Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2010-2011) Investigamos sobre as SETAS (Proxecto de traballo)

Lembrades que fixeramos unha seta xigante polo outono?, cando a estabamos a facer  xurdiron varias preguntas sobre as setas, ademáis alguén escoitara na tele que un home estaba no hospital por comer unha seta.

 

Decidimos comezar unha investigación a ver se descubríamos cousas sobre as setas. 

O primeiro foi dicir que cousas sabiamos das setas, en moitas delas tivemos que discutir e poñernos de acordo e noutras as ideas estaban enfrontadas. O mellor era investigar para saber quen tiña razón.

 

Como eran moitas cousas, pensamos que o mellor era decidir unhas poucas preguntas para investigar, aquelas que nos parecían máis importantes. O final quedámonos con estas:

 

Coas nosas preguntas xa preparadas chegou o momento de pensar ¿onde podiamos buscar as respostas?. Xurdiron moitas ideas, pero finalmente decidímonos por estas "fontes de información".

 

Ademáis escribimos unha nota para as nosas casas, pedindo ós nosos pais e nais se tiñan información sobre as setas, e no la podían deixar.

Preparamos o noso recanto de investigar, como vedes aínda non tiña ningunha información, agás a noticia do home hospitalizado por comer setas que atopamos tamén nun xornal. A medida que fora chegando a información poderiamola ir poñendo no recanto, e consultala cando quixeramos.

 

Nuns días xa tiñamos unha cheda de cousas: fotos, libros, debuxos...

 

Eran todos moi interesantes, e cando alguén traía una nova "información", contáballe ós demáis como a conseguira.

 

 

Tamén xuntamos unha chea de libros sobre as setas.

 

INVESTIGAMOS:

Como tiñamos catro preguntas, tivemos que pensar por cal empezar primeiro e como facer para atopar as respostas a cada pregunta.

Despois de falar un anaco sobre o tema, alguén lembrou que cando investigaramos  "os paxaros" o curso pasado, nos orgainzaramos por grupos e atopamos tódalas respostas.

Así pois decidimos organizarnos en grupos e puxémonos mans á obra:

 

De que cores son?

Un grupo investigou de que cores podían ser as setas, algúns buscaron en fotografías:

 

Outros nos libros que xuntaramos:

 

E outro equipo buscou a palabra SETAS, no ordenador, e apareceron moitísimas fotos con setas de moitas cores:

 

Cada grupo tiña unha folla con setas debuxadas, que podía ir pintando das cores que fora descubrindo, ó final xuntaríamos as cores descubertas por cada equipo.

 

Cando todos remataron de buscar, recortámo-las setas que pintaramos das cores "descubertas" e fómolas pegando no noso mural:

E debaixo de cada cor, unha fotografía da seta que descubriramos con esas cores.

 

Escribímoslle o nome enriba de cada cor, para que ninguén se confundise.

 

Todas estas foron as cores, e os tipos de seas qeu descubrimos... Eran unha chea delas!, atopamos 11 cores distintos de setas.

 

Como nos divertiu tanto buscar as cores das setas, e había tantas e tan diferentes todas, pensamos que sería interesante facer unha seta de plastilina para levar para casa.

Anotamos nunha folla o noso nombre debaixo da seta que queriamos facer, segundo a cor que máis nos gustase.

 

Así todo o mundo sabería que seta estaba a facer e de que cor tiña que ser.

 

Despois de moito practicar por fin demos feito as nosas setas.

 

Pintámolas con Alkil para que endureceran e non romperan.

 

Deixámolas a secar, e ó día seguinte levámolas para as nosas casas.

 

 

Cales se poden comer?

Un día Martín trouxo da súa casa unha chea de setas, foi moi divertido tentar adiviñar como se chamaban buscándoas nos libros que tiñamos.

Ademáis comprobamos que eran das cores que xa descubriramos.

 

Pero seguiamos sen saber, cales delas se poderían comer ou non, polo que acordamos non tocalas e lavar ben as máns o o faciamos "sen darnos conta".

 

Para descubrilo fixemos un equipo que se encargou de buscar nos libros como "saber cales se comen ou non", e descubriron que había uns debuxos cuns garfos que ás veces estaban tachados.

Seguro que os tachados significaban as que non se podían comer.

 

Como o resto dos compañeiros estaba a investigar onde nacían as setas (que era outra pregunta) puxémolo no mural para contarllo cando remataramos.

 

Para que ninguén se confundise, enriba dos garfos escribimos que siginificaban (SÍ se poden comer, ou NON se poden comer)

 

Pegamos algunhas setas e debuxamos outras das que atopamos nos libros, e acordamos que o mellor sería sempre mirar no libro para saber se unha seta se podía comer ou non, porque ademáis algunhas estaban "repetidas" e eran moi parecidas.

 

Onde nacen?

Mentras un equipo estaba a investigar cales se comían ou non, outros adicáronse a buscar no ordenador onde poden nacer as setas, que era outra das preguntas que tiñamos que respostar.

Escribindo "SETAS" apareceron unha chea delas, agora so faltaba ir observándoas con coidado e descubrir onde nacera, Anxo encargouse de ir anotando os sitios que ia descubrindo o grupo.

 

Descubrimos que podían nacer na auga, nas árbores, na selva, no monte, nas piñas e ata na praia (e iso que todos pensabamos que non podían nacer alí)

Así o puxemos no noso mural, cunha foto e o nome do sitio onde nacera a seta. 

 

Cando nacen?

Tan só nos quedaba unha pregunta por respostar, esta iamola investigar todos xuntos. 

Menos mal que o profe atopou algúns vídeos onde dicían cousas das setas, tivemos que estar moi atentos para escoitar que nacían cando chove, e caen as follas (así que acordamos que tiña que ser no outono) e tamén na primavera.

Seguro que tiñan razón, porque Martín trouxera as súas setas xusto cando no patio caeran as follas.

Ademáis tamén descubrimos como era a seta máis grande do mundo, parecía un balón de fútbol do grande que era.

 

Entre todos anotamos no noso mural o que tiña que suceder para que naceran setas, cada un dos equipos se encargou de debuxar e escribir ben a choiva, o outono ou a primavera.

 

Así quedou o mural:

En cada unha das preguntas fómoslle escribindo "SI" a medida que iamos investigándoas e atopando a resposta.

E así quedou o noso mural da investigación rematado, que puxemos no corredor para contarlle a todos e todas os nosos descubrimentos.

 

Facémo-lo noso libro das setas:

Agora que xa atoparamos a resposta ás nosas preguntas, pensamos que deberiamos contalo na casa, pero claro non podiamos levar o mural.

Decidimos facer un "libro das setas" onde contariamos todo o que descubrimos na nosa investigación.

Fixemos unha folla coas cores que descubriramos:

 

Sempre podiamos consultar o mural cando tiñamos algunha dúbida.

 

Noutra folla debuxamos e escribimos, onde e cando nacen as setas.

 

Fixemos unha folla coas que se poden ou non comer, e sempre podiamos voltar a consultar nos libros, porque agora xa sabiamos distinguilas.

 

Queres ver o noso libro das setas?, este é un exemplo de como quedou.

 

Coñecementos previos, plantexamento de preguntas (e hipóteses previas)

 

Fontes de información:

 

Resultado da investigación (asimilación do aprendido e reorganización dos esquemas cognitivos previos como resultado da nova información e do proceso de aprendizaxe por descubrimento. )

De que cor poden ser?

 

Cales se poden ou non comer?

 

Onde nacen as setas?

 

Cando nacen as setas?

 

Podedes ver o noso mural coa investigación no corredor do colexio.