Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Formación docente, PFPP - Seminario 2, PFPP - Seminario 1, U.D.I. (Unidades didácticas integradas), P.F.P.P. Información común

(2021-2022) Dispoñible, no apartado documentación, a presentación e material da poencia sobre patios dinámicos e inclusivos.

Podes descargar o material e a presentación deixado por Elvira Fernández, na súa ponencia sobre "Patios inclusivos e dinámicos", no botón "documentación" que podes atopar na parte superior.

Tamén podes facelo directamente nesta ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/1585

(2021-2022) Recibimos a visita de Sekía, o can guía, no obradoiro organizado pola ONCE

O pasado 31 marzo de 2022 participamos nun obradoiro organizado pola ONCE; dentro das actividades organizadas este curso no Centro, para traballar a inclusión e a valoración das diferencias.

Marian e María, membros da ONCE, viñeron acompañadas do seu can guía, Sekia, para contarnos como é o día a días das persoas con problemas de visión e invidentes. 

    

Os compañeiros e compañeiras dos diferentes cursos foron coñecendo a Sekia, descubrindo como foi o proceso para educalo, e de que xeito axuda ós invidentes a poder moverse.

     

Tamén experimentamos a usar o bastón branco, que usan os invidentes para moverse. Deste xeito puidemos poñernos na súa pel. 

 

  

    

Podes atopar tódalas fotografías deste interesante obradoiro, no seguinte álbum da galería fotográfica:

ÁLBUM: (2021-2022) Obradoiro coa ONCE: can guía

(2021-2022) Cronograma, información e documentos para a elaboración do Plan Dixital

Resultados da enquisa TIC para as familias XUÑO 2023:

https://docs.google.com/document/d/1-ryCuYQkwvrVNC6EkfgqGNypqFsbdt6PE8HUatCN7bU/edit

     

Acceso a Educalidade, onde xa foi introducido este Plan Dixital:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/

    

Podes descargar o Plan Dixital do CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño, na seguinte ligazón.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/2668

       

Proceso de elaboración do Plan Dixital do centro:

Cronograma para a elaboración do Plan Dixital de Centro (fai click sobre a imaxe para ampliala)

  • Zona do noso centro:  ADIX-PO-1  

   

     

Ligazóns á documentos de interese:

       

   

   

(2021-2022) Proposta de traballo para os dous seminarios do PFPP 2021-2022

De seguido podes descargar o documento, coa proposta de traballo, para os dous seminarios do PFPP do curso 2021-2022.

Na primeira reunión de cada un dos seminarios debatiremos esta proposta e acordaremos o calendario de reunións, docencias, etc.

Este documento está aberto a tódalas modificacións que plantexedes nesa primeira reunión.

Podes ver tamén a proposta de calendario de reunións desde aquí.

(2021-2022) Proposta de traballo para os dous seminarios do PFPP 2021-2022

De seguido podes descargar o documento, coa proposta de traballo, para os dous seminarios do PFPP do curso 2021-2022.

Na primeira reunión de cada un dos seminarios debatiremos esta proposta e acordaremos o calendario de reunións, docencias, etc.

Este documento está aberto a tódalas modificacións que plantexedes nesa primeira reunión.

(2020-2021) Unidades Didácticas Integradas para a posta en funcionamento da radio escolar (elaboradas no seminario)

De seguido podes descargar as Unidades Didácticas Integradas, elaboradas no Seminario de radio escolar (PFPP 2020-2021).

(2020/2021) Documentación docencia Javier Prado sobre radio escolar

De seguido podes descargar a información e material aportado por Javier Prado Espiñeira, sobre a Radio Escolar e a súa función didáctica:

Web de "EScolas Pola Radio":

Presentación completa

  

   

(2020-2021) PFPP - O profesorado fórmase nun seminario sobre a radio escolar no centro

O 5 de maio o profesorado do centro participou na primeira docencia, a cargo de Javier Prado, dentro do seminario sobre a radio escolar, que forma parte do Plan de Formación Permanente do Profesorado do centro (PFPP).

Nesta primeira xornada presencial no centro, deixamos xa listo o equipamento da radio, que nos vindeiros días comezaremos a usar co alumnado como ferramenta educativa.

      

Comezamos tamén a facer as primeiras prácticas para aprender a usar todo o equipamento, da recén estrenada radio escolar.

    

A vindeira semana terá lugar a segunda, e última, docencia presencial deste seminario.

    

(2020-2021) Aprobado o PFPP para este curso

Acaba de ser aprobado a renovación do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), para o curso 2020-2021, no CEIP Pedro Antonio Cerviño.

Neste curso a formación, na que participa todo o profesorado do centro, organízase do seguinte xeito:

  • Seminario: Formación no EVA-Edixgal (e aula virtual), para o segundo ano de implantación.
  • Seminario: Formación para a posta en práctica dunha radio escolar no centro.

En breve será publicado o calendario de reunións previsto, unha vez aprobada a renovación.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.