Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2017-2018) Creamos land-art na natureza coa chegada do outono

Coa chegada do outono, para experimentar os cambios que sufriu a natureza coa nova estación, xogamos a crear obras artísticas con elementos da natureza.

Cada un dos equipos cooperativos ideou e elaborou a súa creación de "land-art".

 

Tamén tiveron que deseñar a súa propia estratexia para poder facelo entre todos e todas.

 

E así quedaron as creacións de "land-art" unha vez rematadas.

 

 

Unha vez tiveron rematado, visitaron as creacións dos restantes equipos que foron explicando como as fixeran e con que materiais.

 

 

Xa de volta na aula puidemos ver as fotografías das nosas creacións e comparalas coas creacións de land-art, feitas por grandes artistas en todo o mundo.

 

 

Cada un  dos equipos creou un cartel coa fotografía do seu "land-art" para poder expoñela no corredor.

 

Tamén tiveron que decidir un nome para a súa creación e escribilo, coa colaboración de tódolos integrantes do equipo. 

 

 

Tan só quedaba pegalas no corredor para que todos e todas puidesen ver o creativos que fomos na natureza, coa chegada do outono.

 

E a ti... que che parecen?

 

 

(2018-2019) CUMPLE MES DE OUTUBRO

Este mes tivemos de cumple o noso amigo Nico o cal, coa axuda de Marcos e Antía, nos fixo unha rica tarta de chocolate e nata.

Tamén fixemos unha coroa para o anfitrión.

E por fin chegou o esperado día da celebración. Tras cantar o " Parabéns para ti" e de soprar as velas non podíamos facer otra cousas que non fora degustar esa riquísima tarta.

PARABENS NICO!!!

(2018-2019) Xogando e repoñendo forzas

 E como non todo vai ser traballar, tamén temos tempo de xogar.

e despois de moito xogar nada mellor que repoñer forzas coas merendas que as nosas familias nos preparan e... porqué non?, tamén probando esas froitas típicas do outono que trouxemos das nosas casas!!!

(2018-2019) Comezamos a artellar co noso amigo Beebot

 A todos nos gusta descubrir cousas novas, non si?, pois gracias ao noso gran amigo Beebot todos os luns imos coñecer un mundo de cousas interesantes!!!!

Axudaranos a desenvolvernos no espacio, a orientarnos, a contar, a coñecer as letras.... e como non, a divertirnos!!!!

(2018-2019) Normas da aula

 

Toda aula que se preste debe ter unhas normas a cumplir para que todos e todas cumplamos e a convivencia sexa agradable.

Preguntadelle os cativos que norma representa cada foto!!!

(2018-2019) Preparándonos para o novo curso 18/19

 

 E como nos quedamos con bo sabor de boca, imos seguir vendo como nos preparamos para darlle a benvida ó curso.

(2018-2019) Dándolle a benvida ó novo curso

 Para darlle a benvida a este novo curso e aos novos compañeiros/as que comezan na escola, nada mellor que redecorar o que van ser as nosas rutina diarias.

(2018-2019) “Cocodrilos", “Tiburóns" e “Juego conejito" son os nosos novos equipos cooperativos. Queres coñecelos?

Por fin chegou o gran momento  que todos estabamos agardando: xa temos novos equipos cooperativos. Así foi como nos organizamos para facelos.

O primeiro foi "organizarse" en tres grupos segundo onde estaba o nos nome na lista que se podía ver no EDI (Encerado Dixital Interactivo)

 

Cada un dos equipos, este ano só habería tres porque somos poucos na clase, tivo que tomar a súa primeira gran decisión. Falando ata que estivesen todos de acordo acordaron o nome do seu equipo.

 

Velaquí o que decidiron:

TIBURÓNS:

  

JUEGO CONEJITOS:

 

COCODRILOS: 

 

Cada un dos equipos escribiu no ordenador, o nome acordado na lista onde saían os seus integrantes.

 

A seguinte gran decisión foi acordar a cor da que sería o panel do seu equipo e, tras decidila, organizarse para poñer a témpera na paleta e pintar a cartolina, pero empregando un só pincel, polo que tiveron que organizar e acordar unha estratexia de quendas, para que todos e todas participasen.

 

Tan só quedaba elexir no ordenador unha fotografía relacionada co nome do seu equipo, para poder pegala xunto coa foto do equipo e o nome do mesmo (escrito on letras recortadas)

 

Tras escribir cada quen o seu nome, a modo de sinatura, os paneis dos equipos quedaron rematados.

 

Así de fantásticos son os paneis, se queres velos en maior tamaño fai click sobre cada un deles.

  

Xa estaban todos listos, e como vedes este ano sóbranos un dos paneis.

 

Agora xa podemos empregalos sempre que traballemos en equipos cooperativos para facer a auto-avaliación figuroanalóxica.

 

(2018-2019) Participamos nas actividades do “Día europeo do deporte escolar"

O venres 28 de setembre tivo lugar o "Día internacional do Deporte Escolar", que se celebra en moitos colexio europeos para fomentar o deporte e a actividade física.

Nesta ocasión o noso centro tamén se apuntou á efeméride organizando unha serie de actividades deportivas, nas que participarían tanto os nenos/as, como os mestres/as e as familias.

Días antes estivemos preparando todo o material necesario en ámbalas dúas aulas de infantil.

Creanos a nosa parte do cartel xigante:

 

E ideamos os #hastags de cada unha das aulas para o día que tiñamos sinalado no noso calendario online.

 

Cando chegou o gran día, marchamos xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o colexio cara  ó pavillón cos nosos respectivos "#hastags".

 

Onde xogamos ó "vollei-praia", "o pano", "a  pedra-papel-tesoira" e "nunha carreira de canguros".

 

Rematados os xogos, un foto de "familia" con todo o colexio diante do cartel que fixeramos entre todos e todas, acompañados dos noso #hastags. 

 

Logo chegou o turno das nosas familias que "xogaron" un trepidante partido de "hockey" contra os nosos "mestres/as", e claro entre eles estaban moitos do nosos pais e nais e, como non podía ser doutro xeito, o profe Óscar e a profe Cris.

 

Como aínda non estaban cansados de todo, os profes tamén xogaron, desta volta ó futbol, contra os compañeiros e compañeiras de sexto.

 

Para rematar a xornada entregáronse varios diplomas ó "xogo limpo", á "diversión", ó "esforzo" e á "compañerismo"

 

E por suposto... tamén lle entregamos diplomas ás familias que participaron facendo "deporte" connosco.

 

E así rematou esta xornada  "europea de deporte na escola"

Non te esquezas:  "#beactive", "#faideporte" e "#dallecañaodeporte"

Poderás atopar máis información sobre esta celebración, que tivo lugar no centro, nas diferentes entrada que se publiquen no blog de Educación Física desta mesma web.

 

 

(2018-2019) Celebramos os primeiros aniversarios do curso: mes de setembro

Neste primerio mes do curso LUCÍA era a única compeñeira das dúas aulas que estaba de aniversario, asi que foi ela a encargada de escoller a tarta que faría para convidar ós demais copmañeiros e compañeiras.

O primeiro foi elaborar a tarta seguindo as instruccións do libro de recetas (que podes atopar no recanto de infantil desta mesma web)

 

Paso a paso foi elaborando, coa axuda dalgúns compañeiros, unha tarta deliciosa.

 

Tras un día no frigorífico chegou o gran momento, todos e todas estaban agardando.

 

 

Despois de cantarlle o "cumpleaños feliz", LUCÍA soprou a súa candea.

 

Tras repartir a tarta entre o seus convidados e cunhas patacas fritidas, gusanitos e zume, celebramos a gran festa dos aniversarios de setembro.

 

Agora tan só nos queda agardar ata o vindeiro mes para celebrar de novo os aniversario de Infantil.

 

Distribuir contido