Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2008-2009) Fixemos unha tarta con mel

Un día na asamblea alguén contou que lle picara unha abella, falando sobre o tema decidimos investigar sobre elas e estas foron algunhas das cousas que xa sabíamos sobre estes animais.

 

Entre as cousas que sabiamos Miguel dixo que se podían facer tartas coa mel que facían as abellas, porque o seu pai que era panadeiro sabía como facelas.

Así pois decidimos que nós tamén iamos facer unha tarta con mel, escribimos unha nota para casa distribuindo os ingredientes entre todos (uns tiñan que traer mazá, platanos...), o profe Óscar se tiña que encargar de traer o mel.

Cando xa tivemos todos os ingredientes da nosa lista comezamos a facer a nosa tarta

 

Contamos e clasificamos cantas froitas tiñamos de cada tipo.

Miguel e Emilio encargáronse de poñer a parte de abaixo da tarta, porque despois de moito discutir acordamos que algo tiña que ter por debaixo para que non cairan os ingredientes.

Como o biscoito era caudrado quedaban ocos no medio, a alguén se lle ocurriu que cortándoos en triángulos se podían ocupar todos os ocos

 

Nerea, que era a encargada ese día encargouse de encher toda a tarta de mel, non nos sobrou nada.

 

Logo entre todos puxemos por riba cachos das froitas que trouxeramos:

 

 

 

 

Cando xa estaba rematada, chegou a  hora de probar que tal sabía a tarta. Hugo foi o encargado de ir repartindo a tarta entre os nenos e nenas que quixeron probala.

 

 

A algúns nos gustou a tarta e a outros non nos gustou. Cada un anotou nunha lista se lle gustou ou non a tarta. Cando contamos os votos descubrimos que había máis xente á que si lle gustaba a nosa tarta de mel.

 

Para beber trouxemos zume de froitas da casa, é o rematar tivemos que recoller para deixar a clase limpa.

 

E claro, tamén tivemos que limpar as mesas porque quedaron todas manchadas coa mel... que pegaba moito.


(2008-2009) Apareceu un can no patio da escola

Hoxe pola mañá atopamos un can que estaba no patio da escola, ninguén sabía como se chamaba nin se tiña dono ou dona, xa vos iremos contando máis cousas que vaiamos "descubrindo" sobre este novo visitante.

 

Para poder facer a foto do can, tivemos que ir moi despaciño e sen facer ruido para que non escapase de nos, porque estaba moi asustado.

Despois de varios días "investigando" que lle puido pasar ó can pan chegar ó colexio, un día non voltou a aparecer por alí nunca máis. Chegamos á conclusión de que seguramente marchara cos seus donos.


Como a historia do can "misterioso" era moi interesante, decidimos facer un mural para contarlle a todo o mundo as cousas que descubrimos da súa "aventura".

A primeira dúbida que tivemos foi onde poñer a foto do can, ben no medio do papel ou nun lado (non saíron outras alternativas), decidimos solucionalo cunha votación.

Unha vez tomada a decisión pegamos a foto do can.

Coa foto xa pegada, nos organizamos en equipos para contar toda a aventura "que imaxinamos" lle sucedeu o can "misterioso". O que máis nos custou foi poñernos de acordo dentro de cada equipo, pero ó final todos fomos capaces de traballar xuntos.

HUGO   E   LUCÍA  DECIDIRON DEBUXAR E ESCRIBIR A FAMILIA DO CAN:

NURIA E AINHOA  CONTARON ONDE  E  COMO  ATOPAMOS O CAN.

MIGUEL E INÉS DEBUXARON E CONTARON DE ONDE CREMOS QUE ESCAPOU O CAN, DOS "COCHES ELÉCTRICOS" DUNHA FESTA QUE ESTIVO Ó LADO DO COLEXIO.

EMILIO,  JAVIER  E  DIEGO  DECIDIRON ESCRIBIR OS NOMES QUE ENTRE TODOS PENSARAMOS PARA POÑERLLE Ó CAN.

JAVIER E LAURA CONTARON ONDE MARCHOU O CAN DESPOIS DA SÚA AVENTURA.

Cando xa tiñamos todo pegado e  ordenado no seu sitio  no mural,  pareceunos unha boa idea "estampar"  moitos pes de cor marrón, porque desa cor era a terra do patio.


Decidimos tamén pintar algúns pes tamén de cor rosa, porque nos gustaba esa cor.

Cando a fomos a buscar ó almacen, descubrimos que non había esa cor, menos mal que LAURA se lembraba que se podían facer cores novas mesturando outras, descubrimos que mesturando a cor vermella coa branca saía xunto a cor que estabamos a buscar.

Agora só tiñamos que estampar os pes de cor rosa.

Unha vez rematado tivemos que levalo para outro lado da clase e deixalo alí a secar, porque necesitabamos o sitio para poder xogar despois de tanto traballo.

Unha vez o mural estivo seco chegou o momento de colgalo no corredor para que todos coñeceran a aventura do can abandonado.

 

 

Esta é a historia do que nos parece que sucedeu co can.

VIVÍA  NOS  COCHES  ELÉCTRICOS

CAN  APARECEU  NO XARDÍN  -  O  CAN  NO PATIO

VIVÍA COS SEUS PAIS E COS SEUS DONOS

FIXÉMOSLLE  UNHA   FOTO  Ó  CAN

O  ESCAPOU  PARA A SÚA  CASA  E  MARCHOU  COS SEUS DONOS.

(2008-2009) ¿Queres saber quenes estamos este curso na aula de 4 e 5 anos?

Este curso Óscar é o profe da aula de 4 e 5 anos, tamén cambiaron algúns dos compañeiros, uns porque marcharon para primeiro e outros porque viñeron da outra aula. ¿Queres coñecernos?.

Esta é a foto que nos fixo a profe Merce o primeiro día, nos daba a risa todo o tempo así que na foto saímos rindo.

DIEGO     AINHOA   NURIA    ÓSCAR    NEREA    INÉS

JAVIER JAVIER  MIGUEL  EMILIO HUGO  LUCÍA  LAURA
 
 
 
Tamén fixemos unha imaxe coa profe Mercedes
 
 
 

(2007-2008) Así é a nosa aula, ¿queres coñecela?

HOLA, OS NENOS E NENAS DA CLASE DE 4 E 5 ANOS QUEREMOS ENSEÑARCHE COMO É E QUE FACEMOS NA NOSA CLASE ESTE CURSO.

NA  PORTA  DA CLASE, FORA, TEMOS  UNHA  FOTO  DE  NOS  COA  PROFE  ÁNGELA, PARA QUE  A  VEXAN  TODOS. A FIXEMOS  A  PRINCIPIO DE CURSO.

 

 

 

NADA  MÁIS  CHEGAR  Á  ESCOLA,  SACAMOS  OS  ABRIGOS,  QUE  QUEDAN GARDADOS  NOS  PERCHEIROS.

ESTÁN  FORA DA CLASE PORQUE ASÍ TEMOS  MÁIS  ESPACIO DENTRO, XA QUE NON É MOI GRANDE.

 

 

 

E  POÑEMOS  OS  MANDILÓNS.

 

NA CLASE  TEMOS  MOITOS  XOGOS E  MATERIAL  PARA TRABALLAR E  APRENDER.

ESTES  SON ALGÚNS DOS RECANTOS:

 

 

ESCOLA: PASAMOS  LISTA.

 

 

QUE  TEN  AS  TARXETAS  PARA  PASAR  LISTA E PARA  VER  QUÉN  FALTA.

 

 

O/A  ENCARGADA, CADA DÍA, TAMÉN  SINALA  O DÍA DA SEMANA QUE É, O DÍA DO CALENDARIO, E O TEMPO QUE FAI.

COMO VEDES  TEMOS OS NOMES  DAS SEMANAS ESCRITOS DÚAS VECES, UNHA EN GALEGO, E A DE DEBAIXO EN CASTELÁN; ASÍ VEMOS AS DIFERENCIAS.

 

 

 

 

LOGO, NÓS, INDIVIDUALMENTE, BUSCAMOS A DATA NO NOSO CALENDARIO, MARCANDO O DÍA, DEBUXANDO O TEMPO QUE FAI, E ANOTANDO POR DETRÁS  ALGUNHAS DATAS  OU   ACONTECEMENTOS ESPECIAIS , COMO OS CUMPRE ANOS, CELEBRACIÓNS, SAÍDAS…

 

 

E LEMOS  NO  CALENDARIO QUÉN ESTÁ DE SANTO ESE DÍA.

NA  CLASE TAMÉN  TEMOS  UN  RELOXIO,  QUE XUNTO  CO  HORARIO,  NOS  AXUDAN  A  ORIENTARNOS NO TEMPO  E NOS DIFERENTES TEMPOS E ACTIVIDADES DE CADA DÍA.

O/A  ENCARGADO/A DO DÍA TAMÉN  SE DEBUXA NO ENCERADO,  PON O  SEU NOME E APELIDOS  E ESCRIBE  A  DATA  DO DÍA.

A NOSA PROFE PON A DATA MÁIS ARRIBA  COAS LETRAS MINÚSCULAS.

 

 

 

O/A ENCARGADO/A TAMÉN SAÚDA ÓS NENOS DANDO OS BOS DÍAS COA SÚA MAN DEREITA,  CONTA ÓS NENOS CUNHA CANCIÓN, E  NOS  CONTA  UN CONTO A TODOS.

 

MENTRES, NÓS, ESCOITAMOS BEN ATENTOS, NA ZONA DA ASAMBLEA.

 

 

TEMOS  UNHAS  NORMAS  PARA ESTAR REUNIDOS NA ASAMBLEA, E SON  ÉSTAS:

 

GARDAR TURNO PARA FALAR-  ESCOITAR ATENTAMENTE-  ESTAR  BEN SENTADOS.

 

TEMOS  TAMÉN  UNHAS NORMAS FEITAS E CONSENSUADAS ENTRE TODOS, PARA SABER ESTAR  NA CLASE E NO COLE.

MIRADE, MIRADE!

 

 

E  TAMÉN  TEMOS  UN  BAÑO DENTRO DA NOSA  CLASE. POR SUPOSTO, HAI  UNHAS NORMAS  PARA  UTILIZALO

 

 

 

O ENCARGADO DO DÍA TEN MOITAS TAREFAS FIXAS  E OUTRAS VARÍAN EN FUNCIÓN DO QUE ESTEAMOS A TRABALLAR OU OS PEQUENOS PROXECTOS NOS QUE ESTEAMOS PARTICIPANDO.

 

POR  EXEMPLO,  CANDO TEMOS PRANTAS NA CLASE, TEN QUE REGALAS, COS VERMES DE SEDA, BOTARLLES COMIDA, OU NA SALA DE INFORMÁTICA, FACER AS  PARELLAS PARA TRABALLAR NOS ORDENADORES.

 

 

    

 

 

 NA  NOSA CLASE, ADEMÁIS DA ZONA DAS MESAS DE TRABALLO, DONDE TAMÉN FACEMOS A MERENDA, E DA ZONA DA ASAMBLEA, TEMOS OUTROS RECANTOS DE XOGO E TRABALLO ¿QUEREDES  COÑECELOS?

 

A  BIBLIOTECA:

 

 

OS  VENRES  FACEMOS  PRÉSTAMO DE LIBROS, CADA NENO/A ESCOLLE UN CONTO PARA LEVAR A CASA, E O APUNTA  NUN REXISTRO DA AULA.

 

 

 

NO  2º  TRIMESTRE  NOS  XUNTABAMOS  UN DÍA  A  SEMANA, UN RATIÑO, COS NENOS/AS DE 3  ANOS  PARA CONTARNOS  CONTOS POR  PARELLAS.

E Ó REMATAR FACÍAMOS  UN  REXISTRO.



 

 

TAMÉN TEMOS  ORDENADOR NA AULA, E TEMOS  UNS TURNOS FEITOS, POR PARELLAS PARA ORGANIZARNOS E PODER UTILIZALO TODOS.

 

 

 

NÓS  ESCOLLEMOS OS XOGOS, TAMÉN TEMOS POWER POINTS (DE ANIMAIS, DOS BEBÉS, DE VINCENT VANG GOGH, DE DISTINTOS PAÍSES DO MUNDO E DAS FOTOS DAS ACTIVIDADES FEITAS Ó LONGO DO CURSO).

UNHA VEZ Á SEMANA SUBIMOS  Á AULA DE INFORMÁTICA, ONDE TEMOS UN ORDENADOR PARA CADA DOUS, E ALGÚNS DÍAS  BUSCAMOS INFORMACIÓN EN INTERNET, E TRABALLAMOS COA PANTALLA DIXITAL.

 

 ESTE  É  O  RECANTO DOS PUZZLES, XOGOS DE LÓXICA-MATEMÁTICA: DOMINÓS, DE SUMAS E RESTAS, XOGO MEMORIA, PINCHOS, COLARES…….

 

 

TAMÉN  TEMOS  UNHA  ZONA  ONDE  XOGAMOS  COAS  CONSTRUCCIÓNS, XOGOS DE FERRAMENTAS...

 
 


PERRUQUERÍA

 

 PELUCHES E TÍTERES

 

 

 

E  TEAS   E  DISFRACES….. ¿ESTAMOS  GUAPOS?

 

 

PLASTILINA

 

NO  COLE  TAMÉN  PINTAMOS  CON TÉMPERAS  E  PINCEIS, E  ATA TEMOS  UN CABALETE  E  UN GORRO DE PINTOR.

PERO SI  PARECEMOS  PINTORES DE VERDADE…..!!

 

 

 

APROVEITAMOS  UNHAS  PAREDES  LIBRES  DA  CLASE  PARA  O  NOSO PEQUENO MUSEO  E  ALÍ EXPOÑER DE VEZ  EN  CANDO  OS  TRABALLOS  DE  PLÁSTICA  OU DE  CALQUERA  PROXECTO  QUE  ESTEAMOS  TRABALLANDO.

 

 

RETRATOS   DE  VINCENT  VANG GOGH"

 


 

 "A NOITE ESTRELADA"

 

 

ADEMÁIS  DA  NOSA  CLASE,  APROVEITAMOS  AS  PAREDES  DOS  PASILLOS  PARA  EXPOÑER  TRABALLOS  QUE  FUMOS FACENDO DURANTE TODO O CURSO.

PORQUE  CADA RECANTO DA NOSA ESCOLA PODE AMOSARNOS ALGO  NOVO E  INTERESANTE!

 

 

 

E  ATA  AQUÍ  CHEGA  O NOSO  PERCORRIDO.

ESPERAMOS  QUE  VOS  GUSTARA  A NOSA  ESCOLA!

(2007-2008) Así eramos de bebé

Un día na asamblea Ana contounos unha gran noticia, a súa nai por fin tivera o seu novo irmán, a partir de ahí xurdiu unha conversa na que chegamos a plantexarnos a pregunta de se todos fomos ou non bebés e como eramos daquela.

Acordamos que a mellor forma de sabelo era que cada un trouxese unha fotografía de cando eran bebés, para que así todos poidesen saber como era, ademáis tamén preguntamos ás familias "por que escolleron ese nome e non outro para poñerlle". Así que nos puxemos mans á obra e escribimos unha nota para pedir toda a información que necesitabamos.

Cada día fomos traendo as nosas fotos de bebés xunto coa explicación da elección do nos nome, cando as xuntamos todas fixemos un mural para poñer na porta, escribindo cada quen o seu nome o lado da foto de bebé para que todos souberan de quen se trataba.

Como o mural non se podía levar para casa decidimos facer un álbum de fotos de cando eramos bebés.

Cada neno tiña o seu álbum en branco, onde tiña que pegar as fotos, acordamos que o mellor era unha foto por folla.


Como non tiñamos pegamentos para todos, tivemos que compartilos e ás veces nos tocaba esperar.

Ó final cando rematamos o libro nos demos conta de que así, na casa non podían saber de quen era cada foto, polo que decidimos escribir debaixo de cada unha o nome. Ás veces pegábamolo e outras pediamoslle ó compañeiro/a que escribira o seu nome.

(2007-2008) Somos pintores como Vicent Van Gogh

Un día apareceron na clase uns cadros nun cabalete, todos eles pintados por un pintor chamado Vincent Van Gogh, como nos pareceron moi interesantes porque estaban pintados con "liñas pequiñas", decidimos investigar sobre o autor e pintar tamén a nosa habitación, como tamén fixo Van Gogh coa súa.


Este é o autorretrato que Van Gogh fixo de si mesmo, discutimos en como puido pintarse a si mesmo (mirándose nun espello, cunha fotografía, de memoria...) aprendimos algunhas cousas sobre a súa vida, pero o que máis nos chamou a atención foi a súa barba de cor "vermello"
 

Buscamos en internet e miramos na Pantalla interactiva varios cadros dos que pintou, cos rotuladores "engadimos cousas ós seus cadros": unhas gafas, un sombreiro... e lle cambiamos a cor da súa barba, foi moi divertido.

Logo tamén o fixemos coas nosas fotos, disfrazándonos debuxando sobre elas cos rotuladores na P.D.I

Entre eles o que máis nos gustou foi....

 

A HABITACIÓN DE VAN GOGH

Analizamos polo miudo todo o que había na súa habitación, ¿de que color era cada cousa?, ¿que cousas había nas súas habitacións e que no tiña Van Gogh? ¿por que?... Entre as aportacións dos rapaces xurdiu unha pregunta ¿estaba pintado con ceras o cuadro? ¿como o pintou? ¿como se chaman o "aparello" que usan os pintores para pintar e que tamén tiñan na clase do lado?...

Acordamos que poderíamos pintar tamén a nosa habitación, pero con pincel e calbalete como os "pintores profesionais", así pois o profe trouxo a clase un cabalete, pedímoslle prestado o gorro de pintor os nenos/as da clase do lado e puxémonos mans á obra.
 

 

Démonos conta de que se pintabamos cun cor, logo non podíamos usar outro porque saían mesturados, algún propuxo que usaramos un pincel para cada bote, pero era un lío. Outra das ideas pareceunos máis interesante ¿por que non o lavamos cando queriamos cambiar de cor?, aceptouse a proposta e púxose como norma para pintar.

 


Outro dos problemas que apareceron foi que o cadro, unha vez rematado tiña que tardar un tempo e secar, polo que só podía pintar un neno/a por día, así que decidimos usar a lista de encargados e cada día o encargado podería pintar a súa habitación.

Por acordo de todos penduramos no cabalete o cadro de Van Gogh, para comparalo coa nosa creación, os demais cadros pendurámolos no recanto da casa, que se converteu nun museo formado polos cadros de Van Gogh e os nosos.

Unha das cousas que máis nos custou foi aprender o nome do pintor ¿por que ten ese nome tan raro?... ¿que vos parece?

 

Así pintamos os nosos cadros:

 

 

(2007-2008) ¿Xiran os xirasois cara onde se atopa o sol?

Investigando sobre Van Gogh atopámonos co seu cadro "Os xirasois", e descubrimos que estas "flores" sempre miraban cara onde estaba a luz do sol, para poder vivir. Quixemos comprobar se isto era verdade e decidimos plantar xirasois, comprobalo e logo levalos para a nosas casas.

Antes de nada tiñamos que "discutir" que cousas se precisaban para plantar os xirasois. Acordamos que facían falla: uns botes, terra, auga e pipas de xirasois (das que comen os loros). Como os compañeiros da clase do lado xa os plantaran nos deixaron unhas poucas pipas e nos contarno como o fixeron eles.

 

O primeiro de todo foi poñerlle o noso nome a cada un dos botes, para saber de quen era cada unha e non confundirnos despois. Escribímolo nun papel e o pegamos á nosa maceta.

 

 

Pouco a  pouco tódalas macetas tiñan xa o noso nome.

 

 
Cando xa estaban todas listas comezamos a sementar os nosos "Xirasois", primeiro había que botar terra e logo facer un burato co dedo para meter a pipa de xirasol, decidimos sementar tres pipas por se algunha non medraba.


E claro tamén tivemos que reglas con pouquiña auga

 

Cando as iamos poñer nunha mesa Sara descubriu algo interesante, al auga que usamos para regar o xirasol,  caía enriba da mesa ¿estaría roto o bote?, tras botar unha ollada descubrimos que o bote tiña un buratiños na parte de abaixo para que saíra a auga que sobraba. Así que tivemos que acordar que o encargado cada día regaría as prantas e tería que limpar a auga que sobraba e caira enriba da mesa.

 

 

Xa estaban todas listas, agora tocaba esperar a que medrasen as prantas ¿cantos días tardarían?

 

Despois do fin de semana, algún dos xirasois comezou a medrar, primeiro era moi pequeniño. Dedicimos entre todos ter coidado e non tocalas, porque como eran aínda "bebés" podiamos rompelas e logo non medrarían máis.

 

 

Nunha semana case todas medraran e era verdade... todas se torcían cara a fiestra por onde entraba a luz do sol, as veces poñiamola mirando cara outro lado e nuns días xa se torcera cara a ventá. ¡Que listas que son!

 

 


Como medraban xa moio, e non cabían no bote decidimos que era o momento de levala para casa, alí cada quen a plantaría no chan para que medrase o xirasol.

 

(2007-2008) Participamos na elección da mascota da biblioteca

Como o resto do colexio, os nenos e nenas da aula de tres anos anos participamos na votación para elexir a mascotada biblioteca, como aínda temos problemas para controlar o rato empregamos a Pantalla Dixital Interactiva (P.D.I.), que xa usamos moitas veces durante este curso.


 

Cada un votou pola súa mascota preferida, unha das candidatas fixéraa una compañeira da outra aula de Educación Infantil.


 

(2007-2008) Os venres levamos un libro para casa

Cada venres cada neno/nena escolle un libro da biblioteca de aula para levalo para a súa casa. A finalidade é que os pais/nais llos lean e sirvan como modelo lector para os seus fillos. Na aula lévase a cabo un rexistro deste "préstamo" que permite un uso funcional da lecto-escritura.

Na biblioteca de aula temos expostos algúns libros, para poder gardalos correctamente e poder coidalos cada un ten o seu sitio asignado, marcado por unha fotocopia da portada. Estes libros van rotando ó longo do curso de xeito que se manteña a motivación polos mesmos.

 

Os venres cada neno ou nena escolle libremente que libro quere levar para a súa casa, que deberá traer novamente á escola pasado o fin de semana. Deste xeito traballamos a responsabilidade e autonomía do alumno/a.

 
Unha vez escollido hai que buscara fotocopia da portada que se corresponde co noso libro:

 

Cada neno busca o seu  libro de rexistro, onde anotamos os libros que levamos para casa cada fin de semana, para atopalo teñen que identificar o seu nome.
 

 

Nunha folla sen empregar pegan a portada fotocopiada do seu libro e escriben o seu nome (con ou sen modelo), máis adiante se engadirá o día do mes en que o levan.

  

 

 


Finalmente gardan o libro na súa carpeta para poder levalo para casa.

 

Á volta do fin de semana cada un comenta ó resto da clase que lle pareceu o libro, quen llo leu... 

 

 

(2007-2008) Así xogamos, así aprendemos

Cada día na aula xogamos a moitas cousas e aprendemos compartindo e organizando xogos. Na nosa aula temos unha serie de recantos ¿queres coñecelos?:


Este é o noso recanto da casa, nel temos moitos xoguetes que compartimos:

O que máis nos gusta e xogar dentro da casa e imaxinar que pasan cousas misteriosas:

 

E como non, tamén nos encanta disfrazarnos coas cousas que temos no recanto da casa:

Este é o noso recanto da alfrombra, nel temos as contruccións e outros xogos, ese espacio está tamén compartido coa biblioteca, polo que temos que poñernos de acordo para usar unha ou outra según queiramos.

 

Xogamos ás construccións, colaborando entre todos e todas facemos cousas moi interesantes.

 

Despois de xogar temos que recoller todo que ciscamos polo chan, facéndoo entre todos rematamos de contado.

 

Nesta parte penduramos fotografías de cousas que nos interesan e estamos a investigar, por exemplo fotografías de cando eramos bebes, de personaxes coñecidos...

 

Tamén temos un recanto do ordenador, onde só podemos estar dous de cada vez, por eso temos que facer uns turnos e poñernos dacordo.

 

Esta é a nosa biblioteca, os venres tamén levamos un libro para as nosas casas.

 


Tamén temos puzzles e outros xogos de mesa, temos que ter coidado de gardalo todo para non perderlle as pezas.

 

 


Tamén nos gusta moito recortar papel que sobrou dos nosos traballos, revistas, diferentes tipos de paeis e materiais... deste xeito aprendemos a controlar o corte coa tesoira.

 

Pero onde máis nos gusta xogar e no patio:

 

 

Distribuir contido