Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2010-2011) 2º trimestre en E.F.: 1º e 2º

Os nenos e nenas de 1º e 2º nas clases de Educación Física durante o segundo trimestre traballaron as sequintes unidades:

-Quen cae?: na que xogamos co equilibrio tanto estático ( sen desplazarse) a través de diferentes posturas, como dinámico (en movemento) con distintos obxectos e situacións

-Onde vas? : orientándonos no espacio (arriba-abaixo, dereita-esquerda, grande-pequeno, alrededor de, a través de,...), apreciando direccións, distancias, etc; todo elo en relación co noso corpo, en relación cos demais, en relación aos obxectos ou co espacio que nos rodea.

- - Que dis?:  para o traballo da expresión corporal; é dicir, as posibilidades de expresión e comunicación a través do noso corpo. Nelas incídese na creatividade, expontaneidade, o respeto as representacións dos demais, ser capaz de expresar co corpo sensacións, estados de ánimo, situacións, obxectos,... a través de diversas actividades e xogos.

-Malabares!: desenrolando a coordinación óculo-manual  facendo lanzamentos, recepcións, manipulando obxectos e tentando facer xogos malabares con distintos obxectos: balóns, globos, ... Para elo nesta unidade preparamos cada un as súas propias bolas malabares. Para elo empregamos 3 globos, unha botella de plástico, area e unhas tesoiras;  con elas e algo de esforzo ... conseguímolo!

 Eiquí estamos con elas:

Primeiro cada un escolleu tres globos aos que lles cortou a parte que sobresaía.

Logo enchíamos unha botella de area e na boca dela poñiamos un dos globos hinchados. Dámoslle a volta e agardamos ata que se encha.

Pechábamos ese globo cheo cun pouco de cinta e vestíamoslle os outros dos clobos que xa tiñamos cortados. ( Neste paso axudounos a mestra pois hai que facer bastante forza ) Ao final así quedaron:

E aquí xa estamos a facer exercicios e xogos con elas tanto no xardín coma dentro do pavillón.