Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2022-2023) Así empregamos a aplicación do calendario, diccionario e bliblioteca online nas nosas rutinas da aula

Ao longo das xornadas, usando cadanseu carnet QR, levamos a cabo unha serie de rutinas nas que empregamos "aplicacións online", que podes atopar no recanto de infantil desta mesma web.

Usando o Encerado Dixital Interactivo (EDI), coa web do colexio, cada día o encargado entra no recanto de infantil. Xa todos e todas sabemos como facelo.

   

Unha vez dentro, segundo o que vaiamos a facer, escollemos unha ou outra icona, que nos levarán as respectivas aplicacións

  

Para que coñezades como funcionan, contámosvos de seguido como empregamos estas tres aplicacións na aula.

   

Os nosos carnets QR:

Todos e todas temos os nosos carnets QR, que creamos ó comezo de cada curso. Ademais de sevirnos como modelo do noso nome, tamén nos permite acceder ás aplicacións que empregamos na aula.

      

Tan só temos que premer no botón correspondente da aplicación e pasar o código pola cámara, para que "suceda a maxia" e nos recoñeza.

  

Usamos o noso carnet tanto no calendario online, como no rexistro de libros da biblioteca de aula. Como xa vos comentamos antes, podes entrar en elas, así como no dicionario, desde o recanto de infantil.

      

Así usamos o "calendario online" para as rutinas do encargado:

En cada xornada temos un encargado, seguindo lista que temos na clase, é doado saber a quen lle toca, e canto tempo falta para que lles toque a cada un.

Porque ser o encargado é o máis importante que che pode pasar ;)

   

Cada mañá o encargado ou encargada, despois de ter accedido no recanto de infantil ao calendario, entra co seu carnet QR, para poder facer no mesmo as rutinas previas á asamblea: Ir tachando o día que toca, revisar que profes virán e que sucesos terán lugar ese día.

 

En ocasións, tamén temos que marcar determinadas datas sinaladas (aniversarios, celebracións, eventos especiais...). Deste xeito que podemos ir contando cantos días faltan para que cheguen a data.

Tamén marcamos cantos estamos na clase e cantos quedaron ese día na casa.

    

Anotamos o tempo metorolóxico que fai e a temperatura, que figura no noso termómetro da aula, para o que temos que introducir correctamente os números dos graos que sinala.  

     

Encántanos facer "tanteos", para ver quen adiviña o que vai gañando, na "carreira do tempo" cada mes; contando logo para comprobar quen acertou. Tamén observamos a gráfica das temperaturas, para ver se fai máis ou menos calor que o día anterior, e se vai subindo ou baixando.

   

O encargado completa o seu nome, ordenando as letras que aparecen todas mesturadas. Unha vez rematado contamos cantas letras ten e, se marca o número correcto, recibimos un aplauso.

    

Por último, o encargado fai un debuxo no que saia el mesmo, co que podemos ir observando como evoluciona a representación do seu esquema corporal. Sempre recibe consellos dos seus compañeiros e compañeiras para melloralo.

 

     

Encántanos premer o botón de imprimir, para poder levalo para casa, e revisar todos os que levamos feitos ata ese momento, na icona do ollo.

     

De cando en vez, comprobamos cantas veces faltamos cada un ao longo do mes. 

    

Despois da asamblea, tamén anotamos os mesmos datos nos nosos rexistros da parede, para poder telos a man ao longo da xornada.

      

   

Rexistrando os libros que levamos para casa, coa aplicación da "biblioteca online".

Os venres levamos para casa na nosa carpeta, un dos libros da biblioteca de aula. Todos eles teñen un número, que precisamos para "anotalo na aplicación online", e completar o rexistro en papel.

   

Por parellas, vamos introducindo o número do libro que escollemos na aplicación é usando cadanseu carnet QR, tal como se indicou anteriormente, rexistramos o libro que levamos. Unha vez feito xa podemos premer a icona para imprimir a portada.

   

Usamos esa portada impresa, unha vez recortada, para pegala e completar o noso rexistro en papel, onde anotamos segundo a idade, e respectando a hipótese lecto-escritora na que se atopen: o seu nome, o título do libro, o día, o número do libro...

  

Logo xa só queda metelo na carpeta e levalo para casa. 

Á volta, despois do fin de semana, rexistramos ben na mesma aplicación ou coa tablet (scaneando o código QR do libro), que o estamos a devolver.

    

    

Completamos o dicionario xigante, coa aplicación de "dicionario online"

Xunto aos compañeiros e compañeiras de EI1, completamos ó longo do curso un dicionario xigante, no que anotamos as nosas palabras favoritas con cada letra.

Despois de dicir palabras entre todos e todas, imprimímolas usando a aplicación do "dicionario online", para elo temos que escribilas correctamente co teclado. Obtemos unha fotografía grande e varias pequenas (segundo se acorde).

   

Pegamos a imaxe grande no dicionario xigante, escribindo debaixo a palabra.

   

Empregamos as pequenas, que temos que recortar, para pegalas no dicionario individual, que comezamos en 3 anos e rematamos en 5 anos, de xeito que podemos observar a nosa evolución e maduración lecto-escritora co paso do tempo.    

   

Para escribir as palabras, das imaxes que pegamos (segundo a idade), usamos o modelo que escribíramos antes no dicionario xigante.

     

As aplicacións online empregadas atópanse en www.recursoseducativos.net, web creada polo mestre de EI2, que están dispoñibles de forma gratuita, para seren empregadas por calquera que as precise na súa aula, xunto con moitas outras.

(2022-2023) E ademais, no mes de outubro, sucedeu todo isto en Infantil 2

No mes de outubro, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

27/10/22: [Infantil xuntos] (2022-2023) Polo Samaín enchemos o corredor de arañas e participamos nuns obradoiros terroríficos 
21/10/22: [Infantil xuntos] (2022-2023) Así celebramos os aniversarios do mes de outubro 
13/10/22: (2022-2023) Xa temos os nosos equipos cooperativos organizados. Queres coñecelos?

Pero ademais tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:

Preparamos un novo "dicionario xigante", para poder ir completándoo, cada semana, coas nosas plabras favoritas.

    

Empregando a aplicación online do dicionario, escollemos cada semana as nosas palabras favoritas dunha letra, imprimindo unha imaxe en grande que pegamos no dicionario xigante. Tamén imprimimos o número que acordemos da mesma imaxe "en pequeno", para poder usalas no noso dicionario individual.

  

Polo día das Bibliotecas participamos nunha charla, organizada polos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º,  sobre o usuo da mesma; posto que son os "axudantes" oficiais.

  

Creamos unhas máscaras terroríficas, que levamos para casa, como complemento a todo o traballo feito polo Samaín, que xa vos contamos nas entradas anteriores.

     

Participamos no pintado do mural, xunto cos restantes compañeiros e compañeiras do colexio, onde se instalará o rocódromo.

      

Desenvolvimos as nosas habilidades creativas pintando con témpera.

Algunhas veces de modo libre...

  

... e outras estampando obxectos que tiveran determinadas figuras xeométricas, como círculos.

  

Continuamos a traballar en equipos cooperativos, facendo a correspondente avaliación figuro-analóxica ó rematar cada sesión de traballo. 

   

(2022-2023) Xa temos os nosos equipos cooperativos organizados. Queres coñecelos?

Por fin chegou o momento de organizar os primeiros "equipos cooperativos" deste curso, neles traballaremos en determinados momentos, para chegar a acordos de forma dialogada e así "acadar a tarefa proposta".

    

Cando cada quen soubo en que equipo lle correspondía estar, chegou o primeiro "encargo" para cada un deles: Chegar a un acordo do nome que tería o seu equipo. Todos e todas, dentro do equipo, tiñan que estar dacordo coa decisión tomada.

Despois dun "tempo de debate", nuns casos máis longo que noutro, este foi o acordo ó que chegou cada un deles.

   

Equipo "PERROS SALCHICHA".

   

Equipo "OVELLA".

       

Equipo "CABALO".

    

Tomada a importante decisión de saber como se chamaría cada quen, o seguinte foi acordar de cor pintarían o seu "penel de equipo". Unha vez feito, tiveron que acordar como poder pintalo entre todos e todas, coordinando os seus movementos, de xeito que todos e todas participasen no traballo.

      

Cos paneis xa secos, ao día seguinte, cando voltamos a organizarmos "en equipos", comezamos a completar cadanseu panel:

Pegando a foto: Cada equipo tivo que decidir quen se levantaría a collela, así como que farían con ela os restantes integrantes do mesmo. Sempre falando e chegando a un acordo.

   

Pegar o nome do equipo panel: Escollendo o que se correspondía entre os que había dispoñibles. Acordando como ir organizando no espazo dispoñible, todos os elementos a incluír no panel.

         

Escribir, buscar e imprimir unha imaxe "representativa do equipo": Usando o panel como referencia, non foi dificil escribir correctamente a palabra, para atopar imaxes onde escoller. 

O que non resultou tan "doado", foi escoller, de forma acordada, que imaxe quería cada equipo ;)

 

          

Coas imaxes pegadas nos paneis, quedaron listos para usalos no taboleiro de "avaliación figuroanalóxica".

   

Velaquí podde ver como quedaron, unha vez rematados, os paneis dos tres equipos. Cos nomes dos integrantes escritos no mesmo.

    

Rematado este primeiro traballo en equipo, chegou o momento de que cada un fixera a "auto-avaliación figuroanlóxica", escollendo de forma dialogada e acordad, que "icona pegar" nos diferentes apartados:

  • Traballamos todos
  • Chegamos a acordos falando
  • Recollemos o material
  • Rematamos a tempo.

     

A partir de agora, usaremos estes equipos para traballar en diferentes momentos, por exemplo nalgúns pasos das investigacións (proxectos de traballo), nos experimentos... 

Seguro que leredes sobre eles en futuras entradas publicadas neste blog.

   

(2022-2023) E ademais, no mes de setembro, tamén sucedeu todo isto en Infantil 2

No mes de setembro, nas primeiras semans deste curso, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

 

Pero ademais tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:

Nos primeiros días axudamos ós novos compañeiros e compañeiras a descubrir todo o que podíamos facer na aula, establecendo novas relacións de amizade e complicidade con eles e elas.

 

    

Comezamos a levar a cabo as rutinas diarias da aula: lavado de mans, merendas, momentos de xogo, recoller o material... 

    

Creamos os nosos carnets QR, que empregaremos todo o curso para as rutinas do encargado, no calendario online, ou o préstamo de libros para casa coa aplicación online. Ambas podes atopalas no recanto de infantil desta mesma web.

      

Por quendas comezamos a completar as responsabilidades cando nos toca ser encargados: completar o calendario online, os rexistros da clase, darlle a comida á tartaruga "Raio", organizar a fila...

   

    

Creamos as nosas bandexas para a merenda, escollendo a imaxe que máis nos gustaba.

          

Organizamos o material da aula, aprendendo e lembrando como usalos e onde gardalos, para poder usalos todos e todas.

   

Cambiamos a foto de grupo que temos na porta, para incorporar ós novos compañeiros e compañeiras. 

   

Todos e todas asinamos na mesma, de seguro que nos sorprende ver os nosos nomes escritos "deste xeito", dentro dunhas semanas. 

      

E tamén creamos unha foto "máis peqena", para levar ás nosas casas, nas que escribimos o nome dalgún dos nosos "amigos e amigas" e "INFANTIL 2".

     

Comezamos a levar os venres, libros da biblioteca de aula para casa, usando os nosos carnets QR na aplicación online de préstamos; coa que podemos conseguir a portada, escribindo o número do libro...

   

... para usala logo no rexistro en papel. 

      

Finalmente tamén completamos un horario con "mini-fotos", dos mestres e mestras que veñen a nosa aula cada día.

    

Agora xa o temos nas nosa casas. Así podemos saber que sucederá cada día antes de vir ó colexio.

   

Nas vindeiras semanas continuaremos contándovos todo o que vaia sucedendo na nosa aula: como organizaremos os equipos cooperativos, que investigación queremos comezar, como participamos na festa do Samaín e do Magosto.

(2022-2023) Acordamos as normas da aula: dramatizámolas para crear un panel con elas

Despois duns días na aula, adicamos unha semana a decidir e actualizar o "panel das normas" da aula.

O primeiro foi decidir, a través do diálogo entre todos e todas, cales son as "cousas" que sí podemos, ou non podemos, facer na clase.

Unha vez decididas, e dictadas ó profe, preparamos o panel das normas pintándoo con témpera por equipos. Tivemos que chegar a acordos para "non mesturar as cores" e coordinar os nosos movementos.

    

Co traballo rematado, e mentras secaba o panel, adicamos un anaco a limpar as mesas que empregaramos para pintar. 

 

     

Tamén tivemos que "dramatizar" cada unha das normas acordadas, tomando "unha fotografía de cada unha delas" para, unha vez imprimidas; poder ir pegándoas no panel de cores que pintáramos entre todos e todas.

Novamente tivemos que acordar, a través do diálogo, onde poñer cada unha delas, contándoas a medida que as engadíamos ó panel.

      

Coas fotos xa pegadas, o seguinte foi "escribir" o texto da norma que se correspondía a cada unha delas.

        

Así quedou o panel das normas unha vez rematado.

   

Para poder explicar as normas ás nosas familias, fixemos a nosa versión "individual" das mesmas, pegando as fotografías na mesma orde e cor, en que se atopaban no panel.

      

Pegando algúns textos, e escribindo outros, rematamos tamén o noso panel de normas individuais.

      

Agora xa temos as nosas normas, decididas entre todos e todas, listas para seren consultadas cando as precisemos.

      

   

(2022-2023) Xa estamos aquí de novo. Queres coñecer aos novos compañeiros e compañeiras?

Rematadas as vacacións de verán, e despois de despedirnos dos compañeiros e compañeiras que marcharon a primeiro; damos a benvida aos catro novos amigos e amigas, que vivirán connosco unha chea de aventuras.

Un saúdo para todos de :

GERMÁN - BREIXO - NORA - JOEL -  CARLOTA - VALERIA - XOEL - ELOY  -  KARINA  - VALENTINA  e do profe ÓSCAR

  

Nos vindeiros días comezarmos a contarvos todo o que suceda na nosa aula de Infantil 2... permanecede atentos a este blog.

    

(2021-2022) Ata setembro e bo verán para todos e todas!

Aquí rematan as entradas neste blog por este curso, vémonos en setembro con forzas renovadas e algúns novos compañeiros e compañeiras, cos que viviremos máis aventuras.

   

Xa non estarán connosco os máis maiores, que marchan cara primeiro, ós que queremos darlle unha gran aperta e desexarlles moita sorte. Non esquezades voltar de visita de cando en vez.

   

Unha aperta moi grande para todos e todas, e grazas a vos, as súas familias, pola colaboración que tivéstedes ó longo de todo o curso.

Vémonos en setembro.

Bo verán!!!

(2021-2022) E ademais en xuño, antes de rematar o curso, sucedeu todo isto en Infantil 2

No mes de xuño, antes de rematar o curso, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

23/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Despedimos aos compañeros e compañeiras que marchan para primaria cun vídeo. Queres velo? 
23/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Celebramos os aniversarios do verán... por adiantado. 
20/06/22: (2021-2022) Rematamos o noso dossier da investigación sobre os "cans salchicha". Quieres ver como nos quedou? 
17/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Atopamos un tesouro escondido, seguindo as pistas dun mapa 
17/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Así celebramos o aniversario do mes de xuño 
17/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) As familias de Infantil crean... álbumes de fotos 
07/06/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Viaxamos a Santiago de Compostela, para coñecer a catedral, e pasalo de medo en Diviert-Park

      

Pero ademais tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:

Elaboramos o noso boletín de autovaliación, para levar para casa.

 

        

Creamos o noso programa de radio, que emitimos en "Radio Cervo", a radio escolar do colexio.

Podes escoitar aquí "A nosa versión da Mosca chosca".

     

Rematamos o noso diccionario xigante, e o dicionario individual, coas nosas palabras favoritas. Xa o podíamos levar para casa e ensinarllo ás nosas familias.

   

Levamos a cabo o último experimiento do curso "Os osiños de gominola mutantes

   

Anotando as nosas observacións no caderno de campo, que tamén levamos para casa. 

  

Lembra que podes ver ós vídeos de tódolos experimentos que creamos, dos que facemos na aula desde aquí.

      

Asistimos a unha actuación da banda de música de Campo Lameiro.

      

Preparamos a sesión de cine que tería lugar no colexio, preparando as bolsas de gusanitos para todo mundo.

          

Puidemos degustalas durante a proxección da película:

    

Algúns compañeiros de 5º e 6º viñeron a lernos unha chea de contos.

       

Ultimos momentos para o encargado no calendario online, rematamos de tachar tódolos días do curso.

     

Participamos nun obradoiro de decoración de bolsas, organizado pola Biblioteca do colexio.

    

Usámolas para levar para casa todos os traballos feitos ó longo do curso.


(2021-2022) Rematamos o noso dossier da investigación sobre os "cans salchicha". Quieres ver como nos quedou?

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

05/11/21: (2021-2022) Comezamos a noso primeiro proxecto de traballo do curso. Imos investigar sobre os “cans salchicha"

08/12/21: (2021-2022) Recibimos información e atopamos a primeira resposta na nosa investigación sobre os cans salchicha

14/03/22: (2021-2022) Continuamos a atopar respostas na nosa investigación sobre os "cans salchicha"

06/05/22: (2021-2022) Xa temos tódalas respostas na nosa investigación sobre os “Cans Salchicha”. Chegamos á metade do camiño

03/06/22: (2021-2022) Rematada a investigación... xa podes ver o noso documental sobre os cans salchicha

Rematada a investigación sobre os "Cans Salchicha" e coa película-documental xa creada, tal como comentamos nas entradas antes publicadas, chegou o momento de completar o noso dossier invidual.

    

Nel contamos, co paso dos días, todo o que descubrimos ó longo da investigación, e que tiñamos plasmado no mural do proxecto.

Se queres ver como quedou un dossier rematado, como o que cada un levou para casa, podes facelo de seguido.

  

  

   

(2021-2022) No mes de maio, tamén sucedeu todo isto.

No mes de maio, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

03/06/22: (2021-2022) Rematada a investigación... xa podes ver o noso documental sobre os cans salchicha 
27/05/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Así celebramos os aniversarios do mes de maio 
26/05/22: (2021-2022) Este guante ten vida!. Queres velo no vídeo do noso último experimento? 
20/05/22: [Infantil xuntos] (2021-2022) Visitamos e participamos nun obradoiro do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

     

Pero ademais tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:

Participamos nas "Lecturas na carballeira", organizada pola biblioteca do centro, xunto cos compañeiros e compañeiras do colexio.

Alí recitamos un fragmento dunha poesía do autor homenaxeado no "Día das letras galegas".

   

 

Continuamos a completar o noso dicionario xigante e dicionarios individuais... estamos a piques de rematalo.

     

O encargado continou cada día a seguir exercendo as súas funcións, entre outras as do "calendario online".

     

Continuamos a coidar a nosa segunda plantación de leitugas no invernadoiro, que nesta ocasión serán levadas para casa polos compañeiros e compañeiras de Infantil 1.

   

Despedímonos de EVAN, unha das nosas tartarugas, que era tan grande que xa non podía vivir na clase... continuamos eso si, coidando a RAYO, a outra tartaruga que sigue connosco.

    

Preparamos un mural na "Semana das Letras galegas", onde escribimos un poema do autor homenaxeado "Florencio Delgado".

   

Este mural tamén estivo presente na nosa participación nas "Lecturas na carballeira", que xa vos comentamos anteriormente.

 

     

A nai de MATIAS,  o noso compañeiro de Infantil 1, estivo na nosa clase dentro da proposta "As familias crean", para ensinarnos a facer unhas manualidades moi chulas.

    

Asistimos a unha charla sobre o "deporte adatado", grazas a asociación "Amizade".

        

Continuamos a anotar os venres os libros que levamos para casa, usando a aplicación online da BIBLIOTECA DE AULA

      

E ata pintamos con "chocolate"... pasámolo xenial e estaba "delicioso".

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.