Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 1

(2016-2017) Participamos en xogos e experiencias relacionadas co rostro e o retrato

 

A raíz de recibir o retrato de Avelino Riestra e outros, profundizamos un pouco máis nas distintas partes do rostro e os seus sentidos, a través de distintos xogos e actividades.

Xogos sensoriais

Por parellas, masaxeamos as distintas partes da cara coas nosas mans, cunha esponxa, cun estropallo...diferenciando con qué material nos gustaba máis.

 

Xogos como o do túnel de lavado polo que os compañeiros conducen a outro que é o coche que se está a lavar.

adiviñando finalmente diante de que compañeiros aparcamos.

 

Participamos nun xogo sensorial de adiviñar de qué cousa se trataba que estaba partida pola metade, emparellándoa finalmente coa súa outra metade.

Eran metades totalmente iguais, simétricas.

 

A algunha delas costounos poñerlle nome, despois de tocala e incluso cheirala, ata queunha compañeira se decatou que era un trozo de candea.

Dividimos a nosa cara en dúas partes iguais, trazando cunha pintura xusto pola metade.Pois a nosa cara é simétrica.

tamén cunha actividade no papel, na que tiñamos que  compretar a outra metade debuxándoa.

 

Fotografiamos os nosos ollos, describindo a súa cor e elaborando con estas fotografías (xunto cos compañeiro/as de infantil 2)  un panel para que os compañeiro/as de primaria xoguen a adiviñar quén é cada quen.

 

 

Fotografiamos as nosas bocas en diferentes expresións, narices....e as fixemos con masa branca.

 

Nos fotografiamos de frente e de perfil e coas fotos elaboramos un xogo de parellas.

 

E montamos un recanto de maquillaxe para pousar e facernos  fotos, que utilizaríamos para facer os nosos retratos e para outras experiencias.

  

 

Ata preparamos un pequeno mural para o pousado das fotos

 

Ademáis, como o de facer de detectives na procura do guante, nos gustou tanto, outro día a profe escondeu un caramelo para cada un pola aula e tivemos que buscalos. Algúns atopábanse ben pero outros estaban moi escondidiños..

 

 

 

Vos seguiremos contando máis experiencias en torno ó rostro e ó retrato!

 

 

 

 

(2016-2017) Por un día cambiamos o papel pola mesa para pintar con témperas!

Un día a profe propúxonos unha actividade de témpera diferente, na que utilizaríamos o pincel, as mans, e as propias mesas de traballo como soporte. E a faríamos organizados por equipos.

Despois de dialogar todos os membros e consensuar as tarefas de cada un, puxémonos mans á obra.

 

Estabamos todos moi sorprendidos de que puidéramos pintar nas mesas coa témpera para transformalas en enormes cadros. Ángela xa nos dixo que isa era unha excepción porque o habitual non é pintar nas mesas senón no papel, pero nos serviría para experimentar que a arte non ten fronteiras de ningún tipo e que se pode ser creativo de moitos xeitos diferentes.

Cada equipo, coas distintas cores  e intentando respetar o debuxado ou creado polos compañeiros, creou o seu debuxo.

Nos saían debuxos moi chulos que logo co entusiasmo de pintar tamén coas mans e mesturar cores, acabábamos transformando nunha enorme mancha abstracta.

A segunda parte da actividade consistía en colocar un enorme papel branco do tamaño da mesa por riba do pintado para que todo o que pintáramos na mesa, que logo debíamos limpar, quedara reflexado e non desparecera.

Era como facer as nosas pegadas das mans.

 

E estas foron as nosas creacións. No lado esquerdo as orixinais e no dereito as estampacións.

Logo tocou deixar todo ben limpiño, por suposto!

 

Noutra sesión os equipos volvímonos xuntar para continuar coa proposta xa que estes cadros os utilizaríamos ademais de para decorar na nosa aula e con valor expositivo tamén para clasificar as distintas formas xeométricas básicas e así recordalas sempre.

Cada equipo, despois de consensuar e decidir quen sería o encargado de material e o de non berrar, elixía unha forma xeométrica e pegaba moitas figuras con esa forma e cunha cor, no seu mural: triángulos azuis, rectángulos laranxas, círculos amarelos e cadrados violetas.

Eran todas en papel adhesivo así que tivemos que exercitar tamén as nosas habilidades finas.

 

No encerado escríbiramos previamente entre todos, os nomes das catro formas xeométricas e cada equipo debía copiar o nome da súa para logo pegarllo debaixo.

Así tamén poderemos leelos.

Noutra sesión de témpera pintamos as catro formas xeométricas no noso bloc de xeito individual e tiñamos que estar moi atentos para pintar cada unha da súa cor. Pero como as tiñamos nas paredes da entrada a clase, si nos despistábamos ou olvidábamos só tiñamos que ir a observalas para recordar.

(2016-2017) Recibimos un paquete misterioso que nos inicia nunha nova aventura

Hai un tempo, un día, estando no cole, cando volvíamos do recreo, atopámonos na aula cunha caixa.

Despois de dialogar e inferir sobre qué podía conter a caixa e quen non la podía enviar, descubrimos que dentro dela había unha bufanda, e un montón de retratos de distintas persoaxes que nunca víramos.

Cada quen explicou ós demáis de quen pensaba que podía ser esta bufanda, de entre estas persoaxes.

Antes de nada lles puxemos un nome a cada un deles e delas (algúns moi curiosos como... señor magia, capitán Manuel, o príncipe,.....) e a continuación cada quen votou quen lle parecía que podía ser o dono da bufanda.

Aproveitamos tamén para nun folio A3 deixar reflexadas estas votacións, discriminando cada foto do noso papel nos retratos do encerado e anotando a cantidade de votos. Os máis pequenos rodeamos cada unha das fotos das persoaxes.

 

Pasados uns días, recibimos no noso buzón unha carta...

de quen sería?? 

Resultou ser unha das persoaxes que nos chegara e se chamaba Avelino Riestra.

 Era a persoaxe que obtivera máis votos, 3 en total.

Na carta nos contaba que un día viñera a visitar o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro e paseando polo pobo perdeu un dos seus guantes brancos, que ten dende que é moi xoven e era moi importante para él recuperalo.

E nos pedía axuda, a ver si nós o podíamos atopar, que a nosa escola é moi grande e igual andaba preto...

Nos deixou ademáis un enderezo, no museo de Pontevedra, pois él pasa moito tempo no museo.

 

Por suposto, nos apuntamos á procura do guante!

Escribimos unha carta respondéndolle que sí o axudaríamos e lla entregamos na dirección para que cando viñera a carteira a levase.

Alí estaba a profe Chus, que lle puxo o selo do colexio e a agardou para entregarlla a Marga.

 

Eses días non paramos de buscar no parque infantil e tamén por algúns recantos que nos parecía ver de lonxe o guante..

Por todas partes nos parecía que andaba a pegada que deixara o guante..

aparecería finalmente o guante?

 Vos seguiremos contando qué sucedeu ó final e si o atopamos.

 

(2016-2017) Algunhas cousiñas que pasaron en outubro na aula

   

Vos contamos algunhas cousas que aconteceron na aula no mes de outubro.

Como sempre facemos, exploramos, observamos, manipulamos algúns elementos do contorno natural propios desta estación, para falar sobre elo, establecer relacións, facer comparacións, asociacións e verbalizar as nosas vivencias, opinións e emocións.

As castañas e os ourizos, aprendendo de paso algunha rimiña e poesía sobre elas.

Do patio trouxemos moitas follas

de distintos tonos e tamaños, que logo clasificamos en tres grupos: grandes, medianas e pequenas. 

Para dispoñer delas e calquera momento do día, construíndo e creando, e decorándoas.

 

Noutra ocasión chegounos á aula un paquetiño, máis ben unha bolsiña pechada. Aproveitamos a situación para "xogar a pensar" e facer inferencias sobre o que podía estar dentro da bolsa, dando múltiples respostas e opcións, das que tratábamos de dicir o por qué.

Observamos a bolsa, a tocamos suavemente para non estropear o que estivese dentro, xa que todos intuímos que era algo brandiño, a movimos para ver se desprendía algún son, e ata cheiramos.

Finalmente descubrimos que dentro había.....un niño de paxaro, que alguén atopou tirado no bosque e decidiu achegárnolo á escola, resultando algo tan atractivo para calquera neno.

 

Imaxinamos a qué tipo de paxaro podía pertencer, polo tamaño, as prumiñas brancas que aíndaquedaban dentro del....finalmente descubrimos que era un niño de XIRÍN.

Ninguén sabía que paxaro era o xirín así que en google atopamos en seguida a fotografía deste paxaro e o seu canto.

 

 

Como pronto chegaría a festa do magosto, enviamos unha nota a casa pedindo as castañas, os calacús decorados e un bote de leite baleiro para facer as nosas cestas para o magosto.

As castañas foron chegando

e tamén os calacús decorados, para o que nos axudaron as nosas familias.

Aquí estamos observando todos o chulos que están...a cal votaríamos?

O último día de clases, o día da festa do magosto-samaín, a maioría de nós viñemos disfrazados, para partipar nas distintas actividades, das que xa vos falamos nunha entrada anterior (podes velas pinchando no seguinte enlace).

ASÍ PREPARAMOS E CELEBRAMOS  O MAGOSTO-SAMAÍN

Tamén colaboramos decorando o corredoiro e a entrada a clase, cunhas cortinas moi tenebrosas.

e pintando pantasmas

utilizando as follas que recollimos no patio, que pintamos con témpera branca e as que logo lle pintábamos con negro ollos e bocas terroríficos.

E morcegos, que fixemos pintando oveiras con témpera negra.

Tamén dialogamos sobre as cousas que nos dan medo,escribindo ou debuxando nunha pequena pantasmiña, ese medo, para logo botalo no come medos, que nos axudaría a facelo desaparecer.

 

Cómo nos gustou vestirnos cunha tea e dar sustos enormes ós compañeiros..

 

 

Tamén debuxamos as nosas cabazas terroríficas, levando a cabo unha votación na que participaron os compañeiros de Infantil 2

 

Co cartón de leite que pedíramos ás familias, confeccionamos a nosa cestiña para o magosto

recortando e pegando as alas, e a boca do morcego.

Tamén seguimos coas nosas sesións de pintura, nesta ocasión convertimos a pegada da nosa man e parte do brazo nunhas fantásticas árbores coas cores do outono.

 

Algúns eliximos debuxalas nós en vez de estampalas.

 Pintamos de cores un material de refugallo, cartóns de distintos grosores e tamaños, que logo cando secaron, pasaron a formar parte do noso recanto de construccións.

 

E nas sesións de psicomotricidade, ademáis de unha sesión adicada a xogos co paracaídas,

participamos coma sempre en distintos exercicios de desprazamentos, equilibrio, carreira, coordinación...

 

e manipulación e xogo con distintos materiais.

as pelotas saltarinas

 os zancos

 balón xigante,

e aros.

 

 

 

 

(2016-2017) Estreamos equipos cooperativos e estreamos experimento!

En outubro, fixemos por fin os equipos cooperativos, cos que traballaremos en determinadas ocasións.

Nos reunimos cos nosos compañeiros de equipo  

para decidir cómo nos queríamos chamar como equipo, escribir o nome  e ilustralo.

Nuna sesión posterior, buscamos en google unha imaxe que se correspondese co noso nome, para imprimila e pegala no noso panel de equipo, e compuxemos o nome con letras móviles.

Estes son os equipos e os compoñentes de cada un.

                                  SERPIENTES

 

                                 TIGRE LEÓN

 

                          CAMPO LAMEIRO

 

                                CÁRCEL

 

Feitos xa os equipos cooperativos, comezamos os experimentos do ano, neste caso o do mes de outubro, que nós lle chamamos "AUGA DE CORES", unha vez visto o que sucedía.

Como sempre facemos, pensamos en diferentes alternativas cos materiais que Ángela nos presentaba, elaborando hipóteses.

Nesta ocasión non era difícil inferir que con auga, m&ms e un prato, levaríamos a cabo unha experiencia sobre a "disolución".

Separamos os m&ms por cores, colocándoos despois de xeito alterno, levando a cabo unha"serie" no prato en forma de círculo; tiñamos que estar moi atentos para colocar a cor correspondente, engadimos a auga e...a esperar...

Había outras alternativas para colocalos de diferentes maneiras e combinando as cores; diso dependía o resultado final.

                           

Cando a un compañeiro se lle caíron unhas gotiñas de auga no prato das de cor vermello, observamos que inmediatamente as pingas se tinguían de vermello. Tamén observamos que só a parte que estaba en contacto coa auga se volvía branca. Pensamos en qué outras cousas podían ser disolubles e cales non.

Agora nos tocaba a nós levar a cabo o experimento cos equipos.

E rexistramos o proceso, os materiais e o nome no noso dossier dos experimentos.

En novembro faremos o seguinte!

 

(2016-2017) Así foi esta primeira semana de outubro

 

Esta semana xa demos rematado o noso horario xigante, que o colocamos enriba da pizarra, na zona onde facemos as rutinas de encargado. Así poderemos anticipar todas as actividades sen problema.

Despois de facer os nosos horarios semanais individuais, tamén elaboramos un pequeno libriño no que pegamos as normas de aula, que decidimos entre tod@s.

-FALAR BAIXIÑO, SEN DAR BERROS.

-ESCOITAR CANDO OUTROS FALAN.

-RECOLLER O MATERIAL NO SEU SITIO.

-ANDAR A MODO POLA CLASE, SEN CORRER.

-LEVARNOS BEN (NON EMPURRAR, PEGAR, PELEXAR...).

-COIDAR OS XOGUETES.

Os mariores recortamos e pegamos e escribimos con modelo cada unha das normas, mentres que os máis pequenos, as recortamos, con axuda,  e pegamos.

 Neste mes tamén comezamos coa actividade conxunta con Infantil 2 do diccionario.

A protagonista era a letra A, e este curso os profes levaremos unha palabra e a correspondente foto de pobos e lugares de Campo Lameiro, Pontevedra ou Galicia. Nesta ocasión a palabra era Alende. O coñecedes verdade?

Unha vez propostas todas as palabras polos compañeiros de 4 e 5 anos, as repartimos entre as dúas clases e na nosa aula fomos elixindo qué palabra queríamos escribir e sacar a fotografía da aplicación informática (ademáis de imprimir varias fotografías pequeniñas para o noso diccionario individual). "Diccionario", que está na web de Infantil.

 Impresa a fotografía e escrita a palabra en papel a pegamos no noso diccionario xigante.

 

E xa noutra sesión, eliximos varias desas palabras para escribir nel xunto coa fotografía.

 

Tamén comezamos esta semana coa actividade de títeres, na que tras unha colorida tea, os compañeiros por parellas ou grupos pequenos, representan libremente coas marionetas, historias divertidas, e espontáneas, que lles van xurdindo no momento.

  Máis adiante, a proposta complicarase un pouco, tendo que xirar a representación en torno a un tema proposto por Ángela e noutras ocasións decidido entre todos.

 

Tamén continuamos coas nosas sesións de psicomotricidade, nas que os máis pequenos van entendendo as rutinas desta actividade e deste espacio así como as normas para estar nel axeitadamente.

Como esta semana estábamos coa letra A, unha compañeira encargouse de colocarnos a todos formando unha A enorme.

Tamén fixemos carreiras de diversos tipos, como nesta que debíamos arrastrarnos por debaixo dun banco, chegar ata as gradas e ó regreso saltar ou pasar por riba do banco.

 

 Diferentes tipos de desprazamentos, nos que a coordinación e o equilibrio son fundamentais.

Desprazamentos feitos en torno a historias fantásticas, nas que os animais salvaxes son os protagonistas e debemos desprazarnos con moito coidado porque nos acechan (cun pe de cada vez en cada aro, sen tocar por fora, saltando os aros cos pes xuntiños...).

E con actividades de arrastre e gateo, para exercitar ben e coordinar axeitadamente as distintas partes do corpo.

 

Nesta próxima semana renovaremos o noso recanto de reciclaxe, que tanto o botamos en falta; faremos o noso primeiro experimento do curso e formaremos os equipos cooperativos.

Ata pronto!

(2016-2017) Experimentando coas cores

Xa en setembro comezamos coas nosas sesións artísticas, con témpera de cores e diferentes útiles.

Unhas veces pintamos con pincel e moitas outras con outro tipo de instrumentos e útiles.Unhas veces de maneira dirixida e cun obxectivo final e outras de maneira libre e cunha idea na cabeza.

Nunha sesión pintamos con esponxas, estampando con elas

ou arrastrándoas no papel.

 

Pero o que máis nos gusta a todos e todas, por suposto, é pintar coas mans. E para isto tamén tivemos ocasión. Esta vez en gran grupo, sobre un gran papel branco.

Repartimos distintas cores por todo o papel..e...con música de fondo....a comezar!

Ademáis nesta ocasión non tiñamos que respetar o espacio onde pintaban outros compañeiros xa que era algo totalmente abstracto, unha mistura de cores e intencións.

Cómo desfrutamos coas sensacións da pintura nas mans, esbarando no papel e facendo cambiar as tonalidades e as cores que inicialmente estaban.

 

Como este mural era de todos, cando secou, decidiuse que o empregaríamos para facer sobre él a silueta das nosas pegadas

que logo recortaríamos e con elas marcaríamos o espacio onde habitualmente facemos as asembleas.

Unha vez marcada esta zona coas nosas pegadas, inicialmente decidimos que en cada unha delas, iría escrita unha palabra bonita que iríamos propoñendo. A primeira foi "amigos".

Pero noutra ocasión, e a raiz de ver a curta "Tamara" e coñecer cómo falan as persoas sordas, decidimos colocar en cada pegada unha letra do abecedario, a medida que foran aparecendo no diccionario xigante.

Así que estreamos a primeira pegada co símbolo en linguaxe de signos, da letra A.

 

 

Vos seguiremos contando!

 

 

(2016-2017) Rematamos setembro e pasou todo isto na aula

Na  segunda semana de clases seguimos visitando algunhas das dependencias e aulas do cole.

 

Estivemos cos compañeiros de 1º e 2º, pois queríamos saudar aos nenos e nenas que estaban o curso pasado na nosa aula e presentarllos aos máis pequerrechos.

Eles nos ensinaron a súa mascota, Sofía.

 

Tamén estivemos na sala de ordenadores, e ademáis de sentarnos por parellas a practicar co ordenador e cos distintos xogos didácticos da web,

 

tamén compartimos xuntos na pizarra dixital unha curtametraxe, "Tamara", que trataba dunha nena xorda que o que máis lle gustaba de todo era bailar e o facía moi ben, a pesar de non escoitar a música, pero como opinaba unha nena de clase, o facía xenial porque "ela sentía a música na súa cabeza".

E así fixemos nós tamén, bailamos, primeiro escoitando a música

e logo sentíndoa nós na nosa cabeza..foi moi divertido.

Ademáis, xogamos un ratiño a pensar e dialogamos sobre Tamara, e coñecimos cómo falan as persoas xordas. Vimos cómo se din as letras do abecedario en linguaxe de signos, que é a linguaxe das persoas xordas. Cada quen estivo atento á súa letra e logo a buscou nun abecedario en papel.

 

Estivemos tamén no pavillón, para levar a cabo a psicomotricidade, que será todos os xoves. E ademáis de facer moitos xogos de movemento e coordinación xeral, nesta ocasión exploramos cos aros, realizando xogo libre con eles, e outras propostas máis dirixidas.

 

Tamén continuamos a elaborar o horario xigante que colocaremos enriba da pizarra e que nos permitirá anticipar cada momento da xornada.

  

De xeito paralelo fumos elaborando un dossier individual co horario para levar a casa e telo sempre ali e así saber o que toca cada día.

Os compañeiros máis maiores, axudamos na elaboración deste horario, ós máis pequeniños, escollendo con eles as fotografías de cada día e explicándolles onde debían pegalas no papel, pois había un nome para cada foto, co que as tiñan que emparellar.

 

 

Os compañeiros máis novos tamén tiveron que escoller a fotografía dos distintos profes, xunto co seu nome, e pegalas nun folio que levarán co seu horario.

 

Continuamos coa sesión semanal de pintura con témpera e con distintos útiles e materiais. 

 Nesta ocasión a creación era libre, a partir de cinco cores, tratando de lavar ben o pincel no vasiño de auga cando cambiásemos de cor.

Tamén participamos na elaboración dun mural xigante, no que pintamos coas mans, que vos ensinaremos noutra entrada.

Ademáis, aproveitamos calquera feito, suceso do día a día, como recurso para aprender significativamente.

Ángela leunos a nota das actividades extraescolares que levaríamos para casa, e como nos atopábamos no martes, buscamos na nosa nota ese día, suliñándoo.

 

O noso compañeiro Lucas marchou uns días de vacacións e contounos que estivera en Granada, así que buscamos nun enorme mapa na pizarra dixital, ónde estaba esa cidade e marcou o percorrido, 

 chegando a conclusións sobre a distancia entre Pontevedra e Granada.

As clases continúan con moitas máis experiencias que vos seguiremos contando. Ata pronto!! 

 

 

(2016-2017) Así foron os primeiros días no cole

Xa transcurriu unha semana dende o comezo do cole...e vos temos que contar moitas cousas que sucederon.

Como xa vos contamos noutra entrada anterior, temos novos compañeiros, que agora serán os pequerrechos da aula. Con eles xogamos, cantamos e bailamos, colaborando así na súa integración na aula. 

Lles amosamos os distintos recantos, xoguetes, materiais, que exploraron libremente, así como o lugar ónde gardalos.

Contamos contos, visitamos algunhas das aulas do cole, lles presentamos aos profes que virán á nosa clase...e un montón de cousas máis que foron transcurrindo nesta primeira semana de adaptación, tamén para os veteranos, pois o vran foi longo e precisamos un tempiño para volver ás rutinas.

Aquí vos deixamos algunhas fotos deste momentos.

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén fixemos as nosas primeiras creacións...que imprimiremos e pegaremos no corcho para desfrute de todos, especialmente dos artistas.

 

 

Visitamos algunhas das aulas do cole, a de música e informática, o pavillón..

 

a sala de mestres...

 

Ademáis, como este vran pintaron a nosa aula, tivemos que refacer moitos paneis e carteis, que se sacaron para pintar e que xa estaban velliños.

Así que colaboramos na elaboración, listados, e paneis do recanto de rutinas do encargado.

 

e así  poder comezar a facer as rutinas de encargado.

 Á nosa compañeira Lucía lle tocou ser encargada e o fixo moi moi ben, pasando lista,..tachando o día, colocando o icono do tempo atmostérico.... 

Tamén tivemos que elaborar os carnets da biblioteca de aula, dos compañeiros novos, para que poidan facer o préstamo de libros, que comezará prontiño.

 

E..por suposto, todos os veteranos desexábamos ter xa as nosas bandexas da merenda listas así que mans á obra, e nunca mellor dito, pois as fixemos coas pegadas das nosas mans.

Por parellas, nos fomos pintando as mans en dúas cores

estampándoas na cartolina

 

e cando secaron as decoramos pola parte libre de pegadas, con gomets de cores

 

e por último, as prastificamos, para que nos duren todo o curso...

 Esta foi a parte que máis nos gustou, ver cómo pasaba de ser brandiña a ser dura e que ó tocala estaba quente.

 

Vos seguiremos contando máis!! 

(2015-2016) Comezamos o curso con novos compañeiros e compañeiras

Como todos os cursos, vos presentamos a nosa foto de grupo, con novos compañeiro/as de 3 anos.

 Dani, Nico, Óscar, Lucía e Sabela, benvid@s á nosa escola!!!!!!

Para primeiro marcharon Álvaro, Daniela e Lucas, xunto cos compañeiros/as de Infantil 2, e xa temos ganas de saber cómo lles vai así que nuns días lles faremos unha visita para que nos conten moitas cousas!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.