En outubro, fixemos por fin os equipos cooperativos, cos que traballaremos en determinadas ocasións.
Nos reunimos cos nosos compañeiros de equipo
para decidir cómo nos queríamos chamar como equipo, escribir o nome e ilustralo.
Nuna sesión posterior, buscamos en google unha imaxe que se correspondese co noso nome, para imprimila e pegala no noso panel de equipo, e compuxemos o nome con letras móviles.
Estes son os equipos e os compoñentes de cada un.
TIGRE LEÓN
Feitos xa os equipos cooperativos, comezamos os experimentos do ano, neste caso o do mes de outubro, que nós lle chamamos "AUGA DE CORES", unha vez visto o que sucedía.
Como sempre facemos, pensamos en diferentes alternativas cos materiais que Ángela nos presentaba, elaborando hipóteses.
Nesta ocasión non era difícil inferir que con auga, m&ms e un prato, levaríamos a cabo unha experiencia sobre a "disolución".
[7] Separamos os m&ms por cores, colocándoos despois de xeito alterno, levando a cabo unha"serie" no prato en forma de círculo; tiñamos que estar moi atentos para colocar a cor correspondente, engadimos a auga e...a esperar...
Había outras alternativas para colocalos de diferentes maneiras e combinando as cores; diso dependía o resultado final.
Cando a un compañeiro se lle caíron unhas gotiñas de auga no prato das de cor vermello, observamos que inmediatamente as pingas se tinguían de vermello. Tamén observamos que só a parte que estaba en contacto coa auga se volvía branca. Pensamos en qué outras cousas podían ser disolubles e cales non.Agora nos tocaba a nós levar a cabo o experimento cos equipos.
E rexistramos o proceso, os materiais e o nome no noso dossier dos experimentos.
En novembro faremos o seguinte!