Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

Celebracións

(2017/2018) TALLER DE ELABORACIÓN DE GUIÓNS CINEMATOGRÁFICOS

 

Seguindo co noso proxecto " 1,2,3...Rodando libros" e, despois de traballar en distintos talleres as lecturas de  guións cinematográficos, damos un pasiño máis e, recibimos no cole, unhas orientacións (que nos viñeros moi ben) a cargo do FIC de Bueu (festival internacional de curtametraxe) sobre a elaboración de guións...

Por onde empezamos? que fai falta para escribir un guión?

que necesito saber?...Cantas preguntas, agora xa, con respostas...

Aí estamos todos/as atentos ás explicacións de Manuel...

 

Cantas cousas descubrimos!!!

Falounos do primeiro paso...ter unha idea. De escribir un argumento, dos personaxes, do escenario, dos planos, das fases...

Esto era a primeira parte, porque Manuel vai a volver para ensinarnos uns cortos súper chulos...E, agora, tócanos a nós poñernos mans á obra se queremos ir "RODANDO LIBROS"...

(2017/2018 ) SEMANA DO LIBRO " MESTRES LECTORES"

 

E, para rematar a semana de celebracións, agora son os mestres os encargados de facer as lecturas na " HORA DE LER"...

 

A PROFE ZAIRA...

 

A PROFE IRIA...

A PROFE ELI...

A PROFE SUSANA...

A PROFE NOELIA...

A PROFE YOLANDA...

APROFE CRIS...

A PROFE MARÍA...

O PROFE ÓSCAR...

A PROFE LOLI...

A PROFE MARTA...

 

O PROFE PAULO...

(2017/2018) SEMANA DO LIBRO " NENOS/AS LECTORES"

 

Esta Semana do Libro deu para moito...Seguimos coas actividades organizadas ploa Biblio, e, neste caso, tocoulles aos rapaces lerlle a outros rapaces. Así foi a HORA DE LER" do 26 de abril...

(2017/2018) SEMANA DO LIBRO "FAMILIAS LECTORAS"

 

 Seguindo coa celebración da Semana do Libro, dende a Biblioteca escolar intentamos implicar ás familias para que acudiran ao cole a lerlle aos cativos...

 Foi unha "hora de ler" distinta a de outros días...

E, polas súas cariñas, coidamos que lles gustou moito!!!

 GRAZAS FAMILIAS!!!!

 

 

 

(2017/2018) SEMANA DO LIBRO: "LECTURAS NA CARBALLEIRA"

 

 

Comezamos a celebración da Semana do Libro co 4ª Edición das "LECTURAS NA CARBALLEIRA" 

Nesta fermosa praza organizamos desdes fai uns anos, un apadriñamento de  libros que non deixa indiferente a ninguén...

 

 Os rapaces do cole tiñan preparadas unhas lecturiñas de anacos de contos que foron levados ao cine. Pero  non remata aí a cousa porque despois os alí asistentes tiñan que adiviñar de que peli se trataba...

 

 

 

Pero non pensedes que solo leron os rapaces...

Temos que agradecerlle a Pili e a Eloy a súa excelente colaboración ese día...

 Bueno, e a todos os que se acercaron á Carballeira para vernos e escoitarnos.....

 

 

( 2017-2018) " RESPÍRASE " PAZ

 

 

Un ano máis celebramos o día da Paz. Aquí veredes en imaxes todo o que se preparou para a celebración...

 

Dende a biblioteca organizamos unhas lecturiñas...

E, tamén houbo escenificacións en conta da intolerancia, a violencia, .....

 

 

Os rapaces e infantil tiveron un recordo para as mulleres que gañaron o "NOBEL"..

 

Osrapaces de 4º tamén lle cantaron á Paz...

E co profe de música rematamos a celebración poñéndonos todos nun círculo e cantando...

 

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

 

 

Como todos os anos dende fai máis de noventa, commemórase en moitos países do mundo, o Día Internacional da Muller Traballadora.

Tamén nós dende o centro quixemos facer unha pequena homenaxe a todas esas mulleres traballadoras, loitadoras, en pro da igualdade, da xustiza, da paz...

 Mulleres de onte....

 

 

Mulleres de hoxe....

 Mulleres que serán traballadoras nun futuro....

 

Celebracións e conmemoracións

Amosamos a continuación as celebracións e conmemoracións, marcadas pola Consellería de Educación para ser celebradas nos Centros educativos.

  • 4 a 15 de decembro: Conmemoraicón da constitución e do Estatuto de autonomía.
  • 10 de decembro: Día da declaración Universal dos dareitos humanos.
  • 30 de xaneiro: Día da paz.
  • 8 de marzo: Día internacional da muller.
  • 15 de marzo: Día mundial dos dereitos do consumidor.
  • 12 a 16 de marzo: Semana da prensa.
  • 23 de abril: Día do libro
  • Entre o 10 e o 30 de abril: Día do libro.
  • 7 de abril: Día mundial da saúde.
  • 9 de maio: Día de Europa.
  • 7 a 18 de maio: Semana das Letras galegas.
  • 17 de maio: Día das Letras galegas.
  • 5 de xuño: Día mundial do medio ambiente.

Ademáis das indicadas celebraranse as seguintes datas:

  • febreiro - marzo:  Entroido
  • outubro - novembro: O Magosto
  • decembro: festival de Nadal
Distribuir contido