Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

VISITA Ó SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

O venres 9 de marzo, os nenos e nenas de E.E.I do Pedro Antonio Cerviño, os nenos e nenas do E.E.I de Cerdeiras e os nenos e nenas de 1º e 6º do centro , fixeron a visita ó Salón do Libro por mor de ter elaborado o traballo sobre a temática deste ano que é: " 12+1" 

 

 

Este é o traballo feito polos nenos e nenas.É coma un xogo da Oca da Boa e Mala Sorte.

Os cursos participantes repartiron o traballo.

Decidíuse primeiro o formato .Logo os temas que se ían a tratar sobre a Boa e Mala sorte .Cada tema ten a súa cor e os números correspondentes levan a foto  e a cor escollida.

Os temas foron os seguintes :

E.E.I.Cerdeiras: amuletos

E.E.1: animais

E.I 2: números

1º: obxectos

6º: accións

Cada curso tivo as súas actividades.

E.E.I  e 1º curso tiveron sesión de contacontos.

 

 

 

e os nenos e nenas de 6º tiveron untaller de amuletos personalizados.

Durante a visita , os nenos e nenas estiveron mirando os traballos dos outros centro participantes.

 Visitaron as diferentes salas que se prepararon.

A dos trevos de 4 follas

 

A ruleta da sorte da "merda":

A sala da Santa Compaña

Coma sempre,o lobo ORBIL saudou ós nenos e nenas, invitándoos a ler moito.

E cando rematou a visita, os nenos e nenas merendaron e xogaron nun parque, acompañados polas profes e os profe.