Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2010-2011) Visitamos as prazas de Pontevedra coa Xunqueira 1

Os nenos e nenas da nosa clase xunto cos de 6º estamos a facer un "intercambio cultural" co alumnado de 5º do colexio da Xunqueira 1 . Eles prepararon un traballo sobre as prazas da cidade e nós sobre o noso pobo e os seus petroglifos, para logo ensinarnos uns aos outros os nosos traballos.

O martes 12 de abril viaxamos ata o seu colexio para dende alí todos xuntos facer un percorrido guiado polos nenos e nenas polas prazas que nos querían ensinar, contándonos algo da súa historia.

 

Ao chegar ao seu colexio repartíronnos a todos un caderno de campo co cal poder seguir a visita e facer as nosas anotacións e tamén un mapiña co plano do percorrido que iamos a facer.

 

Dende a Xunqueira saimos andando cruzando o río Lérez para acheganos a zona vella da cidade onde comezamos visitando:

 -a Praza da Pedreira

-Praza de Méndez Núñez e estatua

  

-Praza do Teucro e os seus escudos

 

 

-Campiño e Basílica de Santa María

 

-Praza do Concello e Alameda

 

-Praza da Verdura

-Praza da Leña,( onde estaba a entrada ao Museo o cal iriamos o xoves 14 de abril)

 

-Praza da Ferrería , onde descansamos e tomamos algo sentados nas escaleiras de Facenda.

 

Dende alí voltamos ao seu colexio onde aproveitamos o ratiño que nos quedaba para ver un traballo que fixeran o curso anterior sobre a historia da cidade  que teñen exposto no segundo piso.

   

 

Agora eles virán o martes 3 de maio ata o noso colexio onde lle contaremos todo o que levamos preparado e faremos un percorrido por algúns dos petroglifos e lugares máis fermosos e importantes do noso concello.

Ata entón!