Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

O MEU LIBRO FAVORITO

Ola nenos e nenas do colexio de Campo Lameiro.

Estou moi contenta pois estades visitando moito a biblioteca e felicítovos porque a deixades moi recollida e tratades os libros con moito agarimo.

O mes de abril é o MES DO LIBRO e por este motivo propóñovos unha actividade na cal xa estades participando,titúlase: "O MEU LIBRO FAVORITO".

Tendes que escoller dos vosos libros o que vos gusta máis,poñédeslle o voso nome e apelidos e dádesllo ó voso titor ou titora.Os libros expoñeranse na biblioteca durante o mes de abril, nun lugar onde poderedes ver os libros que máis lles gustan ós vosos compañeiros e compañeiras.

Animádevos,teño ganas de ler os vosos libros favoritos

Unha aperta moi forte.

                                        Dora Lectora