Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012) Incumprindo as normas de aula

INCUMPRINDO AS NORMAS DA AULA

 Na nosa clase temos un cadro coas normas de comportamento que decidimos que eran necesarias para que todo funcionase o mellor posible.

Ao lado del hai unha táboa onde anotamos cada mes os fallos que imos tendo cada un de nós nelas.

Hai dúas delas que si incumprimos ás veces: a de non interrumpir cando se está a falar e a de traballar en silencio.

Os que temos ao fin do trimestre o cadro de comportamento sen ningunha erro conseguimos un pequeno agasallo que entre todos decidimos.

Por elo, os que teñen algunha anotación queren borrala.

Así lles pasou ,por exemplo, a Ana e a Xesús.

 

Para recuperar eses pequenos fallos en comportamento poden preparar algo para os seus compañeiros que durante tres minutos como máximo  expoñen diante deles: chistes, cancións, contos, bailes, ... o que se lles ocorra.

Nesta ocasión agasalláronnos con ... unhas deliciosas galletas coa forma da letra pola que empeza cada un dos nosos nomes e a interpretación dunha peza musical

 

Ao remate os compañeiros deciden se merecen ou non borrarlles o punto. Despois de comer e escoitar decidimos...

 

 que....VÓS SI QUE VALEDES!!

O xurado acostuma a ser bastante bo , ainda que de cando en vez aparece un Risto polo medio.

Desta vez, como xurado tivemos tamén a participación do director e a mestra de música.

Algún quedou con ganas de máis!