Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Formación docente, PFPP - Seminario 2, PFPP - Seminario 1, U.D.I. (Unidades didácticas integradas), P.F.P.P. Información común

(2016-2017) Proposta de planificación do traballo para o PFPP do curso 2016/17

Podes descargar o pdf coa proposta ó pe desta páxina en formato pdf.

En caso de ser aceptada, tanto as datas fixadas, como a diferente documentación de axuda para levar a cabo o traballo, será publicada nos apartados do seminario e do curso respectivamente. 

Programación e UDIS de Educación Infantil

  

  

   

   

   

  

  • Lembra que podes descargar as Unidades Didácticas Integradas na aplicación PROGRÁMAME, nas que se planifican as tarefas que levamos a cabo en Educación Infantil, e das que podes ver a posta en práctica na aula nas diferentes entradas do "recanto de infantil". Estas UDIS serán marcadas como públicas a medida que se vaian levando a cabo na aula ó longo deste curso.
  • As Unidades Didácticas Integradas dos cursos anteriores si están marcadas xa como públicas na súa totalidade. 

 

Accede ás UDIS citadas na aplicación, prográmame > públicas baixo o usuario "oscar_abilleira"

 

 

 

(2015-2016) Xa están dispoñibles (actualizados) os calendarios de reunións do PFPP: tanto do seminario como do curso

Entrando no apartado correspondente desde os botóns da parte lateral esquerda da web, PFPP Seminario e PFPP CURSO, e escollendo a opción "calendario",  podedes acceder xa ós calendarios de reunións de ámbolas dúa actividades que conforman o noso PFPP para este curso 2015/2016.

Tamén podedes acceder directamente desde aquí:

 

Calendario de reunións do Seminario: elaborando o perfil competencial e perfil de área do centro. (30 h)

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1579

 

Calendario do curso: Mindfullness nas aulas (10 h)

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1868

 

Esta información é complementaria á remitida por e-mail a tódolos participantes en ámbalas dúas actividades.

Planificación do curso - Definitiva

O curso queda planificado deste xeito:

· Sesión 1: Xoves 25 febreiro. 18-21h. Introducciónó mindfulness. Cómo introducilo nas aulas.

· Sesión 2: Venres 26 febreiro 16-19h. Cómo introducilo nas alas.
(Ese venres por la mañá iría polos centros para levar a cabo prácticas nas aulas)

Planificación de tarefas (UDIs) para o curso 2015-2016 en EDUCACIÓN INFANTIL

Podes descargar as UDI planificadas para este curso en Educación Infantil na seguinte ligazón.

Descarga ás programacións e UDIs na carpeta compartida en google drive desde aquí.

Estos documentos atópanse en proceso de revisión polo que é posible que algúns non se atopen aínda dispoñibles.

UDIs elaboradas con Prográmame en www.recursoseducativos.net  

(2015-2016) Pequena presentación "avaliación e programación cos novos currículos"

Aquí podedes descargar (no adxunto ó final da páxina) a presentación que empregamos para tratar a avaliación e programación cos novos currículos, por se é do voso interese.

Lembrade tamén que a web onde podedes atopar a aplicación de axuda para a creación de UDIS e programacións, chamada PROGRÁMAME (creada por min) é a seguinte:

http://www.recursoseducativos.net  

 

(2015-2016) Elaboración dos Perfiles Competenciais, documentación de traballo

Documentos de traballo:

  • Perfiles competenciais xa rematados e pendentes
  • Planing cos estándares por área sobre os que traballar
  • Documento informativo sobre os procesos das competencias  

 

Accede a esta documentación en google drive:

Ligazón á carpeta compartida en google drive 

 

 

(2015-2016) Plan de traballo para elaborar o perfil de área, e distribución por mestres/as

Cada un cumplimentará a súa parte na aplicación PROGRÁMAME (recursoseducativos.net), no curso/categoría "PEDRO ANTONIO CERVIÑO (común)".

Se non podes ver o curso comunícalle a Óscar (coordinador do PFPP) o teu nome de usuario para que te engada. 

As áreas quedaron distribuidas deste xeito:

  • - Marga - EF
  • - Merce - EM
  • - Ana - MAT
  • - Bernarda - REL
  • - Chus - LC
  • - María - LG
  • - José Luis - CN
  • - Yolanda - CS
  • - Loli - PLE
  • - VSC - Rosana e Cathy
  • - EP. - Susana
  • - Relelaboración indicadores infantil: Óscar e Ángela
Reunión de seguimento en xaneiro, ou tras rematar a selección de estándares prioritarios para o perfil da competencia lingüística.
Prazo de entrega Abril.
Cada mestre/a elaborará a selección de estándares, indicando un mínimo,  para os 6 cursos de primaria da área asignada.
A parte do peso por estandard, e a posta en común dos mínimos elaboraráse de forma conxunta, a partir de abril, por parte de todos e todas, cando se acorde e revise o traballo presentado por cada un.
O traballo deberá ser introducido na aplicación PROGRÁMAME na categoria/curso compartida "PEDRO ANTONIO CERVIÑO", deste xeito unha vez elaborado, poderemos traballar sobre os datos ahí introducidos e e no futuro cada usuario poderá "copiar" ós seus cursos o perfil de área para a programación. 
En todo caso podes descargar o modelo en papel, se queres facelo "a man". 

(2014-2015) Semana 2: Pintando o mural coa colaboración das familias

Nesta segunda semana de traballo, continuamos a pintar o noso mural na sala de usos múltiples, dentro da proposta realizada dentro do PFPP do curso 2014-2015.  (podes ver o resto do proceso aquí).

Lembra que podes ler as Unidades Didácticas Integradas, preparadas para esta tarefa de centro desde aqui.

 

Ademais os compañeiros e compañeiras de infantil, contaron coa participación das súas familias para pintar con eles o mural e para participar en obradoiros nas súas aulas, organizados polos seus mestres. Podes ler máis sobre o traballo dos compañeiros e compañeiras de infantil, nesta entrada publicada no seu blog, á que podes acceder desde aquí.

 

Así queda o noso mural, na aula de usos múltiples. Como podes comprobar está case rematado.

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.