Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2010-2011) Participación en Deporte Escolar: Ponte Caldelas

 

 O venres 24 de febreiro participamos no noso primeiro encontro de Deporte Escolar deste ano.

Enfrentámonos cos nenos e nenas do colexio de Ponte Caldelas que viñeron ao noso centro para xogar aos distintos deportes acordados.

Desta vez foron: Baloncesto, Balonmán e Fútbol. Decidiuse non facer os partidos de Bádminton e Xadrez por falta de tempo.

Comezamos ás 10 da mañán e rematamos xustiño á 1.

 Algúns dos momentos do encontro foron estes:

Os banquillos dos dous colexios agardaban o comezo  

 

Comezaron xogando os nenos e nenas de 3º e 4º ao baloncesto. Fixérono moi ben e ademais gañaron con canastas de Ismael Esc., Fátima, Alex, Borja e Ismael.

Seguiron xogando ao baloncesto os de 5º e 6º. Esta vez só con canastas de Miriam e Pablo.

          (Fixádevos nas novas camisetas, quedaron chulas non?)

Logo viñeron os partidos de Balonmán. Primeiro os de 3º e 4º, que recibimos unha pequena goleada e logo 5º e 6º os que nos aconteceu o mesmo. Intentámolo case todos nós , pero nada! Non entraba un! Enoxado

 

               O noso cero non se moveu, pero o deles...!Avergoñado

   

 E por último xogamos os partidos de fútbol. Ningún dos dous cursos conseguimos marcar. Pero eles de novo sí!

Quizais para a próxima tócanos a nós rematar tan contentos como se foron os nenos de Ponte Caldelas

 

    Pasar, pasámolo ben e facendo deporte cos demais.

                        Iso é co que nos temos que quedar!

                                   Noraboa a todos !Aceno