Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2022-2023) Antes de rematar o curso, tamén sucedeu todo isto na nosa aula

Nas primeiras semanas do mes de xuño, antes de rematar o curso, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

Pero ademais sucedeu todo isto que vos contamos de seguido:

Recolleitamos as nosas cenorias. Despois do moito que as coidamos ao longo das semanas, conseguimos unha colleita enorme. 

   

Cada un de nós pudo levar unha chea delas para casa. De seguro que estarán boísimas.

 

     

Rematamos o noso dicionario xigante, e os nosos dicionarios individuais (que xa levamos para casa), coas palabras favoritas elixidas entre todos e todas.

   

Preparamos a exursión ao Grove, que xa vos contamos nunha entrada anterior. 

     

Traballamos nocións temporais e espaciais cos Ozobots, uns dos robots que temos na aula. 

   

Creamos os boletíns de auto-avaliación "As novas da escola", que xa tedes nas vosas máns, onde reflexionamos sobre todo que sucedeu ao longo deste terceiro trimestre.

  

Participamos co noso vídeo sobre a contaminación no "Cervi Fest", organizado no Centro, que xa che amosamos na entrada correspondente, sobre o noso proxecto de investigación e traballo.

     

Participamos nunha sesión de contacontos fantástica...

   

... e en varios obradoiros, nos últimos días do curso. 

     

Buscamos, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o Colexio, despois de camiñar ata San Antoniño; un tesouro escondido seguindo as pistas e superando "retos emocionais".

   

    

Despedimos aos compañeiros e compañeiras que marchan para primeiro, e aos de sexto que estarán o vindeiro curso no instituto, na celebración da "graduación".

Cun baile no que participamos todos e todas... 

   

... e recibindo un agasallo de despedida. 

    

Velaquí tedes o vídeo que amosamos para despedirnos de infantil.

(2022-2023) Rematamos o noso proxecto de investigacións sobre os coches e os camions. Xa podes ver o dosier individual.

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

10/03/23: (2022-2023) Continuamos co noso proxecto de investigación sobre os "coches e camións". Atopamos respostas ás primeiras preguntas. 

27/04/23: (2022-2023) Atopamos novas respostas na nosa investigación sobre os coches e os camións. 

08/05/23: (2022-2023) Rematamos a busca de respostas na nosa investigación... xa estamos listos e listas para comezar co produto final.   

08/06/23: (2022-2023) Xa rematamos os produtos finais da nosa investigación, sobre os "coches e os camións": O lap-book e un vídeo. Queres velos? 

  

Tal como xa vos contamos anteriormente, e que podes ver nas entradas publicadas anteriormente, tan só nos quedaba por rematar o dosier individual da investigación, onde cada quen plasmaría todo o que descubrimos na nosa investigación sobre os coches e os camións.

Ao longo dos días fomos completando cada unha das partes do mesmo.

    

Nalgunhas ocasións lembrado, tras un diálogo, as respostas que atopáramos e noutras consultando mural da investigación, que contiña tódalas repostas.

O propio lap-book e o vídeo, elaborados como produtos finais do mesmo, serviron tamén para lembrar todo o que aprendéramos.

   

Despois de varias semanas por fin rematamos os dosieres, xunto a tempo de poder levalos para as nosas casas, e dar por rematado o proxecto de investigación.

       

Agora tan só nos queda pegar o mural da investigación no corredor, para que todo o mundo poida velo e consultar o que descubrimos.

     

Así quedou o dosier da investigación, unha vez rematado. Velaquí un exemplo do mesmo.

(2022-2023) Xa rematamos os produtos finais da nosa investigación, sobre os "coches e os camións": O lap-book e un vídeo. Queres velos?

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

10/03/23: (2022-2023) Continuamos co noso proxecto de investigación sobre os "coches e camións". Atopamos respostas ás primeiras preguntas. 

27/04/23: (2022-2023) Atopamos novas respostas na nosa investigación sobre os coches e os camións. 

08/05/23: (2022-2023) Rematamos a busca de respostas na nosa investigación... xa estamos listos e listas para comezar co produto final.   

   

Unha vez rematada a fase de investigación, que podes ver nas entradas antes mencionadas, chegou o momento de convertir todos eses descubrimentos, nos produtos finais que nos plantexaramos ao comezo da investigación:

  • Crear un Lap-book sobre o descuberto dos coches e os camións.
  • Crear un vídeo-documental sobre o descuberto en canto á contaminación dos coches e dos cambios, e as alternativas para evitala.

Así creamos o noso Lap-book, onde contamos todo que descubrimos na investigación, respostando ás preguntas pantexadas, e partindo o que xa coñecíamos.

   

Pouco a pouco fomos creando cada unha das partes do mesmo, ata que demos rematado co traballo

 

   

Dentro do lap-book, ademais dos tipos de coches e camións, tipos de coches segundo o seu "combustible", e explicar o que é un taller... tamén incluímos o noso propio carnet de conducir; agora que xa sabemos como se pode conseguir un.

   

Os nosos Lap-book, xa rematados, quedaron así de fantásticos:

   

    

O outro dos productos finais era crear un "documental" sobre a contaminación dos coches de combustión, e as solucións que se nos ocurrían para evitala. Este vídeo está tamén no noso lap-book, cun código QR, para poder velo cando queiramos.

Despois de acordar o que diríamos, depois de todo o que descubrimos, e quen o diría, gravámonos diante dun chroma verde.

       

Cada quen foi escollendo que poñer no fondo verde da súa parte, que tivera relación que que dicía e, entre todos e todas, que textos (títulos) engadir, así como a música que debería aparecer cando fose necesario.

   

Este documental sobre a contaminación, unha vez rematado, quedou a así de xenial:

       

Estamos aínda dando os últimos retoques ao dosier da investigación, onde estamos a reflectir todo o descuberto, que xa temos no mural da investigación, e que levaremos para casa nos vindeiros días.

Deste xeito remataremos este proxecto de traballo e investigación, contarémosvolo moi pronto neste mesmo blog.

        

   

(2022-2023) No mes de maio tamén sucedeu todo isto

Durante o mes de maio, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

28/05/23: [Infantil xuntos] (2022-2023) Así celebramos os aniversarios do mes de maio 
11/05/23: (2022-2023) Descubrimos como facer que o cartón quede pegado ao vaso neste experimento. Queres velo en vídeo? 
08/05/23: (2022-2023) Rematamos a busca de respostas na nosa investigación... xa estamos listos e listas para comezar co produto final. 

    

Pero ademais sucedeu todo isto que vos contamos de seguido:

Os encargados e encargadas, continuaron a desenvolver as súas funcións, entre outras sinalar as datas mas significativas no calendario online, e facer as rutinas e rexistros.

     

Continuamos a usar o composteiro do colexio, cos restos das nosas merendas.

     

O "dicionario xigante" e os nosos dicionarios individuais están a punto de estar completos, coas nosas palabras favoritos.

     

cabana de bimbios xa está chea follas... xa podemos entrar nela e usala.

    

Seguimos a empregar a aplicación de préstamo de libros, para anotar os que cada venres levamos para casa da biblioteca de aula.

     

Celebramos o día das Letras Galegas, facendo un mural de libros en galego (de autores homenaxeados nesa data), para presentalo no día "de Lecturas na Carballeira"

  

   

Comeza os a levar por quendas, xunto co resto de compañeiros e compañeiras do colexio, unha nova "mochila de lecer", que estará nas nosas casas durante unha semana completa.

   

Fixemos un "ourizo lapiseiro" como regalo para as nosas nais.

   

 Continuamos a coidar as cenorias  que plantaramos no invernadoiro. Fomos regándoas ao longo dos días, xunto cos compañeiros e compañeiras de Infantil 1, e ... puxéronse enormes

    

Antes de rematar o curso, no mes de xuño, teremos moito que contarvos, como sempre neste blog.

   

(2022-2023) Descubrimos como facer que o cartón quede pegado ao vaso neste experimento. Queres velo en vídeo?

No mes de abril, un novo experimento foi o que nos fixo pensar e dialogar sobre o que se podía facer cun vaso, cun cartón e auga... cada quen plantexou as súas hipóteses do que se podía facer e que sucedería.

 

Cada un dos equipos, empregou o diálogo, para chegar ao acordo de como levar a cabo o experimento, participando todos e todas. O cartón quedaba pegado e a auga non caída do vaso.

   

Puxéronse mans á obra para seguir os pasos do mesmo e conseguiron repetir o resultado.

 

      

O equipo CABALO, encargado de grabar o video explicativo deste experimento, creou o panel de materiais para usar no mesmo. Tamén acordou as funcións de cada un e que dirían para explicar o experimento.

   

Así de xenial quedou o noso vídeo contando como facer este experimento. Que che parece?

      

Plasmamos este último experimento do curso no noso caderno de campo.

     

Avaliamos o traballo en equipo usando os paneis de "auto-avalición figuroanalóxica", acordando entre os e as integrantes do equipo que "cariñas poñer".

     

Podes ver os anteriores vídeos que creamos,  de  cada un dos experimentos deste curso, na seguinte ligazón.

Experimentos do curso 2022-2023

  

  

(2022-2023) Rematamos a busca de respostas na nosa investigación... xa estamos listos e listas para comezar co produto final.

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

10/03/23: (2022-2023) Continuamos co noso proxecto de investigación sobre os "coches e camións". Atopamos respostas ás primeiras preguntas. 

27/04/23: (2022-2023) Atopamos novas respostas na nosa investigación sobre os coches e os camións. 

   

Quedaban só dúas preguntas por respostar, sobre os coches e camións, para dar por rematada a investigación e a primeira parte do noso proxecto.

    

En gran grupo descubrimos quen inventou os coches, visionando un vídeo que tiñamos no recanto online da información.

 

 

Plasmámolo no mural facendo unha "liña do tempo", onde fomos pegando cada un dos fitos máis importantes, na invención do coche ata a actualidade. 

   

Con esta resposta xa atopada, abordamos a última que tiñamos escrita no mural: Onde se arranxan os cochea avariados?


A partir do diálogo entre todos e todas, usando imaxes de internet, chegamos a unha serie de conclusións que daban resposta a esta pregunta.

   

Contámolo no mural, para dar así por rematada a investigación

      

Así quedou reflexado no mural:

  

Tan só nos quedaba, voltar á lista do que xa sabíamos ao comezo da investigación, para descubrir como cambiaron as  nosas ideas iniciais (reorganizamos-reconstruímos os nosos esquemas cognitivos), e poder "correxir" os erros.

       

O noso mural da investigación por fin estaba rematado e completo, coas respostas de tódalas preguntas que nos plantexáramos.

   

     

Podes ver, máis polo miudo, como contamos a resposta a cada pregunta no mural, no seguinte vídeo.

   

Coa investigación xa rematada, chega o momento de crear os produtos finais que nos plantexaramos ao comezo: Facer un lap-book e grabar un pequeno documental.

Sen esquecernos de crear o dosier individual, traballos estas que nos levará ata final de curso.

Contarémosvolo, como sempre, en futuras publicacións deste blog.

 

   

  

(2022-2023) E ademais... no mes de abril sucedeu todo isto en infantil 2

Durante o mes de abril, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

   

Pero ademais, tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:

Os encargados e encargadas, continuaron a desenvolver as súas funcións, entre outras sinalar as datas mas significativas no calendario online, e facer as rutinas e rexistros.

Durante a semana do libro participamos en diferentes actividades como: sesións de contacontos...

  

... ou intercambios lectores.

     

Continuamos a escoller as nosas palabras favoritas completando o "dicionario xigante" e os nosos dicionarios individuais.

   

   

A cabana de bimbios xa ten follas... e está case lista para poder entrar nela. 

      

Continuamos a participar nos obradoiros, sobre educación emocional, organizados pola psicóloga Gloria.

      

Continuamos a coidar as cenorias  que plantaramos no invernadoiro. Fomos regándoas ao longo dos días, xunto cos compañeiros e compañeiras de Infantil 1, e ... xa comezaron a aparecer e medrar.

    

Seguimos a empregar a aplicación de préstamo de libros, para anotar os que cada venres levamos para casa da biblioteca de aula.

   

Continuamos a levar por quendas, xunto co resto de compañeiros e compañeiras do colexio, a "mochila de lecer", que estará nas nosas casas durante unha semana completa.

     

Coa chegada do bo tempo, comezamos a merendar fora de cando en vez.

      

Exploramos a nosa creatividade usando diferentes técnias para pintar con témpera.

   

Ao longo do vindeiro mes, en maio, xa vos iremos contando neste mesmo blog todo o que vaia sucedendo nosa aula.

     

 

(2022-2023) Experimentamos para crear unha explosión de cores no leite

Este mes experimentamos con leite, colorante alimentario e xabón... que poderíamos facer con todo este material?.

Como sempre fomos plantexando hipóteses de que poderíamos facer, e que sucedería. 

     

Todos e todas xuntos e xuntas descubrimos que o xabón, cando entraba en contacto co colorante sobre o leite... "facía unha explosión", e espallábanse por todo o prato.

      

Cada un dos equipos, tras dialogar para organizarse e poñerse dacordo, repetiu os pasos do experimento para verificar que sucedía o mesmo sempre. 

 

     

E así foi, todos os equipos deron reproducido o exprerimento sen problema.

 

   

Rematado o experimento, e unha vez organizado o seu lugar de traballo; cada un dos equipos levou a cabo a auto-avaliación figuro-analóxica do seu funcionamento como equipo. 

    

Anotamos este experimento no noso caderno de campo invidual.... xa levamos 5 experimentos feitos neste curso.

      

Nesta ocasión, os compañeiros e compañeiras de Infantil 1 foron os encargardos de crear o vídeo do experimento, podes velo, así como os anteriores deste curso, na seguinte ligazón.

Experimentos do curso 2022-2023

      

No vindeiro experimento será un dos equipos da nosa clase,  Infantil 2, quen se encargue de grabalo.

   

(2022-2023) Atopamos novas respostas na nosa investigación sobre os coches e os camións.

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

10/03/23: (2022-2023) Continuamos co noso proxecto de investigación sobre os "coches e camións". Atopamos respostas ás primeiras preguntas. 

   

Durante as últimas semanas continuamos a investigar, no noso proxecto de investigación sobre os coches e camións, para atopar as respostas a algunhas das preguntas que tiñamos pendentes.

Nesta ocasión comezamos investigando en equipos.

Os e as integrantes do equipo OVELLA foron os encargados e atopar a resposta á pregunta "QUE PASAN CANDO COCHAN?", para o que empregaron un dos vídeos que tiñamos no noso recanto online da investigación.

     

Acordaron como plasmalo no mural, pegaron as imaxes que escolleran e escribiron os textos dos descubrimentos.

 

    

Así quedou reflexada a resposta a esta pregunta no mural da investigación. 

   

Pola súa banda, o equipo "PERROS SALCHICHA", encargáronse buscar a resposta á pregunta "QUE PASA CO FUME DOS COCHES", usando outro dos vídeos do recanto online da información.

 

   

Novamente acodaron como plasmar as respostas no mural, e organizaron o traballo para participar todos e todas.

      

Así contaron a reposta que atoparon no mural da investigación.

 

     

Por último o equipo "CABALO", empregou as fotocopias e documento impresos que recibíramos por e-mail, para atopar diferentes TIPOS DE COCHES QUE EXISTEN.

Foron recortándoos e pegándoos no mural, escribindo debaixo de cada un o sue nome.

 

    

Deron atopado todos estes tipos de coches.

         

Para investigar "QUE SE PODE CONDUCIR CO CARNET", todos xuntos visualizamos varios vídeos e consultamos, coa axuda do profe, diferentes páxinas web.

Descubrimos que no carnet de conducir, ten marcado que tipo de vehículos podes conducir, pero antes tes que facer dous exames para poder conseguilo. 

 

     

Así o contamos no mural da investigación.

 

   

Fomos anotando, no lugar correspondente, quen se foi encargando de investigar cada unha das preguntas.

    

Con todas estas novas respostas, tan só nos quedan dúas preguntas para rematar a investigación. O noso mural está cada vez máis cheo de respostas e descubrimentos.

      

Irémosvos contando neste mesmo blog, como rematamos a nosa investigación nos vindeiros días, buscando a resposta ás últimas preguntas que nos quedan.

Tamén vos contaremos como comezamos a elaborar os dosieres indiviudais, es os "productos finais" que nos plantexaramos ao comezo do mesmo.

      

(2022-2023) Durante os meses de febreiro e marzo tamén sucedeu todo isto en Infantil 2

Ao longo das semanas dos meses de febreiro e marzo, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

Pero ademais, tamén tivo lugar todo isto, que vos contamos de seguido:

Os encargados e encargadas, continuaron a desenvolver as súas funcións, entre outras sinalar as datas mas significativas no calendario online, e facer as rutinas e rexistros.

    

Particiamos, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio, na construción da nosa cabana de bimbios.

       

Reciclamos e usamos o composteiro do colexio, para depositar os restos orgánicos, que non ían ao resto dos contenedores de cores. 

      

Continuamos a escoller as nosas palabras favoritas completando o "dicionario xigante" e os nosos dicionarios individuais.

    

Participamos na primeira sesión do obradoiro sobre as emocións, con Gloria.

   

Para conmemorar o 8M (Día da muller), xunto co resto de compañeiros e compañeiras do colexio, investigamos e creamos un panel informativo sobre unha muller relevante na defensa da natureza. No noso caso descubrimos todo o que fixo Jane Goodall

      

E tamén descubrimos a quen investigaron o resto de compañeiros e compañeiras.

   

Seguimos a empregar a aplicación de préstamo de libros, para anotar os que cada venres levamos para casa da biblioteca de aula.

   

Continuamos a levar por quendas, xunto co resto de compañeiros e compañeiras do colexio, a "mochila de lecer", que estará nas nosas casas durante unha semana completa.

 

Polo día da Poesía, intercambiamos poemas, escritos coa axuda das nosas familias, cos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de primaria.

   

     

Creamos un agasallo para as nosas familias polo Día do Pai.

     

Regalámonos "cocholitanas" da amizade polo día de San Valentín, comentando algo "positivo" do compañeiro ou compañeira que nos tocou por sorteo.

     

Exploramos a nosa creatividade usando diferentes técnias para pintar con témpera.

     

Sementamos cenorias no invernadoiro, irémolas coidando ao longo das semanas para que vaian medrando.

  

Completamos cadanseu boletín de auto-avaliación, onde lles contamos ás nosas familias todo o que fixemos neste trimestre.

 

Para completar unha das partes, creamos uns vídeos onde cada que comentaba aspectos positivos dos restantes compañeiros e compañeiros. Engadimos un código QR no boletín de autovaliación, para puidese abrirse desde casa e puideran ver o vídeo de cada un de nos.

   

De seguido podes ver tódolos vídeos xuntos, onde contamos o que pensamos dos nosos compañeiros e compañeiras

   

Estrenamos, cun xogo de memoria, o novo panel interactivo que instalaron na nosa aula xunto antes de rematar este trimestre.   

   

Á volta desta semana de vacacións continuaremos a contarvos todo o que sucede na nosa aula. Aínda nos quedan moitas sorpresas e aventuras por vivir ata que remate o curso.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.