Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Documentos

Modelo para xustificar as faltas de asistencia

Descarga de seguido o modelo para xustificar as faltas de asistencia:

 

Autorización unificada para o uso da imaxe e datos do alumnado en internet e outros servizos

Tódolos alumnos e alumnas que figuran nesta web, así como noutros servizos online, para uso exclusivo e educativo do profesorado, contan cunha autorización por escrita asinada polos seus pais/titores.

Pode eliminarse esta autorización, para calquera dos servizos autorizados, en calquera momento, comunicándoo por escrito á Dirección do centro.

Podes atopar máis información sobre a protección de datos do alumnado de centros educativos galegos en www.educonvives.gal.

Podes descargar os modelo de autorización unficado de seguido:

Solicitude de permisos e licencias para o profesorado

Descarga o - ANEXO V -  para a solicitude e/ou xustificación de ausencias do profesorado (permisos e licencias) que se presentan ante a dirección do centro.

 

Ademais, de seguido,  poderás descargar os seguintes Anexos para as diferentes solicitudes de permisos:

-  Anexo 1: Solicitude para a asistencia a actividades de formación organizadas pola Consellería de Educación e O.U.

-  Anexo 2: Solicitude para a sistencia a actividades de formación organizadas polas universidades, sindicatos e outras organizacións.

-  Anexo 3: Autorización para a asistencia actividades de formación organizadas pola Consellería de Educación e O.U.

-  Anexo 4: Solicitude de permisos e licencias para presentar ante o Xefe territorial.

- Anexo 5: Solicitude de permisos e licencias para presentar ante a direción do centro.

 

Os permisos e licencias do profesorado regúlanse pola orde do 5 de abril de 2008 (correxida na orde do 7 de abril de 2008). Ámbolos dous documentos pódelos descargar en formato pdf, no apartado lexislación desta web, ou directamente desde aquí.

 

 

Cuestionario sobre a lingua materna para as familias do alumnado de 3 anos

Segundo o indicado no decreo 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario, o profesorado empregará na aula a lingua materna predominante  entre o alumnado, a cal virá determianda pola Administración Educativa, tendo en consideración unha pregunta que se lles fará antes de comezar o cuso escolar.

Atendendo ás instruccións da Consellería de Educación e O.U., as familias do alumnado que comezará no primeiro nivel do segundo ciclo de Ed. Infantil (3 anos) responderán antes do comenzo do curso, e entregarán na secretaría do centro, a unha pregunta que se inclúe nun anexo remitido ós centros e que pode descargarse de seguido.

Terá a consideración da lingua materna predominante (artigo 5º decreto 79/2010) aquela que obteña o resultado maioritario entre as familias, sen perxuizo da lingua do contorno e da necesaria atención individualizada a cada alumno na súa lingua materna. Esta lingua materna predominante manterase ó longo de todo o ciclo para dito grupo, e será de aplicación para o alumnado que se incorpore con 4 ou 5 anos ó mesmo con posterioridade.

 Descarga o cuestionario sobre a lingua materna:

Instruccións e formularios de matrícula para o alumnado novo.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2020-2021

Distribuir contido

Acceso rápido

Asociación de nais e pais

Formación do profesorado

Radio O Cervo

Proxectos T.I.C. do centro

Servidor do centro

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.