Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

quinto, sexto, 5º e 6º xuntos, quinto e sexto

(2021-2022) Plantamos landras

En 5º e 6º plantamos landras, xa que sabemos o importante que son as especies autóctonas e queremos poñer o noso gran de area.

Cada un estao facendo de xeito diferente, por iso o anotamos todo, xa que logo compararemos os resultados.

Cantos novos carballos sairán desta aula?

(2021-2022) Pasapalabra

Hoxe tivo lugar a primeira edición do PASAPABRA galego. Estivo moi emocionante!

Haberá quen de vencer a David Valiño?

(2021-2022) Árbores de Campo Lameiro

Neste último mes os rapaces e rapazas de 5º e 6º estivemos aprendendo a identificar árbores a partir da observación das súas follas.

Tras moito traballo elaboramos un álbum no que recollemos follas de diferentes árbores que atopamos en Campo Lameiro.

Deixámosvos o vídeo no que vos mostramos o resultado.

Felices festas!

(2021-2022) Samaín

Este Samaín non perdemos ocasión e creamos as nosas historias terroríficas (aínda que con algunhas rimos un cacho Risa).

Aquí vai unha foto do momento lectura.

(2021-2022) Comezamos

Despois dun tempo coñecéndonos, o grupo dos maiores xa estamos a tope. Estivemos aprendendo sobre células e esta semana puxémonos mans á obra para crear os nosos propios modelos.

Deixámosvos unhas fotos de mostra.

Ata a próxima!

(2020-2021) - Obradoiro de arte rupestre

Hoxe tivemos unha visita !!!!!! Tal e como andan as cousas non é o normal, pero tomando todas as medidas de prevención e distanciamento, Tania e Fátima, do Parque Arueolóxico de Campo Lameiro, nos invitaron a viaxar no tempo...

E, despois de coñecer un pouquiño máis sobre esta época da historia, metémonos en faena e ensináronnos a facer un colar...

Primerio démoslle forma, logo debuxamos motivos rupestres nas contas, despois fixemos un buraquiño para meter o cordel, e este foi o resultado:

CHULÍSIMOS TODOS !!!!!!

(2020-2021) ARTE RUPESTRE NO COLEXIO

O vindeiro día 9 de outubro teremos un obradoiro para o alumnado de 5º e 6º organizado polo Parque arqueolóxico de Campo Lameiro.

Esta actividade commezará ás 10:00 h, e leva por título:

" Gravuras e atavíos máxicos ". Despois dunha introducción sobre o megalitismo, cada estudante creará un abalorio (colar) moi similar aos atopados nos monumentos megalíticos.

Xa vos contaremos como vivimos esta experiencia!!!!

(2019-2020) Así é o instituto... Queres coñecelo?

De seguido podes ver unha presentación que nos enviaron desde o IES A Xunqueira I, posto que este curso non poderemos facer a habitual visita para coñecelo.

Podes descargala de seguido.

(2019-2020) Comezamos a crear o noso xogo de tenis, e a traballar co m-bot, na área de robótica durante este primeiro trimestre.

As compañeiras e os compañeiros de sexto teñen como área de libre elección "robótica". Na sesión están presentes tamén os nenos e nenas de 5º traballando cos diferentes robots.

Comezamos a crear o noso videoxogo de tenis empregando o "mblock", para coas mesmas instrucións aprender a programar os m-bots.

 

Traballamos en equipo para acordar, deseñar, planificar e construír diferentes robots que permitisen superar os diferentes retos plantexados. Empregando diferentes coñecementos lóxico-matemáticos que xa tiñamos, aplicándoos en situacións reais.

  

 

Nunca está mal algunha que outra competición entre equipos, cos nosos diseños tanto de construción como de programación.

 

 

Descubrimos como funcionan algúns dos sensores e aprendimos do erros cometidos.

 

 

Levamos a cabo unha autoavaliación do noso traballo en equip para valorar o funcionamento do mesmo. 

 

Ó longo do segundo trimestre remataremos os nosos xogos e poderedes xogar con eles nesta mesma web.

Tamén comezaremos a traballar no gran reto de fin de curso cos m-bots... pero diso xa vos iremos contando moitas cousas o vindeiro trimestre.

 

Podes ler de seguido todo que facemos nos obradoiros de robótica libres, nos recreos dos luns.

(2019-2020) Explorando todo o que poden facer os nosos robots, nos obradoiros libres dos recreos dos luns.

 

 

 

 

(2018-2019) Planificamos, deseñamos, construímos e programamos os nosos m-bot para a competición robótica

O 19 de xuño tería lugar a gran competición de robótica do colexio. Os alumnos e alumnas de 5º e 6º, dentro da área de Libre Elección de Robótica, adicaron as sesións deste terceiro trimestre a preparar os seus m-bots.

Cada un dos equipos tivo que deseñar, construír e programar un m-bot para que puidese superar as tres probas plantexadas. 

 

Foi necesario ir probando que deseño era o que mellor funcionaba, buscar solucións ós problemas que ían xurdindo e lembrar todo o que aprendéramos sobre programación ó longo do curso para facelo posible.

 

Cada equipo, incluídos os dos profes, tería que superar tres probas:

  1. Deter o m-bot cando se atopase un obstáculo
  2. Deter o m-bot cando cruzase unha liña negr
  3. Loita con outro m-bot dentro do "circulo negro"

 

Foron precisos moitos intentos, ensaios e erros para dar co deseño e programación máis axeitada para superar os retos propostos.

 

Se queres ver como nos foi na competición de robótica podes facelo nesta entrada:

(2018-2019) Así nos foi na gran competición robótica deste curso

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.