Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2010-2011) Así é o noso cole: Facemos un libro

Para ensinarlle o noso colexio ós novos compañeiros e compañeiras, decidimos facer un libro con fotos das partes máis importantes do mesmo, para logo poder levalo para casa.

O primeiro foi decidir a que lugares lle queriamos sacar fotografías, entre todos fixemos unha lista.

 

Escollimos tantos lugares como nenos e nenas somos na aula, para que cada quen puidese facer alomenos unha fotografía. Ó lado de cada un dos lugares escribimos o noso nome para lembrarnos e non repetir as fotos.

 

Fixemos fotografías a diferentes lugares do colexio.

 

Pegamo-las fotografías ata encher o libriño que estaba en branco.

 

Debaixo de cada foto escribimos o nome do lugar para que o puidesen ler na casa, se non sabían como se chamaba.

 

Pegámoslle tamén algúns dos nomes escritos co ordenador.

 

Tamén pegamos en cada lugar as fotos dos profes que estan alí, a profe de inglés, de música, a da aula do lado...

 

Non nos esquecimos de ningún.

 

E para rematar unha nota de recordo dos días que queremos traer froita o colexio

 

Cando estivo rematado, comprobamos que todo estaba no seu sitio e non faltaba nada.

 

Podes ver como quedou o libro de Marcos

aquí