Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012) Asistimos ao teatro e a unha exposición

O pasado luns 21 asistimos a unha función de teatro, en Pontevedra, "Bicharadas", e a unha exposición sobre a orixe do home.

De camiño ao teatro

Preparándonos para ver a obra.

Ó rematar a obra unha periodista entrevistounos.

Á saida do teatro aproveitamos para "saudar" a uns escritores moi particulares, entre eles, Valentín Paz Andrade, que eran estatuas.

E despois, antes de asistir á exposición, fixemos unha parada pare merendar e xogar.

 

Xa no museo, unha monitora moi simpática explicounos dunha forma moi sinxela e divertida algunhas cousas sobre a orixe do home, os nosos antepasados, os monos.

            

A maioría quedamos fascinados co modo vida dos nosos "antepasados"

Resultou unha xornada moi completa e amena e hai un traballo previo e un traballo posterior á mesma.

A semana anterior, comentando esta saída, dialogamos partindo do título da obra de teatro, sobre qué trataría dita obra:

-De bichos. Mariposas, arañas,..

-De reirnos porque fan tonterías.

-De que non falan. Con xestos.

-De dinosaurios.

-De hablar mucho.

Posteriormente vimos o folleto da obra, para corroborar que efectivamene trataba duns bichiños...

Ademáis, como en todas as saídas, recordamos as normas que debíamos seguir no autobús, na rúa así como no teatro, no museo e no parque.

Ó día seguiente á obra recordamos a xornada anterior, a obra, o museo..e recordábamos moitísimas cousas porque o pasamos xenial.

Por grupos ilustramos es escribimos acerca de cada unha das actividades desenvoltas ese día.

 

A OBRA DE TEATRO

 

A  MERENDA  E  O  PARQUE

 

A  EXPOSICIÓN

 

Ademáis, ordeamos no tempo unhas fotografías da xornada.