Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

PFAC, Documentación, Traballo en grupo, Traballo persoal

  • warning: mysql_fetch_array() expects parameter 1 to be resource, boolean given in /srv/www/drupal6/includes/common.inc(1773) : eval()'d code on line 4.
  • warning: mysql_fetch_array() expects parameter 1 to be resource, boolean given in /srv/www/drupal6/includes/common.inc(1773) : eval()'d code on line 4.

Xornada 16: Reamatando a aula virtual e reflexión sobre o PFAC

Esta foi a última xornada presencial do PFAC, xa que a vindeira e última será de traballo persoal (ver apartado de traballo persoal neste mesmo apartado).

1 sesión de docencia: na que se afondaron outra serie de aspectos relacionados co uso e manexo da aula virtual, e  achegamento ás licenzas "creative Commons" e o seu uso no servidor Abalar.

1 sesión de traballo en grupo: na que se rematou o traballo iniciado no curso creado na aula virtual en sesións precedentes. Tamén se levou a cabo unha reflexión e avaliación do PFAC, acordando rematala e facer aportacións en redeiras.

Traballo persoal Xornada 17 (Óscar, Angela e Isabel)

A nosa contribución ao curso da aula virtual sobre Roberto Vidal Bolaño, como traballo persoal para a xornada 17 foi:

- Localizar onde vivía o autor en google maps inserindo o mapa no tema 2 do curso. (fai click na imaxe para acceder ó mesmo)

 

 

  -Crear un libro LIM sobre o autor homenaxeado para educación infantil e primeiro ciclo de primaria.  Insertado no tema 2 do curso. (fai click na imaxe para acceder ó libro)

 

Tamén podes entrar no curso da aula virtual, onde atoparás estas dúas actividades, xunto ás dos demáis compañeiros aquí 

 

Traballo persoal xornada 17: Marga, Tirso e Merce.

Dentro do noso grupo de traballo preparamos, como traballo persoal para a xornada 17, unha actividade de escolla sobre cuestións referidas á dramaturxia do autor homenaxeado, dentro do curso sobre o mesmo existene na aula vitual do centro.

Para entrar nela premede no seguinte enlace:

Roberto Vidal Bolaño

Traballo persoal xornada 17 (Loli Mato e Susuna Batallán)

Como traballo persoal da xornada 17, realizamos un cuestionario (actividade escolla) dentro do curso da aula virtual sobre a vida de Roberto Vidal Bolaño, na que o alumnado terá que ler a biografía do autor para contestar correctamente as preguntas propostas.

Traballo persoal xornada 17 ( Ana, Bernarda, María e Rosana

A continuación, tedes un enlace á aula virtual para poder facer o LIM de traballo en equipo que desenvolvemos para esta 3ª práctica correspondente ó traballo persoal da xornada 17, sobre algúns dos/as os autores/as conmemorados nas Letras Galegas.

 

Se o prefires, podes entrar no curso da aula virtual desde AQUÍ

 

Traballo persoal xornadas 9 e 11: Isabel Santomé González

TRABALLO PERSOAL xornadas 9 e 11 ISABEL
SANTOMÉ GONZÁLEZ

INTRODUCCIÓN

Nestas dúas sesións de traballo
persoal elaborei un libro LIM sobre o tempo, que será empregado para
reforzar contidos desenvolvidos no 2º trimestre na área de
Coñecemento do Medio.

MATERIAL ELABORADO

O libro de actividades LIM foi subido á
aula virtual do centro e tamén ao recanto de 1º no apartado de
Ligazóns para que os alumnos poidan utilizalo dende as súas casas.

PASOS PREVIOS

Para a elaboración deste libro
necesitei unha serie de recursos (imaxes, sons, etc) así como os
contidos do 2º trimestre de coñecemento do medio.

Primeiro plantéouse o que se ía
traballar, e despois houbo que buscar actividades tipo do programa
LIM para adaptala aos contidos.

POSTA EN PRACTICA

Utilizamos o EDI da aula de
Informática.

Traballouse cun grupo de 14 nenos/as de
1º de Primaria, de forma grupal e colaborativa.

VALORACIÓN

Trátase dun recurso atractivo e
novedoso co que os rapaces traballan de maneira lúdica.

Traballo persoal xornadas 9 e 11: Susan Batallán

1. Traballo elaborado

INTRODUCIÓN

Nestas duas sesións de traballo persoal, elaborei un pequeno libro LiM  que sera empregado para reforzar os contidos do tema  desenvolvidos no segundo trimestre de coñecemento do medio sobre os ecosistemas.

TRABALLO ELABORADO

O libro LIM foi subido a aula virtual do centroe tamen ao recanto de cuarto para que os alumnos/as poda utilizalos dende a súas casas.

PASOS PREVIOS

Para a elaboración foi necesario a búsqueda de recursos como os sons , imaxenes e adaptalas posteriormente as actividades tipo do programa LIM.

POSTA EN PRÁCTICA

A posta en práctica tivo lugar na aula de informática cun grupo de 9 alumnas e  alumnos de 4º curso de E.P.

Trátase dun grupo heteroxéneo con dificultades de lectoescritura.

 

CONCLUSIÓNS

Atopei algúns problemas nas imáxens que no cargaron correctamente unha vez que  puxen en práctica o LiM cos alumnos.

Os alumnos de cuarto consideraron as actividades como divertidas, entretidas e lúdicas.

Actividades que conseguiron a motivación dos alumnos  e a súa interacción grupal .

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xornada 15: recursos e actividades da aula virtual

Engadimos recursos e actividades ó curso da aula virtual iniciado na xornada anterior.

O traballo levouse a cabo en pequenos grupos, podes acceder a este curso na nosa aula virtual desde AQUÍ.

Distribuir contido