Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Formación docente, PFPP - Seminario 2, PFPP - Seminario 1, U.D.I. (Unidades didácticas integradas), P.F.P.P. Información común

UDIS prehistóricas: "Edicións prehistóricas"- aula P.T. e "Galería de arte rupestre" - segundo ciclo

A continuación agréganse dous arquivos con UDIS desenvoltas no centro educativo vinculadas co desenvolvemento do proxecto da PREHISTORIA na escola este curso. Ambos aspectos formaron parte do noso PFPP de centro.

Correspóndese con traballo realizado na aula PT e no 2º ciclo, e levan por título: 

- Edicións Prehistóricas

- Galería de arte rupestre.

Podes velas nos seguintes arquivos:

 

Dispoñible a documentación que empregaremos na reunión do seminario do xoves 15 de maio

Nesta penúltima reunión do seminario (xoves 15 de maio desde as 16:00 h) trataremos os seguintes temas:

  •  A avaliación dos proxectos de traballo, un exemplo real.
  • Organizaremos a xornada de xuño adicada á prehistoria no centro e remataremos o traballo que nos queda por facer no corredor, etc...
  • Plantexaremos alternativas a como enfocar o P.F.P.P. de cara o vindeiro curso.

Como sempre xa tedes no apartado DOCUMENTOS, a presentación e documentos que empregaremos nesta sesión de traballo do seminario.

modelos UDI " PREHISTÓRICAS"

 

Tal como quedamos na última das reunións de traballo, agrego aquí o modelo de UDI PREHISTÓRICA con título

" EDICIÓNS PREHISTÓRICAS" feito dende a especialidade de Pedagoxía Terapéutica  para que vos sirva de modelo para as vosas ou como guía.

Póñovola en tres formatos:

PDF ( que xa a tedeS nos vosos correos, e si recordades e o tipo de formato que acordamos para todos para a entrega do portfolio que farei a  modo de memoria de activiades de este 2º ano de formación en COMBAS)

DOC ( Versión 1997-2003)´. É a mesma ca a anterior pero, como sabedes ó ser en formato doc. é  modificable e podedes traballar sobre ela, borrando e engadindo a vosa propia.

DOC (versión 1997-2003). Está en baleiro, é dicir, que podedes traballar sobre o esqueleto en branco do documento.

ODT (libreoffice ou openoffice). Está en baleiro, é dicir, que podedes traballar sobre o esqueleto en branco do documento.

Lembrade que, a data máxima de entrega de UDIS é o 2 de xuño, porque o portfolio ten que ser enviado para a súa corrección sobre o 4 e o coordinador do outro itinerario, tamén as precisa para a súa memoria final.

Os equipos de UDIS, podedes darmas en un " lápis" de memoria cando as teñadas rematadas en formato pdf.

Calquera dúbida na que vos poida axudar, por favor, pregúntádeme.  

Grazas a todos.

 

 

 

Dispoñible a documentación que empregaremos na próxima reunión do seminario e novas partes do dossier

 

 

Na vindeira reunión do seminario continuaremos coa análise das fases dun proxecto, afondando en dúas novas fases dun proxecto de traballo e investigación:

  • investigando
  • que facemos co descuberto: creando productos sociais relevantes (productos finais)

 

 

Xa tedes dispoñibles no apartado DOCUMENTOS da sección do seminario da web, a presentación que empregaremos como referencia e un exemplo dun mapa conceptual de tarefas, actividades e exercicios da U.D.I. da prehistoria de Educación infantil (que será empregada durante o traballo coa fase de investigación)

Podes acceder a toda esta documentación directamente desde aquí.

 

Como tras cada reunión, tedes tamén dispoñibles os borradores dos novos apartados do dossier sobre o traballo por proxectos, que estamos a elaborar coas aportacións que facemos nas diferentes reunións. Nesta ocasión xa están dispoñibles en pdf: onde buscamos a información?  e como nos organizamos?

Podes atopalos no apartado "dossier" da sección destinada ó seminario, ou directamente desde aquí.

Como sempre podedes facer chegar ó coordinador as aportacións que teñades para incluilos nos mesmos.

Dispoñible a documentación que empregou Rosa Fiel na ponencia sobre traballo cooperativo

Podedes atopar unha ligazón a un blogue onde atoparás a documentación que empregou Rosa Fiel na súa ponencia, atoparala no apartado documentos

EXEMPLO- TIPO DE UDI

Hola a todos e todas:

Na próxima sesión de COMBAS que terá lugar o vindeiro martes,  como xa sabedes a través da orde do día,temos por unha banda como proposta de traballo a rúbrica de unha sesión de avaliación, que se fará de xeito individual o día da avaliación, e, por outra, comezaremos coa elaboración das UDI, porque penso que é ideal que as vaiamos facendo en equipo nas sesións de traballo,para resolver dudas e sobre todo para non ter que levar traballo extra para a casa.

Comezaremos por facer partes sinxelas, como o contexto, temporalización, descripción e mapa mental con exerccios, actividades e tarefas.

Déixovos a modo de exemplo unha UDI que, un centro que tamén participa en COMBAS A2 xa foi elaborando ( o esquema e menos extenso que o noso pero iso non debe preocuparnos porque, iremos cubrindo apartados sobre a marcha, eliminando e/ou engadindo os que queiramos).

Bueno, aí a deixo....como vedes é totalmente simple e emprégoa para que vaiades vendo como as iremos facendo.

O martes xa falamos polo miúdo.

A coordinadora

Rosana Pazos

 

Creado novo apartado sobre o proxecto de centro "A prehistoria"

Dentro do apartado "Proxecto do seminario", atoparedes unha nova sección chamada PREHISTORIA,  onde xa podedes ver a estructura de "productos finais acordada" así como diferentes recursos para empregar nos proxectos de cada ciclo/aula.

 

 

 

ESQUEMA DE UNIDADE DIDÁCTICA INTEGRADA PARA COMBAS A2

Estimados membros/as do grupo de traballo COMBAS A2:

Tal como quedamos na última sesión de traballo o día 18 de febreiro, acompáñovos a proposta de deseño de UDI que consensuamos entre todos/as en dita sesión. Como sabedes, podemos establecer as modificacións que valoremos ou consideremos, xa que este traballo ten que ser froito do consenso, escollendo aquilo co que nos sintamos cómodos/as para programar atendendo a uns ítems ou criterios previos.

Por tanto, máis abaixo tedes o modelo de UDI ( en formato doc, docx, odt e pdf) e tamén o mapa conceptual proposto dende o PFPP dos proxectos que engarza o traballo entre os dous ámbitos de formación.

Nas próximas sesións de COMBAS ademais de desenvolver as prácticas correspondentes ( que vos irei facilitando) aproveitaremos para traballar nas UDI unha vez cada un ou en equipo elixamos a tarefa que queiramos desenvolver na nosa aula.

Na experiencia de centro que terá lugar en Lalín e Pontevedra neste mes de marzo, exporei a liña de traballo que COMBAS tomou, engarzándose co PFPP, dándolle sentido a un traballo concreto de centro ademais de algúns outros aspectos ( como pequenas tarefas que se levan a cabo nas aulas, ou algunha proposta que vos poidades tamén aportar xa que se trata de dar a conocer a outros coles que comezan a dinámica que estamos a seguir, pros, contras, dificultades....etc)

Aí van ambos documentos:

 

 

Dispoñible presentación e vídeos da ponencia de Pastora Astray Mochales

Podes atopar a presentación e os vídeos empregados na ponencia no apartado "documentos", tan só tes que buscar o nome da ponente "Pastora Astray Mochales", para atopar toda a información.

A presentación está subida en formato pdf dentro da zona privada da web, polo que só poderedes vela e descargala se accededes co voso usuario e contrasinal.

Os vídeos, que se atopan en youtube, son públicos. 

Dispoñible manual para a creación de blogs en blogger

Por se lle é de utilidade a alguén aquí tedes unha serie de manuais sobre a creación e xestión de blogs en BLOGGER, se ben a nosa web xa conta con blogs propios, sempre é intersante saber como facer un blog para outras finalidades.

Accede ós manuais desde aquí.

Dispoñibles na aula virtual do centro no apartado profesorado.

 

 

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.