Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012)O que aconteceu estas últimas semanas: día da Paz, visita Observatorio.

Nestas últimas semanas aconteceron moitas cousas que queremos contarvos.

O pasado 30 de xaneiro celebramos, xunto con todos os nen@s do cole e cos profes o día da Paz, cun acto moi emotivo.

Os compañeir@s de 6º contáronnos unha bonita historia, "Sadako e as 1000 grullas" de maneira bilingüe. Primeiro lían un párrafo en inglés e a continuación o mesmo en galego.

A continuación amosáronnos esta historia a través dun video e como remate todos acabamos cantando a canción "Celebra la vida" de David Bustamante e Axel.

Tanto nos gustou que a pedíamos de novo cada vez que remataba.

Ademáis deste acto na aula complementamos esta celebración con distintas actividades (pero  recordando sempre que este día se ten que extender a todos os días dos anos, nos nosos actos e nas nosas intenciós).

-fixemos diálogos sobre o significado da paz, os amigos e como contribuir cada un a que haxa paz.

-fixemos un percorrido polo corredoiro para enterarnos de cousas importantes que teñen que ver con este tema, coñecimos a Gandhi e o por qué se celebra a Paz neste día.

-Colaboramos xunto co resto de compañeiros na elaboración dunha bola do mundo con nenos de moitas razas e culturas collidos das mans ó redor dela.

-Plasmamos gráficamente cales son os amigos que temos na escola e por qué, ademáis de debuxar a Gandhi.

-Fixemos un corazón imán.

 

Outro dos días fixemos por fin a saída tan esperada ao Observatorio astronómico de Forcarei.

O día anterior ademáis de recordar cómo era o observatorio, mirando no ordenador, fixemos cada un o seu mapa onde marcábamos o percorrido do día seguinte dende que saíamos da casa ata que chegábamos ao observatorio.

E por fin o día da saída:

Xa alí os monitores dividíronnos e dous grupos.

Na planta de arriba  estaba o telescopio, que se movía a través duns mandos e botóns para colocarse diante da porta da cúpula que tamén se abría.

 

 

A cúpula tamén xiraba, quedamos todos abraiados cando empezou a xirar e cando se abreu unha das portas dende a que o telescopio se sitúa para fotografiar coa súa cámara.

Na planta de abaixo Luisa explicounos algunhas cousas dos planetas, das estrelas,... a través de fotografías e videos curtos.

Así descubrimos algo novo que non sabíamos, que a "supernova" é unha estrela xigante que explosionou quedando pequeniña.

Fora do observatorio puidemos observar o sol por un telescopio máis pequeno, a través dun papel pois Luisa nos explicou o que nos podía pasar se mirábamos o sol directamente aínda que fose a través dun telescopio, como lle sucedera  a Galileo que quedara cego.

Xa para despedirnos fixémonos unha foto todos xuntos dentro do observatorio

Aquí se ve cómo era o observatorio por fora, tal como víramos previamente en internet.

E antes de voltar ao cole como tod@s tiñamos moita fame, merendamos nun parque de Forcarei

e xogamos un ratiño nos columpios, pero tivemos que voltar pronto para o cole pois facía moito frío.

Á volta da excursión e ao día seguinte reflexionamos sobre o que alí fixemos e vimos, falando do que máis nos gustou. Case todos coincidimos en que o que máis foi ver o gran telescopio e ver cómo xiraba a cúpula.

Ese día tamén fixemos un traballo por equipos: tiñamos que facer con plastilina cada un varias formas xeométricas (círculo, cadrado, triángulo) para logo xuntar todas as dos mesmo equipo  e conseguir formar algo relacionado co espacio.

ó final todos acabamos facendo naves espaciais

O fin non era tanto o resultado como que todos os compoñentes do equipo conseguíramos pararnos a pensar e poñernos dacordo sobre qué facer e cómo e ir colaborando todos, aportando todos ideas, traballando de maneira cooperativa.

Como xa esta prácticamente rematado o proxecto e todos temos moitas ganas de volver a investigar estes días estivemos a falar sobre qué nos gustaría investigar.

Estes foron os temas xuxeridos por todos nós:

-CASTELOS

-CABALEIROS

-PRINCESAS

-FADAS.

-DINOSAURIS.

-DRAGÓNS.

-HIPOPÓTAMOS.

-COCODRILOS.

Estivemos votando, elixindo cada neno un tema pero cada un non podía votar ao que él propuxo.

Os que recibiron máis votos foron:

CABALEIROS, DINOSAURIOS E FADAS.

Volveremos facer unha última votación e xa vos contaremos cal será o noso próximo proxecto de investigación!