Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Outros traballos, celebracións e saídas

(2021-2022) Visita do Real Club de Piragüismo de Pollença

O xoves 10 de marzo, tivemos a sorte de que os compoñentes do Club de Piragüismo Pollença viñeran ao noso colexio a darnos unha interesante charla sobre o mundo do Piragüismo. Non foi unha visita calquera, pois os membros do equipo son auténticos deportistas profesionais que compiten na élite do piragüismo mundial. Entre eles, estaba Alfonso Benavides, 18 veces Campión mundial e europeo, 4º nos xogos olímpicos de Río 2016 e medalla de bronce en Londres 2012. Outros dos compoñentes do equipo eran Toni Segura, dúas veces Campión do mundo en C2; Joan Antoni, Campión de Europa absoluto; Cristian Agu e Pere Antoni, 3º do mundo e bronce en Portugal; e Mª José Mailliard, olímpica en Tokio e campioa do mundo.

Máis alá do seu currículum deportivo, o importante da xornada foi que acercasen este deporte ao noso alumnado e nos transmitisen os seus valores. 

Despois dunha breve presentación, os máis cativos puideron experiementar o que é subirse a un C1 profesional.

Despois de "remar" sobre o C1, os nenos/as fixéronlles unha serie de preguntas aos deportistas para saber como é o seu día a día, como entrenan, curiosidades, etc.

Grazas por compartir esta experiencia con nós!

(2021-2022) Novas tecnoloxías para alumnado e familias

Como en cursos anteriores e dentro do Plan Director para centros educativos, organizamos unhas charlas-coloquio para o alumnado do centro a para as familias.

O tema a tratar nesta ocasión trata sobre as novas tecnoloxías e os perigos de Internet. Os  encargados das charlas son membros da Garda Civil, especializados nestes temas, que nos descubren novos métodos de fraude, acoso nas redes sociais, protección de datos persoais etc...

(2021-2022) Obradoiro "Fai clic ao teu bocata"

Seguimos aprendendo a comer mellor cada día da man do programa "Aliméntate ben", en concreto por medio do obradoiro "Fai clic ao teu bocata", que como ben di o seu nome, o que se busca é fomentar o consumo de bocatas saudables a base de produtos do mar.

Ao longo do día de hoxe, tódolos cursos desfrutaron dun obradoiro teórico-práctico no que puideron coñecer cales son as principais conservas de mar que poden empregar para facer os seus bocatas.

Primeiro foron os nenos/as de infantil

Despois de prestar moita atención,había que probar esas conservas tan ricas!

Turno para os de 1º e 2º!

Eles tamén levaron bocata, pero comérono no recreo. Había que repoñer forzas cun rico bocata de sardiñas, queixo e leituga!

Por último, era o turno dos maiores, que tamén levaron candansúa ración!

Que ricos e saudables estaban os bocatas! Non quedou un! Agora xa temos ideas para traer merendas ao cole!

(2021-2022) Plantacións no invernadoiro 2022

Arranca a tempada 2022 no noso invernadoiro ca plantación de produtos propios desta época do ano.

Os nenos/as dos diferentes cursos puxeron os "guantes e o mono de traballo" para plantar as hortalizas que lle tocaron. Así, alumnos/as de infantil encargáronse de plantar leitugas de diferentes tipos, os seus compañeiros/as de 1º/2º os chícharos, os de 3º/4º unha mix de porros e tomates, e por último, os máis maiores, plantaron tomates e algunha que outra leituga.

Pois o dito, mans á obra!

Primeiro había que preparar a terra: limpala, abonala e remexela ben.

Segundo paso: organizar os espazos nos bacais, facer buratos e introducir as prantas con coidadiño.

Terceiro e último paso: non vos esquezades de regar ben!

Moi bo traballo, nenos/as !!! Agora temos que ir tódolos días a regalas e mimalas moito!

...e dentro duns meses: a recolleita!

(2021-2022) Celebramos o Día da Paz e a non violencia 2022. Queres ver o que fixemos?

Para celebrar o día da Paz e a non violencia, pintamos entre todos e todas un muro no que escribir esta fermosa frase.

    

O día 31 de xaneiro, celebramos o Dia da Paz interpretando unha canción todos e todas xuntos.

    

Para lembrar este día, tomamos fotografías diante do noso muro, que xa estaba rematado.

   

Podes ver de seguido como foi a interpretación desta canción

  

Podes ver máis fotografías desta celebración, así como do pintado do muro, nesta álbum da galería fotografica.

(2021-2022) Celebración do día da Paz 2022

    

Do mesmo xeito, podes ver outros traballos que se levaron a cabo nos diferentes niveis, para celebrar o día da Paz e no violencia, nos blogues dos diferentes recantos.

    

(2021-2022) Plantamos árbores froiteiras

Esta semana plantamos árbores froiteiras no patio: unha maceira, unha ameixeira e un pexegueiro.

Xa nos tarda velas medrar!

(2020-2021) Taller "Ti si que es un bo peixe"

 

O pasado martes 16 de novembro, participamos nun taller para coñecer os produtos do mar. Entre outras, había actividades para identificar os tipos de mariscos e peixes, as artes de pesca e marisqueo ou como elaborar receitas mariñeiras.

 Despois dunha breve charla inicial, puidemos mirar por unhas gafas de realidade virtual e observar dende como marisquean nas Rías Baixas ou ver como funciona unha lonxa ou como traballan as redeiras.

 Despois explicáronnos a identificar os diferentes vivalvos e peixes que temos nas nosas rías e a saber se o tamaño e apto para o consumo ou non. Para iso, aprendemos a empregar o calibre, unha ferramena moi sinxela e útil para medir a talla das diferentes especies.

 Xa para rematar fixéronnos un pequeno agasallo con receitas elaboradas con produtos do mar: sándwich de queixa crema e atún, ensalada con merluza, un iogur e auga.

   Agora xa sabemos un pouco máis do mundo do mar!

(2021-2022) Magosto 2021 en San Antonio

Hoxe, 11 de novembro 2021, día de San Martiño, celebramos a conmemoración do Magosto nun entorno espectacular como é a Área recreativa de San Antonio. 

Sobre as 9:30 horas da mañá, os máis madrugadores (os nenos/as de 1º e 2º), puxéronse a camiñar polas pistas forestais cara a área recreativa. Gradualmente, foron saíndo as clases de 3º/4º e 5º/6º seguindo o mesmo trazado. Durante a ruta, puideron contemplar as pegadas do cambio de estación na flora da zona e desfrutar dos fermosos paisaxes que nos iamos atopando.

Os últimos en saír foron os nenos/as de infantil, que aproveitaron o servizo de bus para subir a San Antonio e desfrutar do circuíto de xogos populares. 

Unha vez instalados, por cursos participaron nun circuíto de xogos populares e tradicionais moi variado. Algúns dos xogos foron "o pano", "a petanca", "os zancos", "a corda" e, como non, o tan esperado "come-castañas".

Despois de dalo todo en cada xogo e participar ao máximo, había que recuperar os folgos, e que mellor maneira que con unhas castañas recén asadas aportadas polos propios nenos/as. Que ricas estaban!

Co bandullo ben cheo de castañas, desfrutamos dun ratiño de xogo libre pola contorno, e ata fomos facerlle unha visita á Pedra da serpe. Aquí un non se aburre!

Xa para rematar a xornada, puxémonos a camiñar rumbo ao colexio. Agora era moito máis doado, era todo costa abaixo!

Ata o ano, San Antonio!

(2020-2021) Xa podes ver o Festival de Nadal 2020 - ONLINE.

Xa podes ver o "Festival de Nadal 2020".

Nesta ocasión, como consecuencia da COVID-19, presentamos unha versión "online".


    

  

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.