Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2010-2011) Festa de Deporte na escola

Outro ano máis rematamos a nosa participación en Deporte na escola acudindo á Festa de entrega de medallas e copas aos distintos colexios participantes.

Este ano foi no pavillón de Cerdedo. Alí saimos o pasado venres todos os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º , máis dous nenos de 2º que xa participaron este ano no cross.

Despois de agardar un bo anaco comezaron a chamar aos distintos equipos que participaran. Primeiro aos benxamines, entregando medallas a cada neno e nena por participar tan ben nestas xornadas deportivas e logo entregando unha copa a todo o equipo.

 E logo aos alevines

 

Xa ao remate fíxose entrega das medallas de ouro, prata e bronce aos primeiros clasificados nas distintas carreiras de campo a través que se fixeran ao comezo do curso en Soutelo. Do noso colexio quedaron dous benxamines: un neno (Alex) e unha nena (Virginia )

De novo ....

 noraboa a todos e todas!

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.