Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2010-2011) Visitamos o Salón do libro 2011

Chegou o día, como xa tiñamos marcado no calendario era o día 8 e hoxe iriamos visitar o Salón do Libro en Pontevedra.

JAVIER que era o encargado tachou o día no calendario.

 

Na viaxe en autobús, levamos o mapa que fixeramos o día anterior, e logramos atopar tódolos sitios que saían nas fotos... así tamén sabiamos se faltaba moito ou pouco para chegar. (ver elaboración do mapa aquí

 

Como chegamos cedo, merendamos na entrada do Pazo da Cultura de Pontevedra. 

 

Alí atopamos un cartel enorme do Salón do libro, igual o que tiñamos na clase.

 

Antes de entrar deixaronnos mirar un "teatro" enorme.

 

E tamén miramos polas ventás o río e a ponte que estaba preto do Pazo da Cultura.

 

Xa a piques de entrar veunos saudar o lobo ORBIL, que algúns xa coñeciamos do ano pasado.

 

E en canto entramos atopamos o noso traballo "O traxe do emperador" que estaba na exposición. (Preparamos o traballo para o salón do libro aquí e podes ler a nosa versión rimada do "traxe do emperador" aquí)

 

Logo entramos nunha sala chea de espellos, onde nos agardaba QUELIÑA para contarnos unha chea de contos.

A que non sabes onde estaban agochados os ratos entre tanto libro.

 

 

No conto do Dinosaurio necesitou a axuda do profe ÓSCAR que fixo de hipopótamo.

 

E da profe MERCE, que nos ensinou como poñer a boca con forma de triángulo.

 

Tamén nos contou o conto da tartaruga que quería ter aventuras.

 

Cando remataron os contos, e tras despedirnos de Queliña, miramos o MEDIDOR DE MENTIRAS, que era un narizón de Pinocchio xigantesco.

 

E debaixo un máis pequeniño para os ratiños.

 

Había tamén unhas PORTAS MENTIREIRAS, xa que só unha delas era unha entrada de verdade, nas outras había trampas.

 

Gustounos moito a sala das "escaleiras que subían e baixaban", non había quen se aclarase con tanta lea de escaleiras.

Tamén miramos os traballos da exposición, alí xunto o noso Emperador, estaban os traballos de outros coles, como esta casiña de chcolate, que non se podía comer porque era de mentiras.

 

Había tamén unha sala chea de personaxes de comic, ata atopamos a "Bob Esponxa".

 

Noutra sala había unha chea de ventanas "tramponas", xa que parecían unha cousa pero eran outra.

 

E antes de marchar, tivemos un tempo para ler e mirar moitísimos libros. E ORBIL veu a despedirse de nós ata o ano que ven.

 

Cando estabamos saíndo para subir ó autobús, atopamos este cartel, porque a viaxe chegara ó seu ...

 

Lembrade que a exposición, con tódalas salas e traballos está aberta para as visitas nos horarios que podedes atopar aquí.