Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012) O Samaín e o Halloween

A pasada semana foron días moi emocionantes nos que se celebrou o Samaín e o Halloween e nós na aula fixemos moitas cousiñas relacionadas co medo e con esta celebración.

Ademáis de contar contos e cantar cancións de monstros, cabazas, esqueletos,.... de bailar, de preparar unha canción para o día en que o celebramos todos xuntos, caracterizados de esqueletos,

  tamén falamos das cousas que nos dan medo, facendo unha tabla estadística onde íamos plasmando os medos de cada un

 e resulta que  as  tormentas  e as  avispas foron as que máis votos levaron.

Ademáis  xogamos a asutar e tamén a estar asustados, sacándonos fotos para pegar no noso libro do medo.

Estas foron as mellores expresións de "medo",

e éstas "asustando",

Tamén decoramos fotografías da nosa cara en grande dando moito medo, estábamos moi terroríficos!!!!

 

Trouxemos as nosas cabazas de casa decoradas e na clase tamén fixemos todo o proceso de vaciado e diseño dunha cabaza.

primeiro decidindo por ónde cortar a tapa,

 

nos quedou un pouco pequena, así que lle fixemos outra máis grande.

despois debuxándolle ollos, nariz e boca.

no encerado, algúns compañeiros nos daban algunha idea do diseño

e despois a vaciala! isto é o que máis nos gusta.

Cada un fixemos o diseño da nosa cabaza en papel, tentando que desen moito medo

                  

algunhas non o daban pero estaban moi simpáticas.

Tamén  creamos monstros a partir de follas das árbores

Ademáis a profe Rosana levounos á biblioteca para ver un conto moi chulo dos bolechas na pantalla dixital, que trataba sobre o medo.

Alí estaban os nenos e nenas de primeiro esperándonos para velo xuntos.

                          

E como remate desta semana tan intensa, celebrámolo todos xuntos pintándonos e disfrazándonos

e tamén no salón de actos, con bailes, cancións,....e coa entrega de premios e diplomas ás cabazas máis orixinais, terroríficas, divertidas.

En educación Infantil a Raúl Silva premiárono cun libro moi moi chulo que seguro compartirá con todos nos momentos de "lectura".