Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

1º e 2º xuntos

Menú do recanto

CAMBIAR IMAXE DE GRUPO


Entradas no blog do recanto de 1º e 2º xuntos
[1º e 2º xuntos] 28/05/20: MAPA INTERACTIVO DOS MONUMENTOS DO MUNDO
[1º e 2º xuntos] 09/04/20: (2019-2020) AS ABELLAS
[1º e 2º xuntos] 16/02/20: (2019-2020) Pirámide alimentaria e outras cousas
[primeiro] 16/02/20: (2019-2020) APRENDENDO MATEMÁTICAS
[1º e 2º xuntos] 23/01/20: (2018-2019) MÁIS COUSIÑAS
[1º e 2º xuntos] 20/12/19: (2019-2020) Descubrimos o beebot e probot nos obradoiros de robótica neste primeiro trimestre
[1º e 2º xuntos] 06/12/19: (2019-2020) SEGUIMOS TRABALLANDO EN 1º E 2º
[1º e 2º xuntos] 16/11/19: (2019-20) ALGUNHAS COUSAS DA NOSA CLASE
[1º e 2º xuntos] 01/11/19: (2019-2020) APRENDENDO XUNTOS
[1º e 2º xuntos] 01/11/19: (2019-2020) SAMAÍN
[primeiro] 01/11/19: (2019-2020) APRENDENDO LETRAS EN 1º
[1º e 2º xuntos] 20/02/19: (2018-2019) Xogando cos ozobots e escribindo moito...
[1º e 2º xuntos] 20/02/19: (2018-2019) Algúns traballos de Ciencias Naturais
[1º e 2º xuntos] 15/02/19: O CICLO DA AUGA
[1º e 2º xuntos] 17/01/19: xogo happy glass
[segundo] 15/01/19: Isla de plástico
[1º e 2º xuntos] 23/12/18: (2018-2019) Aprender xogando
[1º e 2º xuntos] 12/11/18: Libriño do corpo humano
[primeiro] 07/11/18: PRIMEIRAS SUMAS
[1º e 2º xuntos] 07/10/18: Cabeza, tronco, extremidades...
[1º e 2º xuntos] 23/05/18: APRENDEMOS A LER O RELOXIO
[1º e 2º xuntos] 07/05/18: MÁQUINAS SIMPLES E COMPOSTAS
[segundo] 20/05/19: Comprensión lectora
[1º e 2º xuntos] 21/02/18: xogos de diñeiro
[segundo] 06/02/18: Mulán Proyecto de investigación
[1º e 2º xuntos] 24/01/18: A paisaxe
[primeiro] 30/05/17: Webquest Petra
[1º e 2º xuntos] 28/03/17: Técnica da tartaruga
[1º e 2º xuntos] 23/02/17: Cálculo mental
[1º e 2º xuntos] 23/02/17: Medimos peixes
[segundo] 21/02/17: Día da muler traballadora - Chus Lago
[1º e 2º xuntos] 18/01/17: Mecanografía vedoque
[segundo] 14/06/17: India
[segundo] 10/01/17: XOGO DE MULTIPLICAR
[primeiro] 13/12/16: XOGO PARA 1º
[segundo] 13/12/16: XOGOS DE REPASO PARA 2º
[primeiro] 12/10/16: Actividades para repasar as letras. E unhas sumas...
[1º e 2º xuntos] 16/02/20: Menú de xogos de 1º e 2º xuntos
[1º e 2º xuntos] 29/01/20: Menú do recanto
[segundo] 27/01/20: Juegos segundo ( Lengua castellana)
[primeiro] 15/09/16: Coller ben o lapis
[segundo] 17/06/16: Xogos de orientación espacial
[segundo] 09/06/16: Repasa as táboas de multiplicar con Mr. Pi
[segundo] 30/05/16: Repaso de Matemáticas
[segundo] 24/05/16: Cálculo mental
[segundo] 23/05/16: ORDE ALFABÉTICO
[segundo] 05/05/16: Xogos
[segundo] 27/04/16: XOGOS DE LÓXICA
[segundo] 06/04/16: PALABRAS FALSAS
[segundo] 06/04/16: BINGO MATEMÁTICO
[segundo] 29/02/16: WEBQUEST AS ABELLAS
[segundo] 04/02/16: Xogos para aprender e repasar as táboas de multiplicar
[segundo] 02/01/16: Nova biblioteca de aula
[segundo] 25/11/15: La peluca de Luca (coeducación)
[segundo] 20/11/15: XOGO DE RESTAS
[segundo] 18/11/15: PIKIPALABRA
[segundo] 20/10/15: Bodas de pulgas y piojos
[segundo] 11/09/15: Reunión de 2º
[primeiro] 27/05/15: Velocidade lectora
[primeiro] 30/04/15: Composicións con figuras xeométricas
[primeiro] 15/04/15: Busca las imágenes iguales
[primeiro] 23/03/15: Tendal de poesía
[primeiro] 10/11/14: Árbore da familia
[primeiro] 28/09/14: (2014-2015) Xogando cun tangram feito na clase
[primeiro] 28/09/14: Practicar a direccionalidades das letras
[primeiro] 25/09/14: (2014-2015) Unha tartaruga na aula de 1º
[segundo] 08/02/14: (2013-2014) PILÚ, PILÚ: o noso videoconto
[segundo] 24/09/13: AULA DE 2º E PT, ABRINDO AS NOSAS " MALETAS" PARA PRESENTARNOS NO INICIO DO CURSO
[primeiro] 18/02/13: (2012-2013) Entroido
[segundo] 21/06/09: (2008-2009) Sacapenas para Gaza dos nenos e nenas de segundo
[segundo] 10/03/09: Segundo de primaria
[segundo] 29/01/20: Menú do recanto
[primeiro] 29/01/20: Menú do recanto
[segundo] 04/10/16: Xogos do recanto de segundo
[primeiro] 20/10/16: Xogos do recanto de primeiro

MAPA INTERACTIVO DOS MONUMENTOS DO MUNDO

Aínda que desde a casa, en 1º e 2º fixemos algunhas pequenas investigacións. Así, ademais de escribir, ler e buscar información,ao facer un traballo conxunto mantemos a pertenencia a un grupo-clase. Neste caso, foi sobre os monumentos do mundo. O traballo consistiu en que cada neno completaba unha ficha sobre un monumento do mundo buscando información e logo con todas as fichas fixemos un mapa interactivo. Hai que agradecer as familias a súa implicación nesta tarefa e a súa actitude sempre participativa.

Estas son as fichas elaboradas polos nenos:

E este é o noso mapa interactivo:

MAPA INTERACTIVO DOS MONUMENTOS DO MUNDO(1º E 2º)

(2019-2020) AS ABELLAS

Na clase de 1º e 2º fixemos un pequeno proxecto sobre as abellas. Fixémonos preguntas e intentamos dar resposta a todas elas usando libros, internet, vídeos,etc. As familias colaboraron enviando ao noso correo da clase información moi interesante e tamén facendo cos nenos na casa murais ou investigacións que trouxeron á aula. 

Coa información que tiñamos decidimos crear un libro para doalo á biblioteca do colexio. Pero antes tiñamos que elaboralo. Divididos en varios equipos, os nenos traballaron para realizar a parte do libro que lles tocou. Logo,co libro xa rematado, pensamos que poderiamos facer unha presentación do libro, invitando ás outras clases á mesma. Así, elaboramos unhas invitacións e tamén un cartel o que nos serviu para coñecer máis tipos de textos. Logo, na data e hora prevista, con algúns nervios e vergoña, fixeron a súa presentación na pantalla. Fixérono xenial, demostrando que saben cooperar. Por último, démoslle polen a probar a todos os invitados á presentación e fixemos entrega do libro á biblioteca. Foi todo un éxito.

Aquí tedes algunhas fotos dos equipos traballando.

Aproveitando este tema, que nos resultou apaixoante, disfrazámonos de abellas no Entroido, todos os nenos e nenas de abellas (ata había algunha velutina) e a profe Loli e a profe Yolanda de apicultoras.

(2019-2020) Pirámide alimentaria e outras cousas

 

Na aula de 1º e 2º tivemos a visita de Tropicaco, un canciño de xoguete, que nos ensinou o abecedario cunha canción. 

 

Fixemos rimas utilizando a nosa ruleta.

Para favorecer o bo comportamento e esforzarnos naqueles aspectos que máis custan, o personaxe do noso libro de lecturas, o rei da noite, pediunos que fixeramos unha cadea o máis longa posible. Se facemos a fila ben, se recollemos sen ruídos, etc., imos gañando eslabóns e formando unha cadea que veremos ata onde chega.

Coa colaboración de todos, traendo xoguetes que temos na casa, estamos a facer unha pirámide alimentaria e aprendendo que alimentos hai que comer máis veces e cales moi pouquiñas veces. Aínda está sen rematar, pero vainos quedando así:

(2018-2019) MÁIS COUSIÑAS

Na nosa clase seguimos aprendendo, traballando e xogando. 

Con este xogo practicamos o cálculo mental.

Tamén practicamos matemáticas, neste caso xeometría e organización espacial, co noso tangram.

 

 

 

 

E co xeoplano.

E para seguir practicando decenas e chegar ata a centena utilizamos material caseiro.

Para as letras e palabras xogamos ao pasapalabra con vocabulario de Nadal. Logo había que volver colocar as letras no rosco por orde alfabético, o que nos serviu tamén para recordalo.

Os nosos debuxos con grafismos sérvennos para practicar a grafomotricidade decorando os animais unha e outra vez, xa que son borrables.

Tamén antes das vacacións de Nadal, fixemos na clase o "amigo invisible". A cada un lle tocou facerlle un regaliño a un compañeiro: podía ser un debuxo, unha manualidade...esmeráronse moito, ata houbo algún que decorou un papel de regalo e envolveu o seu traballo.

E xa en xaneiro tivemos unha visita, que os de 2º recordaban do ano pasado. Tropicaco, o can do abecedario, veunos visitar e cantarnos a canción das letras. Cando volva, temos que saber ben as letras do abecedario na orde correcta. Practicaremos ata entón.

(2019-2020) Descubrimos o beebot e probot nos obradoiros de robótica neste primeiro trimestre

Durante este primeiro trimestre participamos en diferentes obradoiros de robótica, nos que fomos superando diferentes retos que nos ían propoñendo o profe Óscar e a profe Yolanda.

Quen corre máis? Que cheagará antes? O beebot ou o probot?

 

 

 

Podes debuxar co probot?

 

 

Finalmente tivo lugar a gran carreira, onde descubrimos que ambos se programaban con "magnitudes diferentes", mentras o beebot camiñaba de 15 en 15 cm, o probot facíao de centímetro en centímetro. 

 

Nos seguintes trimestres continuaremos a descubrir, e traballar, con outros robots gracias os que afondaremos en diferentes aspectos lóxico matemáticos, de orientación espacial e de pensamento estructurado.

 

Podes ler de seguido todo que facemos nos obradoiros de robótica libres, nos recreos dos luns.

(2019-2020) Explorando todo o que poden facer os nosos robots, nos obradoiros libres dos recreos dos luns.

 

(2019-2020) SEGUIMOS TRABALLANDO EN 1º E 2º

Na clase de 1º e 2º seguimos traballando, xogando e aprendendo.

Estivemos falando da familia, aprendendo vocabulario novo, explicando aos compañeiros quen son os nosos familiares amosándolles a árbore xenealóxica feita na casa. As familias implicáronse moito nesta actividade e os nenos trouxeron unhas árbores xenealóxicas preciosas, chegando nalgúns casos ata os tataravós.

En 2º están aprendendo a ler a hora no reloxio e, con máis calma, en 1º imos empezando tamén a facelo. É unha aprendizaxe que precisa de que na casa os nenos usen reloxios, os miren, conten o tempo que falta para unha actividade, etc.

Tamén e, dado o éxito que ten entre os nenos, seguimos coa nosa caixa de "A pensar" de cada semana. Ás veces resulta fácil como nesta actividade de numeración

pero outras veces hai que pensar e pensar e só uns poucos conseguen dar coa resposta, como pasou co enigma da última semana.

En matemáticas, os de 1º estivemos medindo a aula con palmos, pés ou pasos. Tamén medimos lápices cunha regra ou a propia mesa cunha cinta métrica.

E, para practicar os ditados e cambiar os que facemos habitualmente, esta vez fixemos un ditado con globos. Os nenos repartidos en dous equipos tiñan que explotar un a un os globos da cor do seu equipo e ditarlle a palabra que había dentro do globo aos compañeiros.

 

Tamén en equipos, 1º e 2º xuntos, xogaron ao xogo da oca para repasar a ortografía.

E, como sempre, seguimos a traballar os valores, os bos hábitos e o compañeirismo. Así, cando un neno acaba o seu traballo pode poñer unha medalla de axudante e axudar a outro compañeiro.

 

 

(2019-20) ALGUNHAS COUSAS DA NOSA CLASE

 Estas son algunhas cousas que fixemos na clase:

O primeiro, o resultado do experimento. O experimento consistía en meter un óso de polo en auga e outro en vinagre, deixalos uns días e ver que ocorría. Os nenos cubriron unha ficha onde explicaban o proceso, o que eles crían que ocorrería... e logo anotaban o resultado. Neste caso, ningún neno acertou co que ía pasar, xa que o óso metido en vinagre volveuse brando e podía dobrarse facilmente. Falamos de que esto era debido a que o vinagre eliminaba o calcio, falamos da importancia do calcio para os nosos ósos e dentes e de que alimentos o conteñen e a necesidade de alimentarnos ben.

Aproveitando o seu interese pola alimentación, fixemos uns paneis de "frutipuntos" para ir poñendo unha pegatina cada día que traian froita de merenda ao cole. Quen consiga todos os "frutipuntos" levará un "frutipremio".

Por outro lado, para traballar aspectos como a diferenciación de dereita e esquerda, algo necesario para orientarse e tamén para a lectoescritura, fixemos dous xogos. O primeiro consistíu en aparcar uns coches que trouxeron da casa á dereita ou á esquerda segundo se lles fora indicando.

 

O segundo xogo é un "memory" de caracois que miran á dereita ou á esquerda, feito con pratos de cartón.

Por outra banda, traballamos o cálculo, sumas e restas, de moitas maneiras; unha delas foi con este traballo en equipo onde tiñan que facer sumas e logo comprobalas coa calculadora. 

Ao acabar avalían o seu funcionamento como equipo e falamos do que é necesario mellorar para a próxima vez.

E, por suposto, nunca deixamos de traballar a lectura e escritura. Neste caso, a actividade consistía en atopar a palabra segreda antes que os demais equipos.

Estas e moitas cousas máis pasaron na nosa clase. Iremos dando conta de máis actividades en vindeiras entradas.

 

(2019-2020) APRENDENDO XUNTOS

Estivemos aprendendo cousas sobre o corpo humano, algúns dos seus órganos e como traballan xuntos para conseguir que o noso corpo funcione.

Creamos na aula un recanto con fichas informativas, carteis, libros...sobre o tema. Tamén fixemos un experimento do que daremos conta cando pasen os días necesarios para ver o resultado.

Usamos a pizarra dixital interactiva para escribir os nomes dalgunhas partes do corpo que iamos aprendendo.

E tamén para bailar a canción "cabeza, tronco, extremidades" que está nunha entrada anterior.

1º e 2º xuntos tamén estamos a elaborar un libro con palabras recortadas de revistas, folletos...que nos fan ler alá por onde imos na procura de palabras que nos valgan para o noso libro. Cando estea rematado, pasará a formar parte da nosa biblioteca de aula.

Ademais cada luns aparece no recanto de " a pensar" un novo reto que nos fai pensar, buscar solucións diferentes, ser creativos ou atopar un dato concreto. Así, ás veces hai que completar un debuxo, ou facer a palabra máis longa que poidamos cunhas letras dadas ou adiviñar o número correcto coas pistas que se dan. Durante toda a semana anotamos nun papel a solución ou posibles solucións e metémolos nunha caixa que se abre os venres. 

 

(2019-2020) SAMAÍN

 Aproveitando a motivación dos nenos a causa de Samaín, fixemos varias actividades para escribir, ler e traballar a atención. Así fixemos actividades de buscar diferenzas, sopas de letras con vocabulario de Samaín, debuxos de medo...

Falamos dos medos que todos temos, de que o medo é necesario para protexernos dos perigos, pero ás veces temos medo a cousas que non son perigosas e é importante intentar superalos. Cada neno fixo un traballo no que escribiu o seu medo e logo se debuxou a el mesmo sorrinte e sentíndose ben entre aquelo que lle produce medo. 

Contamos pequenas historias de medo que máis ben daban risa utilizando unhas figuras:

 

 

E aprendemos un tipo de texto discontinuo, o menú ou carta dun restaurante. Os nenos divididos en equipos elaboraron un menú apetecible so para os monstros, porque esforzáronse en que fora o máis "asqueroso" posible. Con eso decoramos o corredor cun "restaurante para monstros" e aprendemos a poñer unha mesa de maneira correcta e, de paso, falamos da importancia de colaborar nas tarefas da casa.

Por último o día 30 participamos nos Obradoiros de Samaín con todo o colexio: fixemos pantasma con Zaira no obradoiro de manualidades; Susana ensinounos un feitizo para desfacer pesadelos, con Paulo e Gonzalo fixeron uns sandwiches monstruosos, Loli pintounos as caras no Obradoiro de maquillaxe e tamén votamos á cabaza favorita para o concurso de cabazas. Fixemos tamén un montón de fotos no fotomatón. Esta é a foto de grupo pero hai moitas máis na galería. 

Distribuir contido