Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

Formación docente, PFPP - Seminario: Robótica nas aulas, PFPP - seminario: avaliación das competencias clave, U.D.I. (Unidades didácticas integradas), P.F.P.P. Información común

(2015-2016) Plan de traballo para elaborar o perfil de área, e distribución por mestres/as

Cada un cumplimentará a súa parte na aplicación PROGRÁMAME (recursoseducativos.net), no curso/categoría "PEDRO ANTONIO CERVIÑO (común)".

Se non podes ver o curso comunícalle a Óscar (coordinador do PFPP) o teu nome de usuario para que te engada. 

As áreas quedaron distribuidas deste xeito:

  • - Marga - EF
  • - Merce - EM
  • - Ana - MAT
  • - Bernarda - REL
  • - Chus - LC
  • - María - LG
  • - José Luis - CN
  • - Yolanda - CS
  • - Loli - PLE
  • - VSC - Rosana e Cathy
  • - EP. - Susana
  • - Relelaboración indicadores infantil: Óscar e Ángela
Reunión de seguimento en xaneiro, ou tras rematar a selección de estándares prioritarios para o perfil da competencia lingüística.
Prazo de entrega Abril.
Cada mestre/a elaborará a selección de estándares, indicando un mínimo,  para os 6 cursos de primaria da área asignada.
A parte do peso por estandard, e a posta en común dos mínimos elaboraráse de forma conxunta, a partir de abril, por parte de todos e todas, cando se acorde e revise o traballo presentado por cada un.
O traballo deberá ser introducido na aplicación PROGRÁMAME na categoria/curso compartida "PEDRO ANTONIO CERVIÑO", deste xeito unha vez elaborado, poderemos traballar sobre os datos ahí introducidos e e no futuro cada usuario poderá "copiar" ós seus cursos o perfil de área para a programación. 
En todo caso podes descargar o modelo en papel, se queres facelo "a man". 

(2014-2015) Semana 2: Pintando o mural coa colaboración das familias

Nesta segunda semana de traballo, continuamos a pintar o noso mural na sala de usos múltiples, dentro da proposta realizada dentro do PFPP do curso 2014-2015.  (podes ver o resto do proceso aquí).

Lembra que podes ler as Unidades Didácticas Integradas, preparadas para esta tarefa de centro desde aqui.

 

Ademais os compañeiros e compañeiras de infantil, contaron coa participación das súas familias para pintar con eles o mural e para participar en obradoiros nas súas aulas, organizados polos seus mestres. Podes ler máis sobre o traballo dos compañeiros e compañeiras de infantil, nesta entrada publicada no seu blog, á que podes acceder desde aquí.

 

Así queda o noso mural, na aula de usos múltiples. Como podes comprobar está case rematado.

 

(2014-2015) Semana 1: Pintado do mural cos alumnos e alumnas

Seguindo o calendrio e a distrubición para planificación do traballo (que podes ver xunto co resto do proceso aquí), nesta primeira semana diferentes cursos foron "dando cor" ó mural da Sala de Usos Múltiples segundo o deseño.

 

Organizaron o traballo en pequenos grupos para pintar as figuras e elementos, que se correspondían co proxecto de investigación levado a cabo na aula sobre o autor das mesmas.

 

Tamén se foron pintando as "montañas" do fondo", respectando as zonas delimitadas para o traballo dos restantes cursos.

 

Por suposto tamén se fixeron as mesturas de cores pertinentes partindo das cores necesarias.

 

Pouco a pouco e enorme mural foi tomando forma.

 

Aínda queda unha semana máis de traballo, na que participarán os alumnos e alumnas de Educación Infantil, quenes ademáis invitaron ás familias para que participasen nesta tarefa.

Como sempre o contaremos nunha próxima entrada.

UDI - PROXECTO ARTE: Pinturas a Granell (5º e 6º)

UDI de 5º e 6º de EP sobre o surrealismo e pintores surrealistas, centrando o noso traballo  no pintor galego Eugenio Granell.

 

 

 

UDI - SEMINARIO TAREFAS: Unha achega á pintura galega (5º e 6º de primaria)

De seguido podes descargar a UDI elaborada en 5º e 6º para a tarefa "unha achega á pintura galega".

UDI - PROXECTO ARTE: "O comic" (3º de primaria)

De seguido podes descargar a UDI elaborada para o seminario de Proxectos de traballo do PFPP 2014-2015, no curso de terceiro de primaria.

UDI - PROXECTO ARTE ( 2º, 4º, PT, AL)- GALERÍA KANDINSKYANA

A continuación preséntase a UDI levada a cabo en 4º curso, sobre o proxecto de arte, e na que participou o profesorado especialista en PT e AL así como se traballou de forma cohesionada coa aula de 2º curso algúns aspectos como a participación no deseño da " pintada final" así como a aportación á galería de Kandinsky

Podes descargala a continuación

 

UDI SEMINARIO TAREFAS: RELIXIÓNS POLITEÍSTAS ( 21/5/15)

A continuación preséntase o desenvolvemento de unha UDI relacionada co estudo e investigación nas relixións politeístas, levada a cabo en 6º curso de Educación Primaria.

Máis abaixo acompáñase o documento de concreción curricular, e posteriormente farase unha entrada na páxina web referida ó desenvolvemento do traballo en aula coas evidencias de elaboración por parte do alumnado dos produtos finais que competen a esta UDI.

 

UDI SEMINARIO TAREFAS: OS ECOSISTEMAS 4º CURSO ( 20/5/15)

A continuación recóllese nun arquivo en pdf a Unidade Didáctica Integrada posta en práctica na aula de 4º curso, para abordar o traballo nos ecosistemas e que se plantexa como material de entrega para o seminario " Tarefas e currículum" que estamos a desenvolver dentro do PFPP de este curso escolar. A posta en escena, na aula, pódese visualizar nunha entrada anterior que atopamos tamén neste recanto e que sirve como evidencia de traslado á aula da concreción curricular proposta a través da presente tarefa.

 

Distribuir contido