No mes de xaneiro, cando comezou o ano cumpriu anos a nosa compañeira VALERIA. Coa axuda de todos e todas ía preparar unha tarta para convidalos/as a nunha fantástica festa.
Os compañeiros e compañeiras da súa aula, preparáronlle unha camiseta de agasalo. Quedou fantásticas.
A homenaxeada escolleu do libro de receitas [5] a súa tarta favorita e, cos ingredientes que trouxo, un día antes da celebración, preparou a tarta seguindo os pasos da receita elixida, co axuda dos compañeiros e compañeiras de ámbalas dúas aulas.
Despois dun día no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na tarta.
[8]Pero antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lles cantábamos o "cumpleanos feliz" e o "parabéns para ti"
E por fin chegou o momento de que a homenaxeada repartira a tarta entre os seu convidados e convidadas.
E como remate festa patacas fritidas, gusanitos e zume... e por suposto, aqueles que o preferiron, a súa merenda.
O vindeiro mes celebraremos os aniversarios do mes de febreiro. Xa o contaremos neste blog cando chegue o momento.