Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

quinto

(2010-2011) Visitamos o Museo de Pontevedra

O xoves 14 de abril saímos ao Museo de Pontevedra cos compañeiros de 2º, 3º e 4º.

 

Despois de merendar na Praza da Ferrería, marchamos ata a Praza da Leña onde agardamos a nosa entrada. En dous grupos unha guía falounos sobre os petroglifos en Galicia ( especialmente en Campo Lameiro), ...... e tamén do almirante Méndez Núñez (nome que levaba outra das prazas que miraramos o martes anterior) e o seu barco o Numancia.

Era a segunda vez que iamos, pero cada vez descúbrense cousas máis interesantes.

(2010-2011) Visitamos as prazas de Pontevedra coa Xunqueira 1

Os nenos e nenas da nosa clase xunto cos de 6º estamos a facer un "intercambio cultural" co alumnado de 5º do colexio da Xunqueira 1 . Eles prepararon un traballo sobre as prazas da cidade e nós sobre o noso pobo e os seus petroglifos, para logo ensinarnos uns aos outros os nosos traballos.

O martes 12 de abril viaxamos ata o seu colexio para dende alí todos xuntos facer un percorrido guiado polos nenos e nenas polas prazas que nos querían ensinar, contándonos algo da súa historia.

 

Ao chegar ao seu colexio repartíronnos a todos un caderno de campo co cal poder seguir a visita e facer as nosas anotacións e tamén un mapiña co plano do percorrido que iamos a facer.

 

Dende a Xunqueira saimos andando cruzando o río Lérez para acheganos a zona vella da cidade onde comezamos visitando:

 -a Praza da Pedreira

-Praza de Méndez Núñez e estatua

  

-Praza do Teucro e os seus escudos

 

 

-Campiño e Basílica de Santa María

 

-Praza do Concello e Alameda

 

-Praza da Verdura

-Praza da Leña,( onde estaba a entrada ao Museo o cal iriamos o xoves 14 de abril)

 

-Praza da Ferrería , onde descansamos e tomamos algo sentados nas escaleiras de Facenda.

 

Dende alí voltamos ao seu colexio onde aproveitamos o ratiño que nos quedaba para ver un traballo que fixeran o curso anterior sobre a historia da cidade  que teñen exposto no segundo piso.

   

 

Agora eles virán o martes 3 de maio ata o noso colexio onde lle contaremos todo o que levamos preparado e faremos un percorrido por algúns dos petroglifos e lugares máis fermosos e importantes do noso concello.

Ata entón!

(2010-2011) Entroido: obedecendo ao MECO

Durante a semana anterior á celebración do Entroido no colexio puxeron O MECO.

Este daría cada día unha orde a cumprir por tódolos nenos e nenas do colexio. As ordes eran propostas cada día por un dos ciclos

Os primeiros que a puxeron no meco foron os de Infantil: todos con MANDIL.

Así estabamos todos na nosa clase

Logo o primeiro ciclo decidiu porlle ao Meco o cartel de todos con SOMBREIRO.

En quinto somos moi obedientes así que ... aquí estamos

 O segundo ciclo decidiu que todos con ZAPATOS DIFERENTES.

   

 E por último os de terceiro ciclo xuntámonos e despois de moito debatir decidiuse que todos viñeramos con PIXAMA da casa

 Cada un destes días ao chegar fixemos un desfile na clase para elexir a mis e mister que mellor viñera.

Por exemplo, aquí tedes momentos do desfile do último día:

 O máis votado foi Martín: foi o que mellor siesta botou

De verdade que o pasamos ben.

 Oxalá para o ano volte o Meco, aínda que poucas propostas diferentes nos quedan

(2010-2011) Celebración do Entroido

No noso colexio este ano tentamos disfrazarnos tódolos cursos de primaria de alimentos, e os nenos de infantil de cociñeiros.

Repartímonos as distintas partes da pirámide alimenticia. A nós tocounos representar as carnes, ovos e lácteos, a 6º as verduras, 4º o peixe, 3º a froita e  2º e 1º os doces.

-Primeiro repartímonos os distintos animais que podiamos comer: vaca, porco, ovella, cabra, galo, galiña, polo, pato, coello, lebre e pavo. Os lácteos xa quedarían representados polos que dan leite e os ovos polas aves.

 A mestra tería que ir de carniceira ou granxeira... que escollería?

- Despois tentamos buscar información sobre eles: nomes que tiña, tipos ou razas, características, usos, receitas coa súa carne, onde nos podiamos informar e como estaba cada un deses animais presentes na nosa cultura (a través de contos, festas, cancións, refráns, televisión,...)

 

- Logo comezamos a elaborar os traxes : recortando, pegando, pintando, grapando,...

- E xa co traballo feito e as caras pintadas... dou comezo o desfile.

Primeiro demos un par de voltas ao noso colexio.

E logo metémonos no pavillón para rematar o desfile e bailar un pouco 

 

Os demais cursos estaban así de chulos:

Despois de tantas voltas rematamos todos no Salón de Actos onde tiñamos unhas mesas cheas de doces típicos destas festas que trouxemos das casas: orellas, pasteis, filloas,... 

 

Tamén polo Entroido decoramos cada un de nós na casa antifaces que empregamos para ambientar un pouco o corredor.

 

(2010-2011) Abrapalabra!

  Fai uns días visitou o noso colexio:

 un MAGO 

Tódolos nenos e nenas achegámonos ata o Salón de Actos para ver o que nos tiña preparado ( e de paso ver tamén o ben que quedara o novo telón)

Durante a súa actuación  fixo un montón de trucos, nos que foi collendo axudantes entre todos nós.

Nun deles tiñamos que lanzar unha bola imaxinaria por onde el dicía encestándoa na súa bolsa. O mago estaba abraiado da puntería que tiñamos!

 Outro truco foi o de inventar un animal fantástico con cachiños de outros que aparecían nun libro: un pato, unha tartaruga e un elefante = PA + TARU + TE

 

 Polo menos os da nosa clase alucinabamos. Como o faría?

 Outro foi o de ...  facer voar unha mesa !

 Tamén cun boneco que falaba tentamos adiviñar en que globo estaba unha pegatina. El  ía estoupando os números que lle diciamos.

 Coa axuda dun neno de terceiro fixo este debuxo dunha cara pero... movía os ollos e a boca!

       

 E ao final , coa axuda dalgúns dos máis pequenos e  con cachiños de papel que o mago lles deu a cada un , fixeron neve máxica

 

Como remate da súa actuación deunos un agasallo a cada un: un libro de maxia "Abrapalabra". Nel temos un montón de trucos que aprender para sorprender.

Pasámolo moi ben!

(2010-2011) Celebración de San Valentín

 

O xoves  10 de febreiro decidimos preparar un buzón co que poder celebrar o día de San Valentín no noso colexio.

 Xa feito, debuxamos e recortamos corazóns para decoralo e usar como cartas nese día.

 Tamén preparamos coa nosa mestra o cartel que anunciaría esta celebración, no cal se explicaba como facelo. O mesmo cartel preparouno a mestra de inglés.

Nel explicábase que podiamos escribir:

-nos corazóns vermellos: cartas de amor.

-nos corazóns amarelos: cartas aos amigos.

-nos corazóns brancos: cartas para facer as paces cos que tiveramos algún problema.

Xa o día 14 de febreiro, á última hora, repartíronse polas clases tódolos corazóns.Estabamos nerviosos.

Na nosa recibimos un montón, tamén algunha vermella!

 Algunha delas tan bonita coma esta,  que viña dirixida para todos os nenos e nenas de 5º.

 

Tamén relacionado con esta celebración preparamos cos nosos nomes e os dos nosos mestres e mestras uns corazóns nos que tiñamos que poñer con cada letra un adxectivo  que tivese que ver con esa persona. Titulámolo: "Piropeándonos". Pegámolos na nosa porta. Así cada vez que marchamos da clase facémolo recordando o ben que pensan de nós os nosos compañeiros.

Aquí tedes algún deles:

                       

                                 Feliz día!   BicoAvergoñado

(2010-2011)Visitamos o Salón do Libro

 

O pasado martes fixemos a saída ao Salón do Libro de Pontevedra. Fumos cos compañeiros de 6º, 4º e Infantil. 

 Ao chegar ao Auditorio de Pontevedra tivemos que agardar un bo rato para entrar, tempo que empregamos para merendar, xogar e ver as vistas que dende o alto deste edificio había da cidade e do río.

 Xusto alí vimos como estaban a entrenar uns remeiros, un deles vestía a camiseta de España. Sería David Cal? Algúns de nós berramos o seu nome, pero nada!

 

Lembrades cando estivera con todos vós no noso colexio?

 Centrémonos!

Logo entramos no Salón. Alí recibiunos ORBIL que xunto coa guía levounos ata un sala escura debuxada cunha cidade de mentira onde estaba o noso Contacontos.

 Lembrades alguna das súas tolas historias? E da canción? Nena...! Fíxonos pasar un bo rato.

Ao sair desta sala puidemos visitar todos os traballos sobre as mentiras  dos colexios que participaran. Entre todos eles estaba o noso emperador cos libriños de todos nós na súa capa. Santi aproveitou para ver o cómic que fixeramos.

Tamén algún percatouse do mural que había cheo de cadernos en branco nos que se podían escribir as nosas mentiras, e alí se puxeron Óscar e Jesús. Mentireiros!

 E tamén tivemos un pouco de tempo para botarlle unha ollada a todos os contos que alí tiñan sobre o tema. Entre eles Maikel atopou outra versión máis de : O novo traxe do Emperador.

E aquí rematou a nosa visita.

Agora xa toca agardar ao ano que ven. A ver que tema nos preparan!

_______________________________________________

Recordando todo o percorrido que seguimos dende que se decidiu participar,   ata esta visita, elaboramos un diario de todo o proceso que colocamos no corredor.

 

 

(2010-2011) Celebración do día da Paz

Os alumnos de 5º celebramos o Día da Paz coas seguintes actividades:

- Coloreamos as nosas pegadas xuntos con nenos e nenas de todo o colexio con mensaxes referentes a esta celebración, que logo se pegaron saindo de todas as aulas ata o salón de actos.

-Elaboraron carteis en Coñecemento coa información que atoparon en revistas  que falaban desta temática.

 

 

 

-Cantaron a canción que prepararan coa mestra de música de Mercedes Peón no Salón cos demais nenos

-Traballaron en relixión unha ficha co texto "Desexamos que a Paz camiñe con nós polo mundo".

- E tamén axudamos aos nenos de Infantil a debuxarlles recalcando unha proxección na parede da súa aula do cadro do Guernica de Picasso. Despois o coloreamos xunto cos compañeiros e compañeiras de 6º e 4º e os nenos de 3, 4 e 5 anos.

Primeiro trouxéronnos a nota na que nos pedían axuda para este traballo.

 Aquí estamos recalcándoo.

 E aquí coloreando a nosa parte entre todos nós.

 Ao final colgaron o traballo na entrada do colexio.

(2010-2011) Traballo para o Salón do Libro: O NOVO ... DO EMPERADOR

Así de chulo quedou o traballo sobre O novo traxe do emperador:

(2010-2011) Participación no Salón do Libro

Este ano o Salón do lIbro de Pontevedra dedícase á Mentira  e aos contos que sobre ela tratan.

No noso centro decidimos participar as aulas de infantil, 4º, 5º e 6º, centrando os nosos traballos no conto "O novo traxe do emperador".

Para elo na nosa clase elaboramos un boneco  que  fumos escaiolando e pintando que sería o corpo do emperador, 6º ocuparíase de facer a cabeza e infantil os complementos: calzóns, coroa e banda.

Algunhas fotos destes procesos son as seguintes:

  

      

                      

 

O emperador levaría posto unha capa de plástico transparente con petos nos cales meteríanse os traballos das aulas.

En quinto traballámolo da seguinte maneira:

- investigamos que era a mentira, por que mentimos, por que non mentimos, e algunhas outras cousas interesantes sobre ela que plasmamos na pizarra da clase.

 

- lemos o conto "O novo traxe do emperador" e falamos sobre el.

- pensamos de que outras maneiras se lle puidera  enganar ao rei ou que outras cousas puidese desexar. Os nenos dixeron: a mellor coroa, cabalo, calzado, muller, carroza, soldado, corpo, peinado...

Entre todos pensamos:

quen lle prometería facer cada unha delas: os xoieiros, gandeiros, perruqueiros,...

que lles pasaría aos que non o mirasen: quedarían calvos, pobres, ... 

-e quen diría a verdade do que acontecía no desfile: un neno, un calvo, un home moi gordo, un mendigo,...

      Elexidas algunha delas elaboramos un cómic con cada unha, na que en parellas inventaron os diálogos das 4 viñetas nas que se dividiría, e fixeron os debuxos.

 

Xa colocados e pegados nas viñetas coloreáronos e pasaron os diálogos a limpo.

 

 A portada debuxárona 7 rapaces da clase: cada un encargouse de facer a silueta dalgún dos elementos do conto:

-coroa: que representaría ao emperador.

-agulla: coa que facían que cosían

- tela: coa que farían o traxe.

-ollo: co que veían ou non veían o traxe.

- boca: que dicía as verdades e mentiras.

-moeda: representando os cartos cos que o emperador mercaría a mellor tela do mundo.

-tesoiras: coas que os xastres cortarían a tela.

 -todo elo unido co FíO que vai unindo todos os elementos da historia.

De coloreala encargáronse Arantxa e Daniel, que así de bonita deixárona quedar:

                        

Na última páxina aparecen recollidos os escritores de cada unha das partes, os ilustradores das viñetas, portada e fondos,  o título, a colección, editorial e ano de edición do noso traballo.

Ao final o emperador quedou así de chulo:

 

 

Distribuir contido