Este mes, o noso experimento científico na aula, veu da man dos nosos compañeiros e compañeiras de Infantil 1, que estan a investigar sobre o "arco da vella" dentro do seu proxecto de traballo (mentras nos seguimos a afondar na nosa investigación sobre os gatos)
Un dos equipos da outra aula foi o encargado de explicarnos como facer "cores que se poden tocar", coas que eles fixeron arcos da vella. Estivemos moi atentos a como mesturar a cola, espuma de afeitar e colorante para conseguilo.
Así lles quedaron a eles unha vez secos e si... podían tocarse as cores!
Con tódolos datos claros e tras preprarnos nos equipos con guantes para non marcharnos, comezamos a repetir o experimento en cada un dos equipos. Conseguiríamos o mesmo resultado que os nosos compañeiros?
Cada un dos equipos tivo que acordar como levar a cabo os pasos para facer o experimento. Quen se encargaría de engadir a espuma de afeitar, a cola e o colorante.
Cada un dos equipos tivo tamén que acordar, de forma dialogada que cor usarían para a súa pintura.
Con todo dentro da bolsa tan só quedaba mesturalo ben.
E facéndolle un pequeno corte, nunha das puntas da bolsa, tal como nos contaron os compañeiros e compañeiras da outra aula, puidemos pintar coas nosas "cores en volume".
Así quedou a nosa creación, feita entre todos, despois da fin de semana comprobaremos se se "pon dura" e podemos tocala...
E así quedou cando secou despois do fin de semana
Nesta ocasión, a creación do vídeo onde se explica o experimento, correrá a cargo dun dos equipos dos nosos compañeiros de Infantil 1, que poderás ver nuns días no apartado "vídeos" do recantanto de infantil.
Podes ver os experimentos anteriores levados a cabo na aula, ó longo deste curso, nas seguintes ligazóns:
11/11/17: (2017-2018) Experimento: Facemos funcionar un reloxo con laranxas. Queres ver o vídeo que creamos? [14]
04/12/17: (2017-2018) Experimentamos con Coca-cola e Mentos e... sabes o que sucedeu? [15]
27/01/18: (2017-2018) "A pementa que escapa": experimentamos e creamos o vídeo na aula. Queres velo? [16]
Lembra que podes ver os vídeos de outros experimentos, tanto desde curso como do curso pasado, no apartado de "VÍDEOS" do recanto de infantil, ou directamente desde AQUÍ [17].