Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012) Somos os críticos cinematográficos da revista escolar deste curso

Este curso para facer a nosa contribución á revista escolar "O Cervo", os nenos e nenas de Educación Infantil 2 convertímonos en "críticos cinematográficos".

Nunha asamblea estabecemos un diálogo sobre as nosas películas favoritas, cales coñecían os demáis, de que trataban, quenes eran as persoaxes, onde a miraron, con quen, cando... 

As películas que escollimos foron:

EVA  - YAIZA: AS   PRINCESAS

MARA  -  MARCOS:  O REI  LEÓN

GABRIEL:  TINTÍN

DIEGO: CARS

ÁLVARO - JAVIER - DAVID : SPIRIT

ANXO: DRAGÓN Z

IKER: HORTON

Tamén dialogamos sobre o que era ser un "CRÍTICO DE CINE"... finalmente chegamos á conclusión de que "son as persoas que ven as películas e opinan se lles gustou ou non para que o saiban os demáis".

 

Así pois convertímonos en críticos de cine, e o primeiro foi ver como se "facía unha crítica" para poder facela tamén para a revista escolar.

No ordenador atopamos algunha.

 

Nela descubrimos que había que saber as seguintes cousas para facer "a crítica das nosas películas favoritas":

  • O TÍTULO que todos sabiamos sen problemas
  • O XÉNERO: cada quen foi decidindo se a súa película era de AMOR, MEDO, AVENTURAS, PELEXAS...
  • ESTRELAS: debatimos un anaco sobre o motivo de que puxeran nunhas películas moitas estrelas e noutras poucas... chegamos á conclusión de que seguro que eran moitas se lle gustaba moito a película e poucas se non lle gustara. Así toda a xente sabería se lle gustaba  ou non.
  • ARGUMENTO: cada quen foi contado "o que sucedía" na película que elexira indicando as personaxes, o que sucedía, cando, "quer era o bo ou o malo"...

 

Unha vez que tivemos claro o que debería levar a nosa crítica, chegou o momento de "facer o visionado" das mesmas. 

 

Na pizarra interactiva, da aula de informática, cada quen (ou cada grupo
se era o caso) foi presentando a súa película, como se titulaba e cal
era o argumento... e logo facía click nela (co dedo) para comezar a ver o
trailer da mesma. 

 

Estes son os trailers e a distrubición de películas que empregamos no visionado:

 

TRAILERS DAS NOSAS PELÍCULAS FAVORITAS

PARA A NOSA CRÍTICA CINEMATOGRÁFICA

 

Fai click sobre cada carátula para ver o trailer da película:

 

 

 

Cando remataba "o anaco da película", o seu "crítico" chamaba un por un ós demáis compañeiros e compañeiras preguntando se lles gustou ou non, e en caso afirmativo poñía un gomet de estrella na súa folla... así sabería todo o mundo se nos gustaba moito ou pouco a película.

 

A medida que os "críticos da aula" ían poñendo "as súas estrelas" iamos contando cantas levabamos en cada momento.

 

Así quedoron distribuidas as estrelas nas diferentes películas que elexiramos. Buscamos cal tiña máis estrelas, a que tiña menos, cales tiñan "o mesmo número de estrelas", tamén as ordeamos de menos estrelas a máis estrelas, para saber cal era a que máis nos gustou.

 

Xa na aula, completamos a "folla da nosa crítica" indicando cantas estrelas había, cal era o xénero (amor, aventuras, pelexas, carreiras...) e o seu argumento.

 

Aqueles que escolleran as mesma película, tiveron que completar a súa folla da crítica coas estrelas que necesitaba e decidiron facer as súas críticas xuntos.

 

Aquí podes ver un exemplo de como quedou unha delas.

 

 

Con todas as nosas críticas rematadas montamos as nosas "páxinas para a revista escolar".

Así quedoron as nosas páxinas para  revista, fai click na imaxe para ver o seu contido completo (as 4 páxinas)

 

No mes de xuño levaremos para casas a revista "O Cervo" co traballo de tódolos compañeiros e compañeiras, e entre eles estará a nosa sección de "crítica cinematográfica"

A revista O Cervo estará tamén dispoñible nesta web na súa totalidade no mes de xuño, ata ese momento podes consultar tódolos números anteriores AQUÍ.