Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2010-2011) Facemos e cantámo-lo maio

Este ano participamos na elaboración do Maio, que fixemos xuntos tódolos nenos e nenas do colexio.

Primeiro fixemos unha lista co material que necesitabamos para facer o maio, para escribila tivemos que investigar en fotografías e vídeos de maios.

Precisabamos todo isto:

 

Escribimos unha nota, con fotografías para levar para as nosas casas

E para que todos os do colexio suberan que material precisabamos, tamén fixemos fotocopias, unha para cada curso.

 

Fómoslla repartindo a tódolos mestres para que llo contaran ós seus alumnos.

 

Miramos o esqueleto que iamos empregar para facer o maio

 

Despois de levar a nota para casa, ós días seguintes fomos recollendo todo o material e clasificándo en bolsas: margaridas, fiuncho, laranxas...

 

Cada quen organizou o material que traía da casa na bolsa que lle correspondía.

 

Os compañeiros e compañeiras da outra aula tamén trouxeron o seu material, e organizárono nas nosas bolsas.

 

Cando rematamos, como estaba o chan cheo de lixo, tivemos que limpalo.

 

Como nos só tiñamos que encargarnos de facer colares de margaridas, fomos levándolle o outro material ás aulas que o ian empregar.

 

Para facer os colares de margaridas, un equipo tivo que quitarlle o talo ás flores.

 

Mentras que outros ian facendo un colar longuísimo, logo fomos cambiándonos todos de equipo, de xeito que todos colaboraran no colar.

 

Co colar rematado tivemos que poñelo no maio, que xa tiña varias partes que foran colocando as outras aulas.

 

 

Así quedou o maio co noso colar de margaridas colocado.

 

Cuns últimos retoques quedou así de chulo.

 

 

Finalmente  cantamos as nosas coplas do maio o día da celebración das letras galegas:

 

Estas eran as nosas coplas:

PARA FACER ESTE MAIO

EMPREGAMOS MOITAS FLORES

FIXEMOLO TODOS XUNTOS

USANDO BONITAS CORES

 

XA TEMOS COLUMPIOS NOVOS

NOS QUE PODEMOS XOGAR

TAMÉN TEMOS UNHA FONTE

NA QUE TE PODES DUCHAR

 

COMO NOS PORTAMOS BEN

E TRABALLAMOS A REO

QUEREMOS QUE NOS POÑADES

CATRO HORAS DE RECREO.