Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2010-2011) Visitamos o Mercado de Pontevedra e unha exposición fotográfica

O día 9 de xuño, iamos visitar o Mercado de Pontevedra e unha exposición fotográfica sobre animais, que estabamos a investigar nese momento.

Para non esquecernos, e poder contar cantos días faltaban para que chegara o día, marcámolo no calendario da aula.

 

O día anterior á visita, falamos sobre o que pensabamos que iamos ver ó día seguinte. Debuxamos como pensabamos que era o mercado que iamos ver.

 

Sería parecido ós nosos debuxos?

 

Xa no mercado, ó día da excursión, puidemos ver moitísimos tipos de peixes e mariscos.

 

 

Descubrimos que no Mercado non só había peixe á venda, tamén se podía mercar carne.

 

No medio do mercado había moitísimas flores para vender, tiñan diferentes cores e a dependenta esinounos algunhas e contounos cal era o seu nome.

 

Nun cartel luminoso dicía que no "andar superior" había máis cousas para ver.

 

Así que decidimos subir e ver que había alí.

 

Desde o andar superior podía verse toda a parte baixa, na que estiveramos antes.

 

Aí vendían froitas e verduras.

 

Como xa era a hora de marchar cara a exposición fotográfica, o profe Óscar contounos que no camiño iamos atoparnos con tres estatuas (unha con galiñas, outra con chapeu e bastón e outra dun home tocando o violín), a ver quen as atopaba.

Atopámolas todas!

A da muller coas galiñas

 

A estatua do home con chapeu e bastón, que se chamaba Valle Inclán.

 

Tamén había unhas letras xigantes no chan.

 

E por fin atopamos a estatua do home tocando o violín, xa chegaramos ó lugar onde estaba a exposición fotográfica.

 

Na exposición había unha chea de fotografías de animais.

 

Aprendimos moitísimas cousas sobre os animais e como se fixeran as fotos.

 

Cando rematamos de visitar a exposición fotográfica, chegou a hora da merenda.

 

E cando estabamos alí, apareceu a profe Ángela co seu bebé que nacera fai uns meses, e por iso non voltaría o colexio ata o curso seguinte.

 

Cando rematamos de merendar xogamos un pouco nos columpios.

 

Para voltar de novo ó colexio.

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.