Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2010-2011) Traballamos e celebrámo-lo Magosto

Cando comezamos o mes de novembro marcamos no calendario o día tería lugar a festa do Magosto no colexio, sería o día 16. Deste xeito cada día o encargado podería ir contando cantos días faltaban para que chegase o día da festa.

 

Fixemos uns cestos para meter as castañas asadas, para elo empregamos unha plantilla que fomos repasando en  cartolinas.

 

Logo decorámolos con gomets e con debuxos de castañas.

 

E puxémolles o noso nome e o nome da festa: MAGOSTO.

 

Para coñecer como era a festa do Magosto, o profe esinounos o conto do Bolechas pero proxectado na parede... era un conto xigante.

 

Como nos gustou moito, quixemos facer un pequeno resumo do conto para levar para casa. Cunhas fotocopias do debuxo dos contos montamos o noso libro.

 

Había que recortalas e pegalas na orde correcta, a mesma que aparecía no conto.

 

Cos nosos pequenos libros xa rematados, comparámolos co libro de verdade e descubrimos que ós nosos lle faltaban as "letras" onde contaban a historia.

 

Así que entre todos escribimos no encerado o texto de cada unha das páxinas.

Que logo escribimos en cada unha das páxinas do noso conto, pero había que ter coidado de non equivocarse de páxina.

 

Poucos días antes do día que tiñamos marcado no calendario, levamos para casa unha nota para lembrarnos de traer castañas.

Como dicía no conto do Bolechas, o primeiro era cortalles un cacho para que non "estoupen", así que nos tivemos que separar as que viñan cortadas das que estaban enteiras.

 

Entre todos démolas organizadas en pouco tempo.

 

Algunhas estaban complicadas de descubrir, porque tiñan un corte moi pequeniño.

 

Estas foron tódalas castañas que xuntamos entre a nosa clase e os compañeiros e compañeiras da do lado.

 

 

CHEGOU DO DÍA DA FESTA DO MAGOSTO.

Por fin chegou o día da festa, o encargado tachouno no calendario e contóunolo ós demais.

 

Pouco despois, viñeron a buscar as nosas castañas nun cesto enorme, que tivemos que encher entre todos e todas.

Iban a levalas á asar, tal como poñía no conto dos Bolechas, menos mal que estaban todas cortadas e listas.

 

Mentras esperabamos a que se asasen, e antes de ir a participar nos xogos que había no pavillón, ordenámos a aula para poder logro facer a festa, xa que tamén ían vir os compañeiros e compañeiras da escola de Cerdeiras.

 

Chegou o momento de participar, xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o centro nos Xogos do Magosto.

Cada clase tiña que ir pasando por cada un dos 8 xogos que había, e se se superaba gañabamos una medalla con forma de castaña, que nos daba o responsable do xogo, un compañeiro ou compañeira de sexto, que tamén nos ía explicando cada xogo.

O primeiro que nos tocou foi o xogo dos PUZZLES, que eran do conto dos Bolechas que xa vos comentamos.

 

Logo pasamos ó xogo de BUSCAR CASTAÑAS NA AREA.

 

Algunhas estaban moi escondidas.

 

Máis tarde participamos no xogo de RECOLLEITAR, había que coller as castañas que estaban nos castiñeiros e levalas á carretilla. Entre todos deixamos os castiñeiros sen ningunha castaña.

 

Cada quen tiña que esperar a que chegaran os dou "recolleitadores" para poder saír.

 

Despois de recolleitar "démoslle de COMER o xabarín e o coello", encestando as castañas nas súas bocas. Non era nada doado de facer.

 

Tamén fixemos de REPARTIDORES DE CASTAÑAS, recorrendo un circuito montados nunhas motos de xoguete, levando as castañas ata o seu sitio.

 

ENCESTAR CASTAÑAS, para poder cociñalas tampouco foi moi doado, pero entre todos démolo feito.

 

Ó final fomos quen de encestar unha chea delas.

 

Na CARREIRA DE CASTAÑAS, o complicado era que a nosa castaña chegase ó final do recorrido sen que saise do camiño.

Ó final conseguimos tódalas medallas de castaña.

 

Cando rematamos os xogos, as castañas xa estaban asadas e fomos enchendo os nosos cestos con elas, para poder comelas.

 

Alí estaban tamén, ademais dos compañeiros e compañeiras da clase do lado, os da escola de Cerdeiras, e entre eles estaba ASHLEY que estivo na nosa clase ata fai unhas semanas e que agora está no outro cole.

Pásamolo moi ben.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.