Nos primeiros días de clase, falando na asemblea, un neno nos contou algo sobre os minerales, que vira no Dino tren, na súa casa, e varios de nós enganchamos co tema, contando o que sabíamos, preguntando cousas...
Noutra ocasión, tamén na asamblea, outro neno sacou o tema dos inventos e a moitos lles gustou e ata suxeriron de facer nós un invento na clase.
Co cal chegou o momento de decidir sobre cál dos dous temas nos gustaría investigar. Non todos coincidíamos polo que a profe propuxo votar, escribindo unha raia no tema que nos interesase,
e despois de facer cada un a súa votación,
o tema gañador, por dous votos de máis foi o dos minerais.
Como os resultados estiveron bastante igualados, a profe propúxonos deixar o tema dos inventos para o seguinte proxecto e así será, comezaremos con este proxecto cando rematemos o que empezamos agora.
Como con todo proxecto, expuxemos os nosos coñecementos sobre os minerais (cando recabemos información comprobaremos se as nosas hipóteses eran certas ou non). Isto o levamos anotado para casa para que as familias saiban o que falamos sobre o tema e de ónde partimos.
O QUÉ NOS GUSTARÍA SABER E INVESTIGAR é:
-¿cómo se fabrican los minerales?
-¿cómo se forman nas covas?
-¿cómo se le hace el color?
-¿cómo son? ¿qué formas tienen?
-si hay minerales grandes.
-¿de dónde salen?
-¿dónde pueden estar?
-¿de qué colores poden ser?
Coma sempre, se falou de que se pode buscar información nas casas, coas familias, así que enviamos unha nota contando sobre este novo proxecto.
A ver si conseguimos respostar a todas as preguntas!