Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2010-2011) Visita ao Salón do Libro Infantil

Despois de todo o traballo feito en torno á mentira e ao "emperador" do conto, que xa víchedes noutras páxinas, o remate final era poder ir ao propio salón, onde estarían os nosos traballos e os de outros nenos e nenas, e o reflexo que da mentira nos daban.

 

Chegou o día e despois de falar, coma sempre que salimos, dalgunhas normas básicas de seguridade no autobús, na rúa, no propio salón, para alá marchamos no autobús.

Ao chegar como tiñamos aínda tempo, fixemos a merenda, alí mesmo nunha explanada na entrada do Pazo da Cultura

Tamén aproveitamos para facer unha visita rápida dentro do Pazo, no Auditorio, o lugar onde se representan obras de teatro, concertos,...

Xusto estaban preparando unha actuación de teatro, montando o escenario, as luces,..así que pasamos moi caladiños para non molestar, e ao sair, fumos dar a uns pasillos largos onde había unhas enormes fiestras

dende onde podíamos ver parte da cidade de Pontevedra, a ponte das tirantes, o río,...

Xa na entrada ao propio Salón, nos estaba esperando para recibirnos, o lobo Orbil, do que tanto faláramos na clase, pois nos acordábamos del do ano pasado.

cántos bicos e abrazos lle dimos algúns, aínda que tamén houbo algún que outro que se asustou un pouco e lle daba medo, co boíño que é!!

No Salón estaban expostos todos os traballos dos nenos e nenas dos colexios que participaron, e alí estaba o noso. Tamén puidemos ver ao ladiño, unha casiña de chocolate, con caramelos, galletas, gominolas, e con contos pegados nas paredes... sería de verdade ou de mentira?

Adicamos un ratiño a ver contos e traballos de outros nenos e tamén algunhas salas que había  con moitas cousas interesantes,

Aquí nos contou Queliña dous contos moi moi chulos e nela había moitos espellos e te podías ver reflexado moitas veces

Tamén estivemos na sala das escaleiras, que non sabías se subían ou baixaban...

Noutra había unhas fiestras que abrías e aparecía unha paisaxe, que parecía unha cousa pero era realmente outra diferente

ou a sala onde estaba moitísimas persoaxes de debuxos animados que todos coñecemos

Tamén vimos un pinocho enorme cun nariz moi longo, un medidor de mentiras, para descubrir o mentireiro que eras

Despòis deste completo recorrido aínda tivemos tempo para adicalo á lectura de contos nunha zona de biblioteca, onde nos volveu a visitar Orbil!

E aquí rematou a visita, pero o Salón do Libro vai estar aberto moitos días máis, con obras de teatro, contacontos, obradoiros, así que sempre podemos voltar cos nosos pais e nais.

 

Xa na escola, ao día seguinte, recordamos todo o vivido e o reflexamos nun libriño.

Tiñamos que secuenciar  varias fotografías que reflexaban todo o feito, dende a saída do colexio, ata o contacontos, as salas,.... aproveitamos que tiñamos informática para ver as fotos da visita na pantalla dixital e así refrescar a memoria e comentalas entre todos.

Así podíamos amosar todo o vivido alí as nosas familias e ademáis o poderemos ver sempre que queiramos pois é a riqueza que posúen os libros, que perduran para sempre.