de quinto todo o que estivemos descubrindo e á vez contarnos eles a nós os seus descubrimentos. Impresionante o fixemos todos!!!

 

(2014-2015) CM 1.- Que será? Investiguemos!

 Comezamos o curso!!Que ganas tiñamos de poñernos a traballar!!??

E para comezar con algo de misterio... as mestras que impartimos a materia de Coñecemento do Medio en 5º e 6º decidimos xuntar aos dous cursos para poñernos a falar (iso si que nos gusta!) pero de algo en concreto.

Dentro dun bote mostrámoslles "algo". Que sería?

Entre todos...mirámolo e remirámolo, cheirámolo, tocámolo,...e fomos plantexando as diferentes hipóteses do que podería ser ao igual que a maneira de poder confirmar cada unha delas.

 Entre as diferentes hipóteses do que sería dixeron: ovos de peixe, pasta, sales de baño, area de praia, alpiste, millo pequeno...

Para comprobalo decidiron comezar cun experimento por todos coñecido: meter un pouco nun vaso con algodón e auga para descartar ou confirmar que fosen algún tipo de sementes. E en atenta espera estivemos!

Así , sen querelo, aprendemos cales eran os pasos a seguir no método científico.

Según o resultado do experimento empezariamos a investigar e documentarnos sobre o mundo das prantas, ou o dos minerais, ou dos animais,...

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.