Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

Formación docente, PFPP - Seminario: Robótica nas aulas, PFPP - seminario: avaliación das competencias clave, U.D.I. (Unidades didácticas integradas), P.F.P.P. Información común

(2017-2018) Estrenamos a nova aula-obradoiro de robótica e traballamos con robots nas aulas.

Poder ver tamén como foi a xornada STEM que organizamos no colexio nesta entrada:

13/06/18: (2017-2018) Xornadas STEM no colexio: participamos en obradoiros con drones, robótica e impresión 3D 

 

Así quedou o noso, de momento, pequeno recanto da aula-obradoiro de robótica.

De momento contamos nela con:
  • 1 m-bot
  • 1 beebot
  • 1 pro-bot
  • 1 wedo 1.0
  • 1 pirámide holográfica
  • 1 ordenador
  • varios ordenadores portátiles (que pedimos prestados da biblioteca cando fan falta ;)
Agardamos ir incrementando esta dotación en vindeiros cursos.
A esta aula-obradoiro poden asistir os alumnos/as acompañados dos seus mestres/as segundo un horario de quendas establecido.
Sesións de traballo e programación do "m-bot" usando "m-block"  nas aulas de 5º e 6º. E de paso deseñando o noso propio xogo de tenis ;)
Introducindo a robótica nas aulas

 

Explorando libremente e descubrindo os robots nos recreos dos xoves, para todos aqueles ós que lles apeteza experimentar con eles.
Traballando co Beebot.
.. e tamén co pro-bot
Ata os maiores tamén se apuntaron a "seguir" investigando como facer funcionar os m-bot ;)
E por suposto descubrindo o "código de programación necesario"

(2017-2918) Documentos de traballo para a revisión do Proxecto Educativo.

Acceso ó documento de traballo para a revisión do Proxecto Educativo.

Podes ver na seguinte ligazón como se vai "construíndo" o Proxecto Educativo coas diferentes partes que vaiades remitindo por correo ó coordinador.

 

https://drive.google.com/open?id=17Wr6Aw_McbCOk56nnkg4o5YIAICQPHur 

(2017-2018) Documentos de traballo para a elaboración do currículum de robótica en 4º e 6º

Acceso ós documentos compartidos en Google Drive para a elaboración dos currículos de robótica,  como áreas de libre elección de centro, en 4º e 6º de primaria.

 

https://drive.google.com/open?id=1D7tXGUL_1kGpz2ML50tYpChL0J-9A6Wy 

(2017-2018) Dispoñible UDI e documentos de traballo das sesións de robótica (m-bot e m-block en 5º e 6º)

Podes atopar a UDI elaborada para traballar a primeira aproximación o m-block e o m-bot na aplicación programame-udis de www.recursoseducativos.net.  En udis públicas do usuairo "oscar_abilleira"
 
    
Tamén está dispoñible unha ligazón a google drive con rúbricas de autoavaliación  de cada equipo, que se usarán co alumnado nas sesións. Podes atopala no botón do menú superior "na aula"
 
     
Estas sesións corren a cargodo coordinador do PFPP e contan coa participación, ademais do alumando, do profesorado do grupo.

(2017-2018) Descarga o modelo para propoñer ideas sobre o “documento de avaliación da práctica docente"

Na seguinte ligazón podes descargar o modelo para aportar "ideas" o documento para a avaliación da práctica docente e elaborar na próxima reunión do seminario.
 
 
 
 (aquí podedes descargar a táboa en formato pdf, word, odt  ou o que queirades escollendo "arquivo > descargar".

(2017-2018) Remitida por correo a documentación das docencias de Susana Oubiña

A documentación das docencis de Suana Oubiña sobre robótica foi remitida ós participantes por correo, cunha ligazón a unha carpeta en google drive de onde pode descargarse.

 

(2017-2018) Xa está dispoñible o calendario de reunións e docencias para os seminarios do PFPP

Podes descargalos en formato PDF nos apartados do seminario sobre a avaliación e de robótica, na opción "calendario"

     

Distribuir contido