Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

primeiro, segundo, primeiro e segundo, 1º e 2º xuntos

PIKIPALABRA

Pinchando neste enlace poderedes xogar ao pikipalabra, un xogo co que aprenderedes vocabulario, practicaredes lectura e pasarédelo ben.

http://www.primerodecarlos.com/TERCERO_PRIMARIA/archivos/pikipalabra/pikipalabra.swf

E neste outro enlace tedes un montón de problemas matemáticos para convertirvos nuns expertos.

 http://www.bromera.com/tl_files/activitatsdigitals/capicua_2c_PF/CAPICUA2-U2-PAG31-CAS.swf

Bodas de pulgas y piojos

Os de 2º len cada vez mellor. Para demostralo, len neste audio un poema popular titulado "Bodas de pulgas y piojos".

 

Reunión de 2º

O vindeiro martes 15 de setembro ás 17 horas teremos unha reunión na aula de 2º na que estará a titora e os pais que poidan acudir. Falaráse dalgunhas normas, dos aspectos xerais do currículo de 2º e resolveránse as dúbidas que os pais poidan ter sobre material, libros ou calquera outro aspecto.

Velocidade lectora

 

 Aquí tedes unhas actividades que vos permitirán mellorar a vosa velocidade lendo. 

     velocidade lectora

     salto de ollos

     lectura misteriosa

 

 

Composicións con figuras xeométricas

Os de 1º fixemos varias composicións xeométricas cos bloques lóxicos.Quedaron así de bonitas.

Busca las imágenes iguales

Os dejo un enlace para trabajar la asociación de imágenes. Deben buscarse las imágenes iguales lo más rápidamente posible. Esta actividad favorece la memoria y la velocidad lectora.

http://jeux.lulu.pagesperso-orange.fr/html/assoMemo/aPoussi1.htm

Tendal de poesía

Tendal de poesía

Temos unha novidade na biblioteca de aula,un tendal de poesía no que toda a clase pode participar. Consiste en facer un intercambio de poemas seguindo esta norma:  para levar un poema do tendal hai que deixar alí outro

Os poemas cópianse e decóranse e teñen que levar o nome do autor.

Poden ser copiados na casa ou na escola e de calquera libro.

Os poemas que se deixan no tendal pódeos coller calquera outro alumno da clase, polo que non se recuperan.   Os poemas que se levan para casa son para quedarse con eles ou, se queren, para volver cambialos por outros.

Árbore da familia

En 1º estamos a traballar a familia e os parentescos. Estaría ben que os pais que quixesen falasen cos seus fillos sobre como se chaman os seus avós ou bisavós, cantos tíos ou curmáns teñen, e.t.c.

Poderían tamén realizar unha árbore xenealóxica  e ver ata onde poden chegar investigando sobre os seus antepasados. Poden debuxar a árbore os propios nenos e poñer os nomes ou as fotografías dos membros da familia. Tamén se poden atopar modelos de árbores xenealóxicas en internet para imprimir e completar.

Espero que vos animedes e pasedes un bo rato cos vosos fillos, e que eles aprendan sobre os seus orixes.

(2014-2015) Xogando cun tangram feito na clase

Na clase de Plástica realizamos un tangram circular e conseguimos facer as figuras dunha tartaruga e dun peixe. Os nenos levan o tangram para a casa e poden xogar a facer as figuras que aparecen nel ou a inventar unhas novas. Tamén fixemos un tangram para ter na aula.

 

Practicar a direccionalidades das letras

Se pinchades nesta páxina atoparedes xogos nos que poderedes practicar a forma de escribir as letras:

http://agrega.catedu.es/visualizar/es/es_2009040312_7200025/false

Distribuir contido