Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Formación docente, PFPP - Seminario 2, PFPP - Seminario 1, U.D.I. (Unidades didácticas integradas), P.F.P.P. Información común

Primeira docencia do seminario, o 22 de outubro na escola de idiomas de Pontevedra sobre traballo cooperativo

 

  • 4 horas de docencia (teóricamente quedarían outras catro pendentes)
  • Docente: Jose Ramón Lago (Universidade de Vic)
  • Presentación do programa: "(Aprender a cooperar. Cooperar para aprender)"
  • data: 22 de outubro   
  • horario: 16:30 a 20:30 horas.
  • lugar: salón de actos da escola de idiomas de Pontevedra

 

SESIÓN 1: lembrando que son e por que dos proxectos de traballo

Podes descargar de seguido a presentación, en formato pdf, que empregaremos nesta primeira reunión do seminario, onde lembraremos os fundamentos e estrucutra dos proxectos de traballo.

Presentamos a continuidade do P.F.P.P. para o curso 2014-2015

Esta proposta de continuidade foi aprobada e levarase a cabo no centro ó longo deste curso 2014-2015 

Presentamos de seguido a proposta de continuidade do Plan de Formación Permanente do Profesorado, que foi presenado no C.F.R, para desenvolver no noso centro ó longo deste curso 2014-2015:

  • itinerario 1: as tarefas na aula e os novos curriculums
    • curso: os novos currículums (15 h.)
    • seminario: as tarefas nas aulas (30 h.)
  • itinerario 2: os proxectos de traballo nas aulas
    • seminario: os proxectos de traballo (30 h.)

Descarga o esquema explicativo dos itinerarios e actividades proposas (pdf)

 

Nova esctructura na web:

Para adaptarnos a esta nova estructura, tamén se levou a cabo unha reorganización dos espazos web destinados a cada unha das actividades.

Por unha banda mantemos o apartado adicado o seminario de proxectos do curso pasado, para continuar co mesmo neste curso.

Reconvertimos o apartado adicado a COMBAS do curso pasado (mantendo a información que nel existía), no novo apartado adicado o itinerario sobre o currículum e as tarefas na aula.

Mantemos por último o espacio adicado ás Unidades Didácticas Integradas onde, ademáis de poder descargarse as plantillas en branco tanto de infantil como de primaria (deseñadas no P.F.P.P. o curso pasado), tamén se colgarán as U.D.I. elaboradas dentro do plan, como resultado final do traballo de ámbolos dous itinerarios.

 

UDI PREHISTORIA 1º CURSO

A continuación recóllese a unidade didáctica integrada de 1º curso.

 

U.D.I. PREHISTORIA: "Stonehenge" - Inglés

De seguido podes descargar a UDI elaborada para o proxecto da prehistoria no centro, na área de inglés.

U.D.I. Prehistoria "A nosa prehistoria" (6º de primaria) - 3 U.D.I.s

De seguido podes descargar as 3 U.D.I. sobre o proxecto da Prehistoria no 6º curso de primaria. "A nosa prehistoria".

 

 

PORTFOLIO FINAL COMBAS A2

Hola a todos/as:

No seguinte arquivo adxunto atoparedes o portfolio de actividades do proxecto COMBAS A2 que se realizou no curso 2013-2014 no noso centro educativo.

O portfolio acompaña dúas das UDIS de exemplo, aínda que ten un enlace á páxina web do centro ó apartado de Unidades Didácticas Integradas que está no apartado de Formación do Profesorado.

A memoria final do PFPP, inclúe referencias tamén a este apartado de UDIS, e tamén a este portfolio como xa vos comentamos Óscar e máis eu. 

Como coordinadora do grupo de traballo e do equipo de formación do colexio, manifesto a miña gratitude ós membros do grupo de traballo pola participación no mesmo así como a enhoraboa polo traballo de UDIS realizado. 

UNIDADE DIDÁCTICA INTEGRADA 5º CURSO E RELIXIÓN

A continuación, no documento adxunto atoparedes a UDI que realizamos en 5º curso e Relixión de forma integrada, para abordar contidos do proxecto de centro sobre a PREHISTORIA, centrándonos neste caso, na temática das armas e ferramentas de dito periodo histórico así como nos monumentos funerarios e manifestacións relixiosas que inda chegan ata os nosos días.

 Aparece sinalada a estructura de tarefa, engarzando actividades e exercicios realizados co alumnado, de cara a acadar os obxectivos propostos para este curso, integrándoos na xornada de fin de curso de portas abertas sobre a prehistoria na que estamos a traballar.

 

Dispoñible apartado UDIS no lateral da web

No lateral esquerdo da web, xusto entre os botóns do PFPP e COMBAS, podedes atopar un novo botón que leva a  nova sección para publicar as U.D.I.S que estamos a elaborar, de xeito que serva como un almacén que poder compartir cos demáis.

Unha ligazón a ese apartado será un dos materiais que entregaremos xunto coa memoria do P.F.P.P.

Estamos a subir as UDIS a medida que nos van chegando tan só tedes que remitilas por correo ó coordinador do Seminario ou á de Combas.

UDI Prehistoria de Educación Infantil: Os petroglifos

Presentamos de seguido a Unidade Didáctica Integrada sobre os "Petroglifos" a desenvolver nas aulas de Educación Infantil, dentro do proxecto de centro sobre a Prehistoria plantexado no P.F.P.P.

Podes facer un seguimento da posta en práctica desta U.D.I. nos recantos de infantil 1 e 2 desta web. 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.