Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

quinto

(2012-2013) Visita ao Salón do Libro

Un curso máis visitamos o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra na súa 14º edición.

Collemos o autobús ben cedo cos nenos e nenas de Infantil.

Ao chegar ao Pazo da Cultura estábannos agardando unha guía.

 

Xunto cos nenos do colexio Toural de Vilaboa ,dirixiunos (saudando primeiro a Orbil, por suposto) ata a sala onde participariamos xunto con eles nun taller  chamado "Arte-facto".

Nel preparamos cada un de nós, con materiais de refugallo, uns marcianiños que penduramos nuns móbiles que nos tiñan preparados.

Tiñan algúns xa feitos como exemplo.

Así que puxémonos mans á obra.

Con todos eles fixemos o móbil para colocar na nosa aula.

Ao sair guiáronnos ata unha parte do Salón onde estaban algúns dos traballos dos colexios que participaran nesta edición. Algúns tan chulos como...

 

Entre eles estaba o noso!

  (Se queredes ver o noso traballo  pinchade na imaxe anterior)

Logo dirixíronnos ata as diferentes salas ambientadas: no interior dun ordenador, unha máquina de escribir e outra con rodas dentadas basada na película "Tempos Modernos de Charles Chaplin. Nelas nos explicaron e preguntaron algunhas cousas referentes as máquinas.

Na outra parte da Sala había aínda máis traballos de colexios.

Tamén unha gran máquina dos desexos. Se pechabamos os ollos cumpliríanse!. Iso dixeron.

Xa na biblioteca do Salón algún neno da clase percatouse de que na decoración das paredes puxeran textos de Xulio Verne, ao igual que tiñan aparellos deseñados por Leonardo da Vinci, dous personaxes dos que falaramos na clase. 

O guía seguiu mostrando os distintos traballos e aparellos que íamos atopando.

Tamén había unha exposición de láminas de ilustradores.

E un apartado adicado a autora homenaxeada deste ano: Marilar Aleixandre.

Xa rematando estivemos no apartado de Maquinando Contos.

Alí sacou a tres voluntarios (os tres da nosa aula, pois nos estabamos portando moi ben). Cada un tirou dunha das cordas e sacaron tres palabras.

Con elas comporemos unha pequena historia de máximo 10 liñas e enviarémola para participar nun concurso no que o agasallo será un lote de libros.

Con esta última actividade demos por finalizada a nosa visita, non sen antes despedirnos de Orbil e recoller o móbil que fixeramos no taller.

De alí marchamos cos máis pequenos ata o parque da Xunqueira para merendar e xogar un rato.

E de aquí, xa regresamos ao noso colexio.

 Foi un bo e completo día!

(2012-2013) Traballo para o Salón do Libro: Os inventores de Campo Lameiro City

Aquí poderedes ver como nos quedou o traballo que fixemos na nosa aula para enviar á 14º edición do Salón do Libro de Pontevedra.

Para poder mirar a revista facede clic sobre a imaxe. Podedes vela ao dereito dándolle ás flechas que ten sobre ela.

(2012-2013) Celebramos o entroido

Disfrutando do ENTROIDO

Durante a semana anterior á celebración do Entroido todo o colexio estivo a cumprir as ordes que o MECO nos mandaba: luns todos de azul, martes con sombreiros, mércores con algo ao pescozo

e xoves co disfraz que quixésemos.

Xa o venres disfrazámonos todo o colexio de Choqueiros.

Coma sempre, saimos das clases para desfilar ao redor do colexio e logo terminar bailando no pavillón.

Aquí tedes imaxes de como iamos disfrazados

Algunhas mestras tamén nos animamos...

 

Como remate saboreamos os postres típicos de Entroido que moitas das familias trouxeron ao colexio.

Aquí quedamos agardando a que o próximo Entroido chegue pronto...

(2012-2013)"A toda máquina"

"A TODA MÁQUINA" é o título do Salón do Libro deste ano, no cal participa o  noso colexio.

Por elo levamos xa un mes traballando na nosa aula sobre o tema dos inventos, as máquinas,..... Xa nas vacacións de Nadal os nenos levaron unha nota para a casa na que se lles mandaba indagar un pouco sobre o tema e preparar, recopilar,.... información para traer ao colexio á volta das vacacións.

Trouxemos inventos imaxinarios, historia da invención de máquinas reais, da vida dalgún inventor, libros,documentos,...

incluso algúns trouxeron maquetas e experimentos. Quedamos abraiados!


Tamén ao regreso, buscando polo colexio , atopamos na árbore de nadal dos nenos de infantil un agasallo escondido.

Era para nós! Nenos e nenas de 5º! Marchamos correndo para a clase e así abrilo todos xuntos

Papá Noel debía saber no qeu andabamos a traballar pois trouxonos un xogo de atención sobre o mundo que rodea aos inventos.

Con todo isto, máis libros que collemos na biblioteca do noso centro ou na de Pontevedra comezamos a meternos no tema. Así xa levamos feito...

-unha liña cronolóxica que fixemos entre todos coa axuda dos ultraportátiles na que podemos ver como foron xurdindo ao longo da historia, xunto coa súa imaxe e nome do inventor.

- mapas mentais sobre o invento elexido por cada un deles nos que rexistraron toda a información que foron atopando.

Podedes acceder picando nesta imaxe a unha revista dixital onde poderedes ver máis de cerca cada un deles.

- Diseño en pequenos equipos de mecanismos imaxinarios, dos que explicaron o seu funcionamento e lle engadiron o debuxo da súa planta, alzado e perfil (traballo que practicamos en plástica coa maqueta do muiño de Alex) cos que poder solicitar a súa patente.

- Tamén traballamos a poesía e a rima, analizando poemas sobre máquinas que atopou Jose nun libro na casa e inventando algúns novos.

- Estivemos a traballar nun Diario, estudando como se facía. Fixemos o diario dun día calquera no que iamos marcando todas a máquinas ou cousas inventadas que iamos citando. E logo volvémolo a facer mais trasladándonos a Idade Media. Menudo cambio. Agora sí que nos iamos concienciando da importancia dos inventos e dos inventores!

- Visionamos vídeos e progamas que temos subidos a web  no recanto de quinto, para meternos aínda máis no tema.

- Démoslle lectura a textos sobre o tema, para logo respostar preguntas de comprensión sobre os mesmos, facer esquemas coa súa información ,...

-.... aínda nos queda traballar a descripción que o faremos co inventor ou inventora elexida por cada un, a representación teatral dunha obriña que estamos aínda por preparar, e plasmar toda a información traballada en 5 paneis que estamos por elaborar cos que tentaremos expoñerlla aos demais nenos do colexio que se interesen polo tema

Como vedes, o título do Salón do Libro non podería reflexar mellor o noso estado. É que imos.... "A toda máquina"

(2012-2013) Celebramos o día da Paz

Neste mes que rematamos participamos en dúas das celebracións que se fixeron no colexio:

O Día da Paz:

- para o cal preparamos todo o colexio a canción adapatada "Ai, eu non pego",

- preparouse un mural na entrada do colexio con frases relacionadas coa Paz . No noso curso fixemos uns cuños coas letras necesarias para estampar no noso pedazo de papel: " A paz comeza cun sorriso" . Preparámolos con cenorias, cortando (con coitelos de punta redonda e sen fío) a letra que eleximos cada un.

.

Estaban tan fresquiñas  e apetitosas que algún de nós aproveitou para merendalas!

.

.

.

Dita frase saía nun programa sobre a Paz co que xogamos na clase na PDI e pertence a Teresa de Calcuta. Gustounos!

.

Unha vez feitos os cuños, pintámolos e comezamos a estampalos na nosa tira de papel.

Ao facelo, como era a primeira vez que estampabamos, tivemos algúns problemas. Algunhas letras  saían do revés e as veces torcidas. Para a próxima xa o teríamos aprendido. Desta vez deixámolo quedar así. Entendíase e era máis orixinal, ou non?

Aquí estamos a colocar a nosa frase no mural da entrada do colexio

-Tamén visionamos todos xuntos uns vídeos no salón de actos e cantamos todos xuntos a canción preparada 

(2012-2013) AS MÁQUINAS E OS MECANISMOS

Este ano 2013 o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra titúlase...

A TODA MÁQUINA!

E para poder traballar sobre o tema: máquinas, mecanismos, inventos, inventores e inventoras, ...

Aquí tedes diversos enlaces a programas que tratarán de explicarnos toda a información referente ás MÁQUINAS e aos MECANISMOS:

.


.

Nesta animación atoparedes un compañeiro de viaxe:CRONOS, que vos ensinará o que aconteceu en cada época da historia.

Con ela poderedes: resolver test, clasificar sucesos,vestir diferentes persoaxes según a época, ... e o que máis nos interesa neste momento: consultar no apartado de TECNOLOXÍA os inventos, máquinas,... descubrimentos  creados en cada unha destas épocas, para así poder clasificalos temporalmente.

Neste enlace, podedes poñer o mes e día que queirades e alí teredes "o invento do día" cunha breve explicación sobre o mesmo.

Moi entretido para traballar o tema día a día!

Tamén atoparedes en youtube un feixe de vídeos sobre a historia de case todos os inventores. Por exemplo aquí tedes un da serie "Érase unha vez ... os inventores" sobre Leonardo da Vinci. Tamén tedes máis vídeos referentes ao tema no apartado de VÍDEOS do recanto de 5º

(2012-2013) Polo Nadal

Durante este último mes de Decembro, na aula de 5º, andivemos a preparar cos nosos mestres algúns traballos, manualidades, bailes, ... para poder celebrar unha das nosas festas preferidas: O NADAL

Así...

- axudamos a decorar a entrada do noso colexio. Tiñamos preparada unha parede de cartón no espacio das escaleiras e alí desfrutamos dándolle cor a unha gran cheminea, agasallos e pino .

   

- preparamos tamén unhas botas de nadal nas nosas casas para decorar o corredor. Quedaron moi chulas, cada unha no seu estilo.

           

- Tamén cada un de nós nas clases de plástica, cortamos, cosemos e pegamos adornos para decorar a nosa propia bota de fieltro navideña.

 

Incluso lle preparamos un pompón para poñerlle no fío para colgalas. Con elas decoramos a nosa aula.

Non sempre saiu á primeira!         

Cos pasos que seguimos para preparar estas dúas cousas fixemos unha presentación entre todos na pizarra dixital da nosa clase .

 A ver se dentro de pouco vola podemos mostrar.

- Preparamos varias actuacións musicais para o Festival de Nadal:

.unha canción en inglés con compañeiros de outra aula

dúas actuacións coa mestra de música ( unha coas frautas e outra cos xilófonos )

. tamén, Carla, María e Laura prepararon unhas palabras en agradecemento ao agasallo que enviaron ao colexio a Asociación Amencer pola nosa colaboración nun acto benéfico celebrado no Auditorio de Pontevedra,  no cal participamos os nenos e nenas do grupo de Baile Moderno do colexio. 

e un baile preparado por nós mesmos.

Para decidir o tema que bailariamos empregamos en grupos os ultraportátiles, e entre varias, saiu elexida por maioría o "Racatá". Tamén puidemos ver algún exemplo de coreografía na P.D.I. coa que xa ensaiamos na clase.

- Para o último día andivemos preparando cada un de nós o seu agasallo para o seu amigo invisible. Tiña que ser algo preparado por eles, sen gastar nin un can! O máis difícil foi ter que gardar o segredo de quen lle tocara a cada un!

Primeiro fixemos unha pequena merenda navideña na aula coas cousas que trouxeramos da casa, xogamos e ensaiamos antes do Festival

e despois... repartímolos.

 

Todos quedamos encantados!

Xa só nos queda desexarvos unhas moi felices festas !

 E ata o ano que ven!

(2012-2013) Regueifas polo Magosto

Este pasado venres celebramos na nosa escola o Magosto

Para esta ocasión, ademais do mural (se pinchades nel atoparedes toda a información) que fixemos cos nosos compañeiros de ciclo, andivemos a compoñer unhas poesías ( pareados en  6º e coplas en 5º) coas palabras sobre o outono que rimaban.

Con elas preparamos unha regueifa na nosa clase e un rap na outra.

Durante a mañán deste día de festa fumos visitando todas as aulas do colexio para mostrarlles o resultado do noso traballo. Comezamos por unha das aulas de Infantil.

Alí María presentou a pequena actuación explicándolles o que íamos facer:

E comezamos...  co diálogo entre Nuria e Jose

Seguíronlles Carla e María.

 Continuaron Dani e Camiña

 Tocoulle o turno a Laura e Alex

 E rematou a regueifa co diálogo entre Borja e Virginia

Agora tocáballe o turno a os nenos e nenas de sexto co seu rap de pareados.

De alí marchamos a aula de Infantil 2, 1º, 2º, 3º e 4º. Pasou ben rápido o tempo.

O estabamos a pasar moi benRindo!

Ao principio estabamos nerviososAvergoñado , mais ao final xa lle tomaramos tanto o gusto que poderiamos seguir toda a mañánAceno. Foi unha moi boa experiencia para tod@s!

(Danos moita lástima non habelos grabado para que os podeirades escoitar a todos e todas. Fixérono realmente ben. Todo se andará)

Despois do merecido recreo participamos tamén no circuito de xogos sobre o Magosto (se pinchades nel atoparedes toda a información sobre eles) e as demais festas no pavillón do colexio, nos cales os nosos compañeiros e compañeiras de 6º eran monitores.

E ao final desta maratoniana xornada, como bo premio dun bo Magosto, as castañas asadas. Que boas!

 Ata o Magosto que ven!

(2012-2013) Traballo do Magosto

Xa que se achegaba o Magosto as titoras do terceiro ciclo decidimos facer un mural conxunto que puidese decorar o noso corredor durante este tempo.

O alumnado de preparou o fondo do mural pintando un bosque no cal estampou follas do outono pintadas coas témperas.

Os nenos e nenas de encargaríamonos de facer con follas os animais que habitarían neste bosque polo Outono.

 Coas follas que nos mandaran traer compusemos o mellor que puidemos a forma do animal que nos tocara:

 Para poder facelo algún neno e nena trouxo o debuxo da silueta do animal ou incluso xa un modelo preparado da casa para guiarse por el. Algún aínda tivo que botar a man pola ventá para coller as follas que lle faltaban!

       

Fixámolos nunha cartolina e pintámolos con cola

 E os deixamos a secar nas mesas  da clase ata que toda a cor blanca da cola desaparecese

Cando secaron quedaron así de brillantes e tesos!

O resultado final foi este. Quedou moi ben! 

 

Tamén para esta celebración preparamos unhas regueifas que fumos cantando por todas as aulas

Participamos no circuito de xogos sobre o Magosto no pavillón ( se pinchas nel atoparás toda a información e imaxes)

E comemos as castañas asadas como remate da Festa.

(2012-2013) Celebración do Samaín.

EnoxadoFESTA DO SAMAÍNSorprendido

Un curso máis celebramos o Samaín na nosa escola.

Este ano organizouse dunha nova maneira.

Hai que probar cousas novas!

-As novidades xa comezaron na nosa aula, posto que a decoración da clase basouse nas figuras que trouxo un rapaz de bruxas, gatos, morcegos, cabazas,... que empregamos para colgar do teito e ambientarnos un pouco durante esta semana.

-En plástica empregamos as mesmas para repasar as súas siluetas e así decorar  todas as ventás

- Tamén en informática informámonos sobre esta tradición do Samaín na nosa terra

- E o venres, día fa Festa, facendo grupo cun curso de Educación Infantil, fumos pasando por os catro talleres que tiñan organizado na escola.

. O 1º foi o taller de maquillaxe, onde ademais de pintarnos as caras, axudamos a maquillarllas aos pequenos que levabamos con nós.

 

                        Así de terroríficos quedamos algúns de nós ao remate!

Tamén alí xa fumos votando as cabazas da exposición que nos parecían máis chulas.

. En 2º lugar estivemos nunha aula de Infantil a modo de cine disfrutando de curtos de medo

. De terceiro escoitamos na biblioteca a lectura dun conto e fixemos sobre el un traballo.

. E de último estivemos nun de manualidades no que en pequenos grupos preparamos pantasmas, gatos, morcegos, marionetas de esqueletos e pequenos debuxos de monstruiños.


Tamén entre todos os nenos e nenas do colexio fomos dándolle color a un gran castelo que, ao final da xornada, sí que quedou terrorífico! Demasiadas mans pasaron por el;  mais seguro que todas disfrutaron!

Como remate, iso sí que non cambiou, xuntámonos na sala de uso múltiples para o concurso das cabazas.

Da nosa aula só conseguiu premio Alex, aínda que todas estaban xeniales, coma sempre.
As gañadoras foron...

Só faltaron os sustos polos corredores dos anos anteriores...

Mais é que metían demasiado medo!  OU NON !!!

ATA O PRÓXIMO SAMAÍN !!!!!

Distribuir contido