Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Formación docente, PFPP - Seminario 2, PFPP - Seminario 1, U.D.I. (Unidades didácticas integradas), P.F.P.P. Información común

(2017-2018) Documentos de traballo para a elaboración do currículum de robótica en 4º e 6º

Acceso ós documentos compartidos en Google Drive para a elaboración dos currículos de robótica,  como áreas de libre elección de centro, en 4º e 6º de primaria.

 

https://drive.google.com/open?id=1D7tXGUL_1kGpz2ML50tYpChL0J-9A6Wy 

(2017-2018) Dispoñible UDI e documentos de traballo das sesións de robótica (m-bot e m-block en 5º e 6º)


Podes atopar a UDI elaborada para traballar a primeira aproximación o m-block e o m-bot na aplicación programame-udis de www.recursoseducativos.net.  En udis públicas do usuairo "oscar_abilleira"
 
    
Tamén está dispoñible unha ligazón a google drive con rúbricas de autoavaliación  de cada equipo, que se usarán co alumnado nas sesións. Podes atopala no botón do menú superior "na aula"
 
     
Estas sesións corren a cargodo coordinador do PFPP e contan coa participación, ademais do alumando, do profesorado do grupo.

(2017-2018) Descarga o modelo para propoñer ideas sobre o “documento de avaliación da práctica docente"

Na seguinte ligazón podes descargar o modelo para aportar "ideas" o documento para a avaliación da práctica docente e elaborar na próxima reunión do seminario.
 
 

 
 (aquí podedes descargar a táboa en formato pdf, word, odt  ou o que queirades escollendo "arquivo > descargar".

(2017-2018) Remitida por correo a documentación das docencias de Susana Oubiña

A documentación das docencis de Suana Oubiña sobre robótica foi remitida ós participantes por correo, cunha ligazón a unha carpeta en google drive de onde pode descargarse.

 

(2017-2018) Xa está dispoñible o calendario de reunións e docencias para os seminarios do PFPP

Podes descargalos en formato PDF nos apartados do seminario sobre a avaliación e de robótica, na opción "calendario"

     

(2017-2018) Proposta de traballo para o PFPP do curso 17/18

Podes descargar a información sobre o PFPP deste curso escolar no centro no pdf adxunto.

(2016-2017) Calendario das reunións/debate para establecer os niveis de logro por proceso de CD, CCEC, CSiEE e CSC

Calendario acordado para o debate e establecemento dos niveis de logro por competencia (de 1º a 6º), para o perfil competencial:
  
- 5 de abril (16:00 h):  CD
- 23 de maio (16:00 h): CCEC
- 30 de maio (16:00): CSIEE
- 26 de xuño (pola mañá): CSC 
  
De ser posible, e no caso de levar a cabo nalgunha das datas outra competenci ademais da indicada, a data do 26 de xuño non faría falta.
  
Por esta razón, para cada unha das datas indicadas sería recomendable traer un borrador dos niveis de logro que cada quen plantexaría, tanto para a competencia en cuestión como para a seguinte, para poder continuar no caso de que dese tempo a facelo.
  
Podes descargar o planing compartivo do perfil competencial, para poder facer o borrador de niveis de logro, desde a aplicación PROGRÁMAME > programación e currículo > xerar > perfil competencial > planing comparativo.
  
Para facer o seguimento dos niveis acordados, que están a ser introducidos na aplicación, así como dos estándares prioritarios escollidos, pode facerse unha copia, desde o cartafol do centro, a un novo cartafol propio ou ben noutro xa creado, copiando ben o perfil competencial da competencia en concreto como facendo unha copia total. 
Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.