Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

Abalar, PFAC, blog abalar, recursos, Documentación, Traballo en grupo, Traballo persoal, E.D.I. infantil, E.D.I. primaria

  • warning: mysql_fetch_array() expects parameter 1 to be resource, boolean given in /srv/www/drupal6/includes/common.inc(1773) : eval()'d code on line 4.
  • warning: mysql_fetch_array() expects parameter 1 to be resource, boolean given in /srv/www/drupal6/includes/common.inc(1773) : eval()'d code on line 4.

Convirte o teu ordenador nun equipo Abalar empregando un pen-drive

Escritorio UNR dos equipos Abalar

 

Introducción:

Como sabemos, os equipos Abalar (tanto portatil do mestre como os ultraportátles do alumnado) contan un sistema operativo propio (unha distribución GNU-LINUX debian con escritorio UNR).

Se queremos empregar ese mesmo sistema operativo e escritorio nun ordenador que non sexa Abalar, temos estas dúas opcións:

  • Opción 1: empregar a versión live Abalar, ofrecida dentro do proxecto que, instalada desde un pen-drive permite executar o s.o. e o escritorio no noso ordenador sen facer ningún cambio no contido do mesmo (tódolos datos de cambios se almacenarán no pen-drive). A versión live Abalar non permite que a instalemos no noso ordenador e sempre deberá funcionar desde o pen drive. A vesión live Abalar non ten porque funcionar en tódolos equipos.
  • Opción 2: empregar un sistema operativo gnu-linux cunha apariencia moi semellante á versión "live Abalar", neste caso ademáis de poder traballar desde un pen-drive tamén poderemos instalo no disco duro do noso ordenador se o desexamos. Este segundo método debería ser máis compatible cos diferentes equipos que a versión live Abalar. Se non che funciona a opción 1 podes tentalo con esta segunda opción.

 

Vexamos, de seguido, como facelo:

O proceso tanto para a opción 1 como para  a opción 2 é exactamente o mesmo, salvo que empregaremos en cada caso un arquivo de imaxe diferente:

O que imos facer vai ser crear nun PEN-DRIVE (que empregaremos só para isto) unha versión do sistema operativo dos equipos Abalar (ben sexa live Abalar ou ubuntu 10.40+unr), de xeito que se arrancamos o equipo co pen-drive conectado, e seleccionamos que arranque desde o pen-drive, teñamos á nosa disposición o escritorio dun equipo Abalar.

Ademáis poderemos empregar este pendrive en calquera ordenador que desexemos, tan só arrancando co pen-drive conectado e escollendo que arranque desde el.

Imos precisar:

  • Un pen-drive (que será formateado no proceso polo que perderemos os datos que haxa nel) e que será empregado só para este fin (como mínimo de 1Gb)
  • Ter o programa UNETBOTTIN no noso ordenador (non fai falla instalalo), empregarémolo para crear no pen-drive a vesión do sistema operativo que contén o arquivo iso que temos descargado. Podes descargar e instalar o unetbottin aquí.

1.- Cando teñamos o arquivo de imaxe xa no noso equipo e teñamos un só pen drive conectado ó ordenador (por seguridade para non borrar datos por erro) abrimos o probrama unetbottin

2.- No programa veremos como o noso pen-drive aparece xa seleccionado na parte inferior (se temos máis de un pen-drive conectados deberemos escoller o que  nos interese, con coidado, porque se borrarán os datos daquel que escollamos)

3.- Escollemos "imaxe iso" e pulsamos no botón con tres puntiños, para ir buscando entre as carpetas a imaxe iso que descargamos, permemos ok e agardamos a que remate o proceso.

Cando remate teremos xa o noso pen-drive listo para funcionar.

4.- Reiniciamos o noso equipo con pen-drive conectado (ou calquera outro ordenador) e escolleremos que arranque desde o usb (pen-drive). Se non atopamos esa opción deberemos activala na BIOS do sistema. En todo caso a meirande parte dos equipos teñen unha tecla (Fnº) que preméndoa no arranque do mesmo permite escoller desde onde arrancar (tan só hai que estar atento ás mensaxes que aparecen no arranque na parte inferior da pantalla para descubrir de que tecla de función se trata)

 

Notas se escollemos a opción 2:

Unha vez instalado é moi importante actualizar o sistema para incluir os últimos cambios. En sistema -> xestor de actualizacións. Verás aparecer tamén un aviso de que existe una nova versión de ubuntu, se a descargas perderás a apariencia do unr, que desapare como tal en versións posteriores.

5.- Só se optamos pola versión ubuntu 10.40 netbook, veremos que se nos ofrece un menú de cor azul onde poderemos escoller se arrancar desde o usb (try ubuntu netbook without instaling) ou instalalo no noso disco duro (install ubuntu netbook) isto tamén poderemos facelo unha vez arrancado desde o usb. Escollemos a que máis nos interese, se optamos por instalalo non precisaremos arrancar co usb conectado no futuro.

 

6.- Se optamos pola opción 2 veremos un escritorio moi semellante, pero non idéntico ó escritorio Abalar. Cambian as cores, fondo de escritorio, idioma e programas instalados, pero isto podemos solucionalo doadamente facendo os cambios que consideremos oportunos, e instalando os programas que queiramos xa que, a diferencia da versión live de Abalar neste casi si poderemos instalar novos programas.

Na pestana "sistema" ou "sistem" poderemos cambiar a apariencia sen problemas.

 


Modifica a apariencia de ubuntu 10.40+unr para que se pareza a "Abalar"
 

  • Configura o teu acceso a internet premendo no icono da wiffi. Para que non che pida o contrasinal da wiffi cada vez que entres, lembra marcar na súa configuración "dispoñible para tódolos usuarios"
  • Escolle o tema "ambiance" en sistema -> apariencia 
  • Cambia o fondo polo de Abalar  en sistema -> apariencia -> fondo. Podes usar ó de Abalar descargándoo aquí.
  • Cambia o idioma a galego (se é que non o escolliches na instalación) en sistema -> soporte de idioma escollendo "engadir e eliminar idiomas", precisaremos dunha conexión a internet para descargar o novo idioma. Xa instalado arrástrao ó primeiro lugar da lista e pecha a sesión, a próxima vez que entres xa estará en galego.
  • Instala os programas que inclúen os equipos Abalar, podes atopar un listado aquí. Para instalalos tan só tes que entrar favoritos -> centro de software de ubuntu ou ben dentro do apartado sistema e ir buscándoos polo nome para instalalos.
  • Os menus que faltan no lateral (ciencia, educación...) irán aparecendo a medida que vaias instalando programas nesas categorías.
  • Lembra que podes engadir un programa a favoritos premendo no botón "máis" ó lado de cada icono, e que podes eliminalo de favoritos escollendo quitar no menú que aparece ó premer co botón dereito.

Cos cambios indicados pode verse así, moi semellante a un equipo Abalar, non si?

 

 

Notas finais:

As versións live (desde usb) poden ser algo máis lentas que as versións instaladas no disco duro. Lembra que se instalas no teu disco duro ubuntu 10.40 netbook manterase o sistema operativo que teñas actualmente (salvo que indiques o contario) e poderás escoller cal arrancar en cada caso.

É probable que non arranque a versión live-abalar, debido ás características do ordenador por non ser compatible, nese caso podes tentar a instalar o indicado no método 2.

Se unha vez dentro de live-abalar quixeras telo no teu ordenador (non nun pen-drive) non sería posible, se ben si poderías ter un sistema moi semellante, tal como se explica na opción 2.

 

 

Ubuntu netbook 10.40 non é a última versión dispoñible, pero si ofrece unha funcionalidade e aparienciasimilar o s.o. Abalar, e permite unha compatibilidade maior con equipos antigos.

Co mesmo procedemento poderíamos emrpegar calqueira outra versión de ubuntu ou outra distribución linux que queiramos, para probala desde pen-drive e mesmo instalala.

 

Dispoñible manual para o uso de SymbalooEDU unha forma sinxela e visual de levar á aula ligazóns web

Pode ser interesante para organizar as ligazóns que imos empregar como fonte de informacion nun proxecto, e poder ser usado polos alumnos na aula.

Podes descargar este manual na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/moodle/course/view.php?id=32&username=guest&password=guest

 

Instalación do equipamento Abalar na aula de 6º

Durante este verán e ó longo do primeiro trimestre do curso 2013-2014, rematarase a instalación do equipamento Abalar na aula de sexto curso, de xeito que se remate a implatación deste proxecto no noso centro.

Dispoñilbes os resultados da enquisa do PFAC en fprofe

Podes coñecer os resultados da enquisa do noso FPAC, en fprofe.

 
http://www.edu.xunta.es/fprofe

 

 

Aberto o prazo para completar a enquisa do PFAC do noso centro

Podes completar a enquisa do PFAC levado a cabo no noso centro en FPROFE.

https://www.edu.xunta.es/fprofe/

 

Podes facer a túa valoración e dexiar as túas aportacións para a memoria do PFAC en REDEIRAS

 

No noso grupo en Redeiras poderás facer unha valoración do PFAC e deixar as túas aportacións para a memoria.

Xa dispoñible o curso na aula virtual sobre "Roberto Vidal Bolaño" elaborado no terceiro bloque do PFAC

Este curso na aula virtual foi elaborado nas xornadas de traballo en grupo do PFAC, no terceiro bloque de contidos, e coas aportacións, en pequenos equipos, elaborados como traballo persoal da última xornada do PFAC.

Podes acceder ós contidos deste curso da aula virtual desde aquí.

Xornada 16: Reamatando a aula virtual e reflexión sobre o PFAC

Esta foi a última xornada presencial do PFAC, xa que a vindeira e última será de traballo persoal (ver apartado de traballo persoal neste mesmo apartado).

1 sesión de docencia: na que se afondaron outra serie de aspectos relacionados co uso e manexo da aula virtual, e  achegamento ás licenzas "creative Commons" e o seu uso no servidor Abalar.

1 sesión de traballo en grupo: na que se rematou o traballo iniciado no curso creado na aula virtual en sesións precedentes. Tamén se levou a cabo unha reflexión e avaliación do PFAC, acordando rematala e facer aportacións en redeiras.

Distribuir contido