Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012) A biblioteca proponnos unha actividade cooperativa: o libro viaxeiro.

Este xoves a coordinadora da biblioteca visitounos cunha proposta: como a semana anterior con motivo do día da Paz todos pintáramos nen@s de diferentes nacionalidades, para darlle continuidade, fixeron un libro

 

 

 onde os protagonistas son estes nen@s e debíamos adiviñar cal é o seu país, a partir dunhas pistas.

A profe leunos as pistas de varios deles e finalmente adiviñamos que uns nenos eran de Rusia e outros de China.

Ademáis de adiviñar o país, neste libro fannos outras propostas

Localizar  no mapa mundi  ónde se atopa.

Ísto puidemos averigualo buscando no mapa mundi en tamaño grande que hai na pranta de arriba xunto cos bonecos que representan a estes nenos.

-Outra actividade é descubrir as cores da súa bandeira e pintar a que ven no libro.

-Averiguar cousas curiosas, típicas, persoaxes que están relacionados con estes países e plasmalo gráficamente noutra folla.

Nós xa empezamos a reflexar o que averiguamos sobre Rusia

pois con axuda da profe buscamos en internet e nos enteramos dalgunhas cousas.

Pero para cubrir as páxinas de China todavía non temos información, aproveitamos para pedir dende aquí información, papás e mamás, abós, aboas, irmáns maiores, se tendes algún dato curioso sobre China que nos poidades contar, nós o anoratemos no noso libro viaxeiro...!